- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[07 Marzo 2020]
REMEMBER QUEEN - TOUR 2020
Auditorio de Ourense
Comeza unha nova tempada do espectáculo Remember Queen, o espectáculo homenaxe a QUEEN que triunfa desde o ano 2005 nos mellores escenarios de toda Europa. Tras estar presente un mes na GRAN VIA de Madrid estivo presente cun éxito rotundo en máis de 70 cidades durante o ano 2019.
Os artistas en Remember Queen coidan o máis mínimo detalle do espectáculo orixinal cunha posta en escena similar á que estes utilizaban na Xira do 86, sendo a última Xira de QUEEN con “ Freddie Mercury” en escena. A formación orixinal que apaixono nos escenarios de todo o mundo.
Queen era excepcional porque os seus músicos eran excepcionais , como a súa batería Roger Taylor, recoñecido e destacado músico da historia do rock, que ademais foi compositor de gran parte dos éxitos como "Radio Ga Ga", "A Kind of Magic". O batería de Remember Queen Roberto D´ Amicis interpreta como ninguén outros éxitos de Queen como "I' m In Love With My Car".
Todos os grandes como “ We are the Champions” ou “ Bohemian Rapsody” nun espectáculo de éxito internacional visto por máis de cincocentas mil persoas protagonizado polo mellor dobre do mundo de Freddie Mercury, Piero Venery que desde Italia ofrécenos unha impecable caracterización do artista, xunto aos seus
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.