CONTACTO

  • Maios
  • miteu
  • Premio poesia
  • Auditorio
  • Youtubeiras
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [06 Abril 2018]

    TILINTILONIA - O BAÚL DA TÍA TOLA

    Auditorio de Ourense


    Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por Tilín e Tilón, cada unha co seu son. Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o aire e a auga se converten en elementos de xogo. Visualmente entramos nun mundo de sensación grazas ás teas, e ao que estas suxiren; son teas que voan e forman parte do vento, ondulan como a auga, queiman coma o lume e acubíllannos coma a terra.

    Pases ás 18h e 19h.


    Ata 3 anos.



    Duración: 40m 


    Entradas: Anticipada: 3€  Billeteira: 4€


     


    [06 Abril 2018]

    ENCONTRO DAS ORQUESTRAS SINFÓNICAS E COROS DOS CONSERVATORIOS SUPERIORES DE MÚSICA DE GALICIA

    Auditorio de Ourense


    O programa consiste na interpretación íntegra de Carmina Burana. Cantata escénica para orquestra, coro e solistas,de Carl Orff, un compositor xermano recoñecido universalmente pola adaptación destes cantos escritos por monxes e xograres ao longo dos séculos 12 e 13, reunidos nun manuscrito descuberto case 700 anos despois. 


    Esta montaxe inclúe tamén pequenos intérpretes, de entre 5 e 7 anos de idade, do coro Mini Gaos, e conta coa actuación do Coro de nenos do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, dirixido por Cristina Rodríguez, e do que tamén participa o barítono Borja Quiza.

    20.30h

    Todos os públicos

    De balde con convite que se poderá recoller na taquilla do Auditorio Municipal desde ás 18.30h.

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica