- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[11 Xullo 2017] - [15 Septembro 2017]
CONCERTOS VERÁN CULTURAL
Centro Histórico
O Verán Cultural terá lugar todos os xoves a partir das 22:20 horas na praza de San Martiño con asistencia libre e de balde. A partir de entón irán desfilando artistas coma a coruñesa Silvia Penide, cunha dilatada traxectoria discográfica ás súas espaldas malia a súa xuventude, e Xardín Desordenado, no mes de xullo. Xa no mes de agosto, 5 xoves: Lulavai; Uxía e Sérgio Tannus descubrindo novos recunchos da lusofonía; os limiáns Habitación Vudú, os divertidísimos Chupadeskay e, para o seu contrapunto, Pimentel Trío, “unha delicia en clave de flamenco e jazz”, recomendaba Vázquez Abad. O mes de setembro deixaranos as propostas de Áureas, coa representación de En Voga, e Abelardo y los Farfanes.
Praza de San Martiño, 22.30h.
13, 20 e 27 de xullo.
3,10, 17, 24 e 31 de agosto.
7 e 14 de setembro.
[29 Outubro 2015 ] - [31 Decembro 2018]
Claustro de San Francisco
Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).
[06 Septembro 2017 ] - [01 Outubro 2017]
Auditorio de Ourense
Os paraísos perdidos
A sensibilidade e o sentir da Arte, aparece en cadaquén de xeito diferentes e amosando unhas naturezas de cores moi diferentes. Aurora, dende a súa delicadeza cromática achegase a una pintura naturista de tons suaves e medio formato, que entende as esceas dende unha mistura dun expresionismo pictórico e un naiff comprometido no que atopomamos un grande interese pola frescura e lirismo que xa se desarrollou en Francia a finales do século XIX, da man do artista Henri Rosseeau , é así como Aurora achega ao público a realidade máis subxectiva a través da natureza e as composicións pictóricas que son froito da súa imaxinación mais creativa.
Enlace ao catálogo.
O horario da exposición será o de apertura do Auditorio. Luns a venres de 8.30h a 14.30h. Tarde e fin de semana apertura según espectáculos.