- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[07 Abril 2017]
FÍOS DO QUERER- CÉ ORQUESTRA PANTASMA
Auditorio de Ourense
Os meniños e meniñas, gozarán de cantigas de primeiras palabras, para abanear, para dar bicos, facer palmiñas, xirar, brincar... O espectáculo está dividido en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros naturais logrando, entre miúdos e grandes, armar unha pequena orquestra.
Elenco
César Freiría Prado: Cé orquestra pantasma
TEATRO PARA BEBÉS
Hora 18h, 19h
Lugar Sala Apego (aforo reducido)
Público ata 5 anos
Duración 40m
Prezo gratuíto para bebés Anticipada: 3€ Billeteira:4€, BONO Á CARTA
Entradas www.ataquilla.com ,na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función ou na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4)
[07 Abril 2017]
AMIGOS ATA A MORTE- ETIQUETA NEGRA
Auditorio de Ourense
Comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que queremos para as nosas vidas pero que, como é ben sabido, se se mesturan moitas veces explotan… Nacho, Anxo e María. Dous homes, unha muller… e claro, polo menos un par de historias de amor. Eles son tres amigos dos de toda a vida, tres amigos inseparables, ou ao mellor non. Un xiro inesperado deixará patas arriba a vida dos protagonistas, que terán que ver doutro xeito a amizade.
Elenco
Xosé Antonio Touriñán, Ledicia Sola, David Amor
HUMOR
Hora 21h
Lugar Sala Principal
Público + 16 anos
Duración 90m
Prezo Anticipada: 18€ Patio de butacas, 15€ Anfiteatro Billeteira: 20€ Patio de butacas, 17€ Anfiteatro
Entradas www.ataquilla.com ,na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función ou na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4)
[29 Outubro 2015 ] - [31 Decembro 2018]
Claustro de San Francisco
Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).
[10 Marzo 2017 ] - [09 Abril 2017]
Auditorio de Ourense
ENE A. NATUREZA ASIMÉTRICA - Patricia Fernández Paz
Exposición que amosa arquitecturas descarnadas, apocalípticas, luces e sombras dunha realidade posmoderna, deshumanizada, chea de incerteza. O Pazo de Tor ofrece un marco incomparable, anacrónico, onde o tempo se detivo nun eterno letargo que borrou os límites entre a vida e a memoria. As arquitecturas asimétricas desta mostra conseguen abrir aquí un novo portal visual no espazo – tempo da súa historia.
Enlace ao catálogo.