CONTACTO

  • Natal
  • Ndal
  • Ciclo Lírico
  • EdC
  • Auditorio
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [09 Xaneiro 2018]

    VIDA, MÁIS CA VIDA

    Auditorio de Ourense

    "Máis ca Vida" é un documental que recolle os testemuños reais do día a día do mundo que os rodea. Plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse na rodaxe xunto cos seus medos, alegrías, interrogantes, dificultades, fatigas… os seus sentimentos.

    A obra de ficción “Vida”, unha mestura de arte, entretemento e comunicación, convértese na primeira experiencia audiovisual destas persoas, que entrelazadas cun reparto artístico de primeira categoría como os recoñecidos actores Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, María Mera e Luis Iglesia entre outros, trasladaranlle ao espectador dunha maneira lúdica e enteiramente positiva e realista, as diferenzas sociais existentes invitando ao público á reflexión. Estes dous proxectos estreitamente ligados ofrecen un formato pioneiro que transportará o espectador a un mundo de emocións no que poderá descubrir que a ficción e a realidade destas dúas obras van collidas pola man.

    Cine escolar para 1.º,2.º, 3.º e 4.º da ESO

    Dúas funcións por día: ás 10 e ás 12

    Duración: 90m

    Oraganiza Afundación. Obra Social ABANCA

    + info: www.afundacion.org

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica