• Maios 2017
  • Miteu
  • Premio poesía cidade de Ourense
  • Programación Infantil Auditorio Municipal
  • Apego
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [06 Abril 2017]

    FOUCELLAS- TALÍA TEATRO

    Auditorio de Ourense

    Foucellas. Da historia ao mito. Do mito á ficción teatral.

    Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un home do monte, un deses que a xente denominaba xenericamente un “foucellas”. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Nunha situación desesperada, cun compañeiro como único resto do que outrora fora a súa partida, acomete a súa derradeira acción: o atraco, con secuestro incluído, dun labrador acomodado, antigo militante agrarista, e da súa muller. Unha ficción que especula sobre un momento histórico, pero tamén un motivo metafórico para reflexionarmos sobre un transo co que, en maior ou menor medida, nos enfrontamos decote nas nosas vidas: a administración da derrota.

    Elenco

    Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez, Dani Trillo

    TEATRO

    Hora 20,30h    

    Lugar Sala Principal

    Público    + 18 anos

    Duración 80m

    Prezo Anticipada: 5€   Billeteira:6€     

    Entradas www.ataquilla.com ,na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función ou na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4)

    [29 Outubro 2015 ] - [31 Xaneiro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [30 Decembro 2016 ] - [28 Febreiro 2018]

    Centro Expositivo Arturo Baltar


    Máis dun cento de figuras de barro cocido configuran o curioso Belén de Baltar. É quizais un dos máis fermosos de Galicia, tanto pola súa composición como a temática: unha fotografía do Ourense doutro tempo. 



    Máis información.


    [10 Marzo 2017 ] - [09 Abril 2017]

    Auditorio de Ourense

    ENE A. NATUREZA ASIMÉTRICA - Patricia Fernández Paz



    Exposición que amosa arquitecturas descarnadas, apocalípticas, luces e sombras dunha realidade posmoderna, deshumanizada, chea de incerteza. O Pazo de Tor ofrece un marco incomparable, anacrónico, onde o tempo se detivo nun eterno  letargo que borrou os límites entre a vida e a memoria. As arquitecturas asimétricas desta mostra conseguen abrir aquí un novo portal visual no espazo – tempo da súa historia.

    Enlace ao catálogo.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica