- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[13 Marzo 2020] - [12 Maio 2020]
INFORMACIÓN SOBRE APRAZAMENTOS E CANCELACIÓNS DE ACTIVIDADES
Auditorio de Ourense
Información da cancelación das actividades da Concellería de Cultura
Ante a evolución do coronavirus COVID-19, definido como pandemia global pola Organización Mundial da Saúde, e seguindo as directrices marcadas pola Xunta de Galicia e demais autoridades sanitarias, o Concello de Ourense implementa un primeiro paquete de medidas preventivas en materia de saúde pública destinadas a afrontar a expansión do virus entre a poboación, entre as que están a cancelación de todas as actividades lúdicas, culturais -no Auditorio, na Sala Valente e no Museo Municipal-.
Información sobre aprazamentos e cancelacións de actividades no Auditorio Municipal
Debido ás recentes medidas especiais de contención do coronavirus, hai espectáculos cancelados, e outros nos que a organización viuse obrigada ao seu aprazamento.
As entradas xa adquiridas serán igualmente válidas para acceder na nova data sen necesidade de efectuar ningún cambio.
Quen prefira solicitar a devolución das súas entradas, poderán facelo escribindo a ataquilla@afundacion.org indicando a dirección de correo electrónico coa que se efectuou a compra e procederan ao reembolso.
ataquilla.com
Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.