CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [08 Abril 2018]

    UXÍO NO PAÍS DE PATADECABRA

    Auditorio de Ourense


    Este é un conto inédito que mestura a maxia, o teatro e os monicreques creando un dinamismo continuo enriba do escenario. Uxío é un neno de 7 anos que quere chegar a ser un Gran Mago, aínda que a súa realidade dille todos os días que non é posible. Ata que un día, a través dun soño, todo cambia. Nese soño comezan a pasar cousas extraordinarias…Que pasará cando Uxío esperte? Sen dúbida unha historia envolvente que nos demostra que para conseguir algo, so hai que desexalo con moita forza. 


    Duración: 60m

    A partir de 3 anos


    Entradas: Anticipada: 3€  Billeteira: 4€

    [08 Abril 2018]

    CONCERTO DE CLAUSURA DO FESTIVAL OURENCANTO

    Auditorio de Ourense


    Ourencanto é unha iniciativa para achegar o mundo coral a todos os mozos de 8 a 18 anos da cidade e da provincia de Ourense. Serán unhas xornadas de participación e convivencia, rematadas con un gran concerto no Auditorio Municipal de Ourense, baixo a direción artística do prestixioso director e compositor Josu Elberdin, quen compuxo, nesta ocasión, para Ourencanto unha melodía coral baseada nunha poesía do pedagogo e escritor ourensán Albino Núñez Domínguez, que será estreada no concerto de clausura.


    O encontro celebrarase o 6 de abril no Conservatorio Profesional de Música e os días 7 e 8 no Auditorio Municipal de Música de Ourense. O concerto de clausura será o 8 de abril, ás 19 horas, no Auditorio Municipal de Ourense.

    Enlace á páxina do Festival Ourencanto.

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica