CONTACTO

  • Xornadas Folclore
  • Prem Risc
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [08 Febreiro 2019]

    CONCERTO DE LUZ CASAL "QUE CORRA EL AIRE"

    Auditorio de Ourense

    Luz Casal presentará en Ourense o seu novo álbum de cancións inéditas baixo o suxestivo título “Que corra el aire”.

    Dez novas cancións e unha pequena homenaxe é o que nos poderemos atopar neste novo traballo, o primeiro gravado e mesturado integramente no noso país da súa carreira, tocado en directo no estudo e producido por Ricky Falkner.

    Un disco que como ela mesma di ”Entronca co que algúns consideran o meu pasado e que para min é o meu presente”.

    A xira “Que corra el aire” está a levala por todo o mundo, cun repertorio no que ademais de presentar as súas novas cancións percorrerá os seus grandes éxitos.

    Un espectáculo que vai satisfacer aos seus seguidores máis fieis e sorprenderá a todos aqueles que aman a boa música.

    Tras varios anos de ausencia, LUZ regresará a Ourense nun concerto promovido por Cávea Producións coa colaboración do Concello de Ourense.

    Sala principal

    Entradas a partir de 40€ aquí

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica