Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

Volver

ActividadesExposicións e espazos expositivos

[04 Xuño 2017]

ARSÉNICO POR COMPASIÓN, TEATRO

Auditorio de Ourense

Lucía, é unha actriz galega, está a piques de casar co seu mozo Alberte. Cando vai anunciar o casamento ás súas tías Adelaida e Úrsula, descobre que agochan un terrible segredo: o emprego do arsénico como medio para "axudar" a pasar a mellor vida a todos aqueles velliños que consideran que están a sufrir de máis nesta vida. Con esta premisa, Teatro Muxicas presenta un divertido e sorprendente vodevil cheo de acción, de confusión e humor negro e que achega o xa clásico texto de Kesselring á realidade galega.



Auditorio Municipal 

19.30h

+14 anos

Gratuíto ata completar aforo





[04 Xuño 2017]

PUM, PUM!

Auditorio de Ourense


"Pum, pum!" é un espectáculo tenro para nenos/as a partir de 5 anos  que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos/as destas idades pero tamén fala  dunha mensaxe moi clara, dende moi pequenos/as  teñen que saber que ninguén pode obrigarlles a facer cousas que non queren.  


Marieta é unha nena coma calquera nena de 5 anos, ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias, historias que teñen música e cantan cando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada, por iso Marieta sempre se enfada. 



Auditorio Municipal

12h

+ 5 anos

Gratuíto

[04 Maio 2017 ] - [12 Xuño 2017]

Auditorio de Ourense

O día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, forman parte da experiencia diaria de nenos e nenas. Merece a pena compartir con eles a marabilla do Universo. Aínda que a humanidade é quen de chegar á lúa ou preparar viaxes a Marte, esquecémonos do noso entorno espacial, perdendo a capacidade de observación e contemplación. Pasamos o día pendentes dos reloxos, móbiles, ordenadores e televisores.Que poidan sucederse o día e a noite é algo marabilloso, como o movemento aparente do sol e as estrelas, a sucesión das estacións ou a contemplación da lúa.

Do 4 de maio ata 12 de xuño.

Centros escolares: 9h a 14h

Público en xeral: martes e xoves de tarde

Contacontos sábados pola mañá

 +info

[08 Maio 2017 ] - [16 Xuño 2017]

Auditorio de Ourense

A exposición conmemora as Letras Galegas ilustrando tres contos dolibro Vento ferido escrito por Casares.

Cada alumno escolleu un momento do relato e elaborou un gravado coa técnica da linografía, facendo a matriz e a edición no taller da aula de plástica.

O  seguinte  texto  foi  no  que  se  inspirou  o  autor  da  imaxe  que  anuncia  a exposición: Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como me mira el, e collín o vimbio. “Veña”. Díxenlle que non.

“Mira Rafael, que che tocou en sortes”. Díxenlle que non. “Mira, Rafael, que non me enchas”. “Mira Rafael...” Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai..







Concellería de Cultura
Concello de Ourense
2017

 

Rúa da Canle, 1
       32005 Ourense

 

   988 391 290

Contacto

 

Accesibilidade

 

Permisos

Cultura nas redes:

 

  Facebook

 

  Twitter

 

  Youtube

Diseñado y programado por ACV Galaica