CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [20 Abril 2017] - [06 Maio 2017]

    MITEU 2017

    Auditorio de Ourense

    Toda a programación na páxina www.miteu.es

    [06 Maio 2017]

    OSKARA, KUKAI DANZA

    Auditorio de Ourense

    Oskara é un traballo instalativo que percorre algunhas paisaxes da cultura vasca. Supón o encontro entre Kukai Dantza e Marcos Morau/La Veronal. É a unión entre dous universos coreográficos e dúas olladas cara á danza que navegan entre a raíz máis popular e a expresión máis vangardista. Debuxa un percorrido plástico e emocional de símbolos e iconografía de forza ambigua e desconcertante que, da maneira máis absoluta, contén a historia da experiencia humana.

    Elenco

    Jonathan López, Eneko Gil, Ibon Huarte, Martxel Rodríguez, Urko Mitxelena

    Cantante: Thierry Biscary

    Director: Jon Maya Sein

    Idea e dirección de escena: Marcos Morau Koreografia

    DANZA

    Ás 23h    

    Sala Principal

    + 16 anos

    Duración 60m

    Prezo 5€

    Entradas en www.ataquilla.com,na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función ou na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4)



    Un adianto aquí

    [04 Maio 2017 ] - [12 Xuño 2017]

    Auditorio de Ourense

    O día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, forman parte da experiencia diaria de nenos e nenas. Merece a pena compartir con eles a marabilla do Universo. Aínda que a humanidade é quen de chegar á lúa ou preparar viaxes a Marte, esquecémonos do noso entorno espacial, perdendo a capacidade de observación e contemplación. Pasamos o día pendentes dos reloxos, móbiles, ordenadores e televisores.Que poidan sucederse o día e a noite é algo marabilloso, como o movemento aparente do sol e as estrelas, a sucesión das estacións ou a contemplación da lúa.

    Do 4 de maio ata 12 de xuño.

    Centros escolares: 9h a 14h

    Público en xeral: martes e xoves de tarde

    Contacontos sábados pola mañá

     +info

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica