CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [07 Outubro 2018]

    A TROPA TRAPALLEIRA DE BOCABERTA

    Auditorio de Ourense

    A Tropa Trapalleira, Rosiña, Laranxiño e Mariña, presentan “Pequena trapallada e algunha que outra batalla”.

    Un espectáculo para nenos e nenas de 6 a 99 anos, 100% dinámico e colorista que nos fai reflexionar sobre o absurdo da guerra e as súas consecuencias. A través do traballo corporal dos actores que bebe da farsa e da commedia dell'arte e apoiándose na música e na videocreación, constrúen un universo de diversión no que se poñen en valor cousas tan importantes como a amizade, o respecto, o compañeirismo e o amor.

    Un catálogo de trapalladas bélicas que, a través do humor, pretende invocar á tolerancia e á solución pacífica dos conflitos como bálsamo necesario nestes inquietantes tempos armados.

    Teatro infantil

    Idade recomendada de 6 a 12 anos

    Sala principal

    Duración 55 m

    Entradas: anticipada: 3€ e na billeteira: 4€.

    [07 Outubro 2018]

    BOMBINO + DESERT MOUNTAIN TRIBE EN OURENSE | SON ESTRELLA GALICIA

    Auditorio de Ourense

    O fogar. O lugar onde permanecen as nosas almas e corazóns. Para Bombino e a maioría de  Tuaregs, só hai un lugar que reúne estas características. Bombino invita a reflexionar evocando os seus pensamentos na preciosa canción "Tehigren" ("Trees") do seu novo álbum "Deran" : "No olvides aquellos árboles verdes / en nuestros valles del Sahara / a la sombra de los cuales / descansan las hermosas chicas / siempre radiantes y adorables.”.

    Como celebrar ese fogar no deserto, como protexelo, desenvolvelo, unificalo, respectalo e sobre todo, nunca esquecelo; esta é a temática principal. Vestido con dez temas repletos de madurez e poder, que marcan un punto de inflexión na carreira deste excelente guitarrista e compositor que naceu á sombra dunha acacia a uns oitenta quilómetros ao noroeste da antiga cidade de Agadez.

    Segundo manifesta o mesmo Bombino: "Mi misión, para este álbum, siempre fue acercarme a África". O resultado final do proceso é fresco e poderoso. SI. Bombino e os seus fieis músicos trazaron un itinerario polo deserto a través dos misteriosos sons contemporáneos procedentes do Sáhara.

    Concerto na Sala Azul

    Público +18anos

    Abertura de portas ás 20.30

    Entradas Anticipada:18 €  Billeteira: 22€

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica