CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • EdC
  • Auditorio
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [05 Outubro 2018]

    CANTACONTOS DE PABLO DÍAZ

    Auditorio de Ourense

    Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor,tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo,botará man de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e algúns dos seus temas máis populares.Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión serán as protagonistas, e na que grandes e miúdos axudarán a cantar e a entoar as melodías e retrousos.

    Música para bebés ata 3 anos

    Sala Apego

    Dúas funcións, ás 18.00 e ás 19.00h

    Duración 45 m

    Entradas: anticipada: 3€ e na billeteira: 4€.Gratuíto para bebés

    [05 Outubro 2018]

    EN CONSTRUCIÓN DE DAVAI (ISRAEL)

    Auditorio de Ourense

    FITO (Mostra internacional de teatro de Ourense)

    Tres homes espertan nun cuarto ateigado e desaquelado. A mañá comeza coa cerimonia de té: unha chave máxica para un novo día. No camiño cara ao obxectivo desexado, os protagonistas loitan contra as roturas de auga e electricidade, os mosquitos, as cascudas e os extraterrestres, os trastornos ameazantes do mundo exterior, os danos da tecnoloxía e as súas propias debilidades. Parece que esta batalla é perdida por adiantado, pero a súa obstinación non coñece límites.EN CONSTRUCIÓN leva ao espectador a un universo poético e imaxinativo cheo de humor absurdo. E a través do pallaso grotesco o virtuosismo do movemento e a risa, xorde unha visión filosófica do mundo e do ser humano.

    Entradas 8€ /Persoas desempregadas,xubiladas e estudantes: 5€

    Consultar aquí toda a programación

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica