CONTACTO

  • Magosot
  • Expo La Caixa
  • EdC
  • Auditorio
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

     

    [15 Novembro 2018 20:30 ]

    IN BETWEEN DA CIA MIKEL ARISTEGUI

    Auditorio de Ourense

    In between presenta a cuestión da definición binaria do xénero no corpo de quen baila. Abrir unha reflexión sobre a importancia que hoxe en día define os roles do home e da muller na nosa sociedade, da necesidade de tratar un xénero “non definido” para poder comenzar un diálogo sobre a igualdade, para poder tratar ao ser humano como tal e non como unha definición dun xénero ou outro.

    Elenco: Mikel Aristegui, Nuria Sotelo e Rosabel Huguet

    DANZA PARA ADULTOS

    Entradas: anticipada 5€ e na billeteira 6€

    [16 Novembro 2018 20:30 ]

    QUEN É O SR. SCHMITT? DE BARCO PIRATA

    Auditorio de Ourense

    O señor e a señora Carnero cean tranquilamente na súa casa, cando de súpeto soa o teléfono. Pero os Carnero non teñen teléfono. O misterioso interlocutor insiste en falar cun tal señor Schmitt...

    E o que é máis estraño inda, os Carnero descubren que están pechados nunha casa que non semella a súa casa, os cadros mudadon, os libros non son os seus libros, a roupa dos seus armarios non é deles...

    O pánico apodérase de todo. O pesadelo non fixo máis que comezar.

    Teatro para adultos en castelán

    Dirección: SERGIO PERIS- MENCHETA

    Intérpretes: JAVIER GUTIÉRREZ, CRISTINA CASTAÑO, ARMANDO BUIKA, XABIER MURUA, QUIQUE FERNÁNDEZ

    Duración 90m

    Entradas: anticipada 8€ e na billeteira 9€

    [18 Novembro 2018 12:30 ]

    “EU TEÑO DEREITO A XOGAR - CIRCUÍTO 2018” CANTAJUEGO EN CONCERTO

    Auditorio de Ourense

    É a nova proposta deste exitoso grupo, que leva máis de 10 anos virando ininterrompidamente por España, convocando a toda a familia, para cantar, bailar e participar ao ritmo das súas pegadizas cancións.

    Nesta oportunidade,os “CantaJuegos” despregan toda a súa enerxía a través das cancións máis populares do seu extenso repertorio,incluíndo os hits de Viva o meu Planeta, o seu último traballo nomeado aos Grammys latinos e CantajuegoInEnglish que foi número 1 en vendas. Ademais, contarán cos infaltables Coco, Pepe e Buby, aos que se suman moitos outros personaxes que lle dan cor e alegría a un espectáculo vibrante e cheo de ritmo e cor.

    Sala Principal

    Público familiar

    Dúas funcións: ás 12.30 e ás 17.00h

    Entradas: a partir de 15 € na www.ataquilla.com, Sala de Exposicións Afundación e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

    [23 Novembro 2018 20:30 ] - [24 Novembro 2018]

    GALA SÓLODOS EN DANZA E FINAL CERTAME DE CREACIÓN

    Auditorio de Ourense

    SóLODOS EN DANZA é un festival internacional de danza contemporánea e un concurso coreográfico Iberoamericano, que promove o intercambio cultural entre continentes. Celébrase en America dende fai 6 anos e realizarase por terceira vez na cidade de Ourense. O día 23 de novembro gozaremos da GALA SóLODOS EN DANZA coa programación de distintas obras de danza. O día 24 de novembro celebrarase o Certame de Creación de Dúos e Solos, seis coreografías finalistas presentaranse no auditorio da cidade, para competir polo premio SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018. A obra gañadora realizará unha xira por varias plataformas, festivais e residencias artísticas latinoamericanas. www.solodos.es

    [25 Novembro 2018 12:00 ]

    ADESHORAS DE BERROBAMBÁN

    Auditorio de Ourense

    Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A música acompáñaa na soidade. Soan badaladas. Anuncian un baile?

    Un lobo ouvea. Está a porta pechada con chave? Leva tantos anos ás costas, esa muller, que xa non lembra quen é. Precisamente por iso pode xogar a ser quen ela queira. A protagonista do seu conto.

    Ás veces, descubrimos nas historias dos outros quen realmente somos. E iso é o que lle acontece á Señora desta peza de teatro xestual, esta pobre clown desmemoriada. Amodo, xogando, recupera o fío que a leva a recoñecerse no espello, grazas a quen a visita por sorpresa, a deshora,rompendo as súas rutinas, facendo que se sinta nena, unha nena perdida que por fin se atopa.

    Teatro infantil a partir de 5 anos

    Duración 50m

    Entradas: anticipada 3€ e na billeteira 4€

    [25 Novembro 2018 19:00 ]

    NURTHA, NORD, NORTE… NORÓ, XABIER DÍAZ E AS ADUFEIRAS DE SALITRE

    Auditorio de Ourense

    O norte é case un estado emocional para min. Gústame o seu frío, a auga, a humidade e a música. No norte hai música en tódalas cousas. É unha música sólida, ancestral e serena. “Este disco é como un retrato do meu timeline recente, como unha necesidade de rematar a talla e de mellorar o método, como unha insistencia do Tambourine, como se quixera tatuar con tinta indelébel o mapa das últimas viaxes para saír definitivamente da miña confusión antes de desorientarme de novo. Este disco tamén serve para celebrar o equilibrio desta pequena e ordenada república adufeira na que tantas cousas aprendo sen necesidade de que ninguén as explicite”.

    Músicos: Xabier Díaz, Gutier Álvarez, Javier Álvarez Vázquez, Iria Penabad Teijeira, Montserrat García Santamarina Roade, Patricia Gamallo Lama, María Teresa López Blanco, Noemi Basanta Llanes, Carolina Vázquez Castro e Beatriz Mariño Rey

    Entradas a partir de 14 €

    [30 Novembro 2018 21:00 ]

    NOCHE SABINERA

    Auditorio de Ourense

    Unha Noite Sabinera é un día especial no que cantar cos músicos e os “irmáns” de Joaquín Sabina as cancións que máis nos chegan, as que fan a banda sonora das nosas vidas. E é que Pancho Varona e Antonio García de Diego son coautores de cancións como A la orilla de la chimenea, Aves de paso, Contigo, Corre, dijo la tortuga, Peor para el sol, Resumiendo ou Y sin embargo. Así que non hai escusa, a Noite Sabinera farache cantar, farache bailar, farache rir… farache vivir.

    Así naceu a Noite Sabinera

    Entradas a partir de 14€

    [02 Decembro 2018 12:00 ]

    NÓMADES DE XAROPE TULÚ

    Auditorio de Ourense

    Nómades, é un espectáculo onde o movemento, a música e a palabra convidan a viaxar por paisaxes singulares.Somos nómades, transitamos sen morada nin corpo fixo. Habitamos a beleza do diverso, esa beleza que dá cor aos outros corpos e facilita a aparición de novas tonalidades, texturas e xeitos de vivir. Onde non existe un corpo equivocado, onde é posible imaxinar as persoas en abstracto.

    Intérpretes: Mara Roja, Diego Martínez e Atenea García

    Dirección: Gena Baamonde

    Teatro danza para público infantil, recomendado entre 6 e 12 anos

    Duración: 50m

    Entradas: anticipada 3 € e na billeteira 4€





    [07 Decembro 2018 20:30 ]

    O NUNCA VISTO DE LA ESTAMPIDA

    Auditorio de Ourense

    A un mes do peche por impagos do seu estudio, unha acabada profesora de danza e teatro para nenas, decide que é o momento do “agora ou nunca” e realizar un espectáculo que revolucione a arte contemporánea: O nunca visto! Sen talento, sen diñeiro e xa sen alumnas nas súas clases, bótase á procura de artistas comprometidas para a súa causa. Só conseguirá que veñan dúas das súas ex alumnas: unha yonqui galega e unha ama de casa que vén de fuxir. A entrega das nosas protagonistas, que non teñen outra cousa que nos contar que as súas propias vidas, porán o listón moi alto, facéndonos bailar de pranto e rir de suor.  

    Comeza a función.Escuro

    Elenco: Alicia Rodriguez, Belen Ponce de León e Ana Turpin

    TEATRO CONTEMPORÁNEO PARA ADULTOS

    Idioma Castelán

    Duración: 70m

    Entradas: anticipada: 5€ e na billeteira: 6€

    [09 Decembro 2018 12:00 ]

    O MUNDO LIRONDO DE SPASMO TEATRO

    Auditorio de Ourense

    Unha viaxe divertida e emocionante polos recunchos máis afastados do mundo.Cunhas pequenas nocións básicas de xeografía, coñeceremos xentes e diferenzas culturais, plantas e animais, e fundamentalmente, a importancia de respectar e coidar o medio natural.Facede as maletas, collede o pasaporte e coa cámara de fotos preparádevos para a maior e máis divertida aventura da vosa vida.

    Elenco: Isaac Tapia, Vicente Martín, Jose G. Sanchez, Álvaro Sánchez

    Dirección: Ángel Calvente

    Teatro.Idade recomendada de 6 a 16 anos

    Idioma: castelán

    Entradas: anticipada 3€ e na billeteira 4€

    [12 Decembro 2018 20:30 ]

    BALLET NACIONAL RUSO DE SERGUEY RADCHENKO - O LAGO DOS CISNES

    Auditorio de Ourense

    A obra transcorre entre o amor e a maxia, enlazando nos seus cadros a eterna loita do ben e do mal. Protagonízana o príncipe Sigfrido, namorado de Odette, xoven convertida en cisne polo feitizo do malvado Von Rothbart e Odile o cisne negro e filla do bruxo.

    Música:PiotrTchaikovsky

    Libreto: VladimirBeghitchev / VasiliGeletzer

    Coreografía: MariusPetipa

    - Primeiro acto (O xardín do castelo do príncipe Sigfrido)

    - Segundo acto (A beira do lago)

    - Terceiro acto (O gran salón do castelo do príncipe Sigfrido)

    - Acto cuarto (A beira do lago)

    Entradas a partir de 16€

    Bono para dúas funcións (12 e 13 de decembro)

    [13 Decembro 2018 20:30 ]

    BALLET NACIONAL RUSO DE SERGUEY RADCHENKO - A CINCENTA

    Auditorio de Ourense

    A composición creada por S. Prokofiev para o ballet Cincenta converteuse nunha das súas máis populares obras inspirando a numerosos coreógrafos desde a súa concepción. Prokofiev escribe a música entre 1940 e 1944 tendo lugar a estrea en 1945 no Teatro Bolshoi de Moscova con coreografía de Rostislav Zakharov e sendo Galina Ulanova quen encarnase o rol principal.

    Ballet en dous actos

    Música: SergeiProkofiev

    Libreto: Yuri Vetrov

    Coreografía: Elena Radchenko

    Versión escénica: Elena Radchenko

    Decorados e vestiario: Sergey Radchenko e Elena Radchenko

    Deseño de luces: Mariña Borodina

    ACTO I

    Escena 1- Casa de Cincenta

    Escena 2 - Baile no Palacio Real

    ACTO II

    Escena 3 - No Palacio Real

    Escena 4 - Casa de Cincenta

    Escena 5 - O Palacio Real

    Entradas a partir de 16€

    Bono para as dúas funcións ( A Cincenta e O lago dos cisnes)

    [14 Decembro 2018 18:00 ]

    AS PARÁBOLAS DE PAKOLAS

    Auditorio de Ourense

    Espectáculo musical con contacontos de formato individual tocando a súa guitarra e interpretando cancións da súa autoría (A Gramola Gominola, Pakola). Combinación das cancións coa narración dalgunhas historias e contos que nelas se recollen, cunha mensaxe final, e que forma así no seu conxunto, unha fermosa parábola musical da que aprender e na que pensar.

    Elenco: Paco Cerdeira

    MÚSICA PARA BEBÉS ATA 5 ANOS

    SALA APEGO

    Duración 50m

    Dúas funcións: ás 18.00 e ás 19.00horas

    Entradas: anticipada 3€ e na billeteira 4€. Crianzas gratis

    [14 Decembro 2018 20:30 ]

    CONCERTO DE SERGIO DALMA

    Auditorio de Ourense

    SERGIO DALMA presenta o seu novo disco "Vía Dalma III"

    Entradas a partir de 40€

    [16 Decembro 2018 12:00 ]

    ALADINO E A LÁMPADA MARABILLOSA (O MUSICAL) DE AVENTO PRODUCCIÓNS TEATRAIS

    Auditorio de Ourense

    O mozo Aladino loita en Agrabah por atopar un traballo que lle permita mercar algo de comer e, quizais, conseguir unha mellor vida. Pero a situación non está ben para ninguén e cada vez hai menos clientes aos que lles vender. Mentres, no Pazo do sultán, unha princesa noviña tenta facerse ouvir e cambiar as vellas leis que a obrigan a casar. Os dous protagonistas séntense presos, cada quen á súa maneira, e o seu desacordo coas normas establecidas levaraos a vivir unha gran aventura. Nesta nova revisión do clásico incluído nas historias de “As mil e unha noites”, Xoan Abreu, director da montaxe, pon sobre as táboas un dilema: “Por que nun mundo onde todo cambia, as leis non poden cambiar?”.

    Sala principal

    Espectáculo musicalinfantil en galego a partir de 5 anos

    Entradas: anticipada 5€ e na billeteira 6€

    [20 Decembro 2018 20:30 ]

    MUJERES DE PACIENCIA SALVAXE DE UP-A-TREE

    Auditorio de Ourense

    Catro contos extraídos do bestseller homónimo de Clarissa Pinkola Estés (Las Zapatillas Rojas, La Vendedora de Fósforos, Barba Azul e La Mujer Esqueleto) transitan por conflitos comúns á experiencia de ser muller no mundo coa represión do instinto, a vocación creativa, o encontro coa depredación e o renacemento. Catro actrices escenifican de forma coral os contos, sendo cada unha  protagonista dunha das fábulas que se tecen tanto con música en directo como con material biográfico extraído de entrevistas a mulleres en torno á temática dos contos. Os testemuños achegan contextos reais que universalizan as fábulas a través de personaxes e situacións contemporáneas recoñecibles. Mulleres que corren como os lobos introducíndose no complexo percorrido identitario da muller para recoñecerse en mundos que con frecuencia impoñen roles imposibles, buscando preguntas e contrastando respostas a través de inspiradoras narrativas biográficas.

    Dirección:Ximena Vera

    Intérpretes: Raquel Pardos Ximena Vera Marta Cuenca Andrea Nespereira

    TEATRO PARA ADULTOS EN CASTELÁN

    Entradas: anticipada 5€ e na billeteira 6€

    [21 Decembro 2018 20:30 ]

    “THE VERY BEST OF DIRE STRAITS” DE BROTHERS IN BAND

    Auditorio de Ourense

    “The Very Best of dIRE sTRAITS”,o mellor espectáculo de homenaxe a dIRE sTRAITS, chega a Ourense dentro da xira europea 2018 de bROTHERS iN bAND, que percorre España, Francia, Alemaña, Luxemburgo e Portugal.

    Un show que repasará o mellor da discografía de dIRE sTRAITS cunha posta en escena única.

    bROTHERS iN bAND está formado por 9 músicos que interpretan os grandes éxitos da banda inglesa entre os anos 1978 e 1991, alcanzando un nivel de recreación tan alto que o propio Guy Fletcher,teclista de dIRE sTRAITS e Mark Knopfler desde 1984,chegou a dicir: “Teño que recoñecer que pensei que era unha gravación nosa”

    Con "The Very Best of dIRE sTRAITS", bROTHERS iN bAND transportaranos na súa particular máquina do tempo, a través dun seleccionado e coidado repertorio que pertence xa á memoria colectiva de varias xeracións, cun amplo repertorio que revivirá o son limpo e cristalino de Down to the Waterline, o antolóxico riff de Money For Nothing, pasando por clásicos como Sultans of Swing, Telegraph Road, Romeo & Juliet, Tunnel of Love, So Far Away, Single Handed Sailor ou Lady Writer entre outros clásicos da banda, nun espectáculo de case 2 horas e media de duración.

    Sala Principal

    Entradas a partir de 25€

    [23 Decembro 2018 18:00 ]

    VAIA SANTA CLAUS, O MUSICAL DE ANIMAGIC

    Auditorio de Ourense

    Por fin é 24 de Decembro! Todo preparado no Polo norte para o día máis importante do ano. Os Elfos están repletos de enerxía, a fábrica de xoguetes está preparada, os renos en posición e a estrela brilla no alto da árbore, .... pero... Onde está Santa Claus? Que pasará co nadal? Estarán os xoguetes listos a tempo?, e o máis importante, onde imos atopar un Santa substituto?.

    Esperamos que os nosos Elfos sexan capaces de resolver este contratempo coa axuda do marabilloso público, sexa como sexa deberán facelo ao Ritmo do Musical.

    Nesta cita do Nadal tan particular, pequenos e maiores poderán gozar en Familia dunha Obra Musical inesquecible, na que vivirán momentos cheos do espírito do Nadal e todos os seus valores, e na que ao finalizar descubrirán cal é o mellor agasallo.

    Esperámosvos a todos para pasar un gran momento no teatro, onde vos obsequiaremos con moitas emocións e o mellor dos nosos sorrisos. Bo nadal !

    MUSICAL PARA TODA A FAMILIA

    Entradas a partir de 14€

    [29 Outubro 2015 11:30 ] - [31 Decembro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [01 Marzo 2018 12:00 ] - [31 Marzo 2019]

    Centro Histórico


    O Belén de Ourense, máis coñecido popularmente polo nome do seu autor, componse dunhas 2.000 pezas feitas en barro cocido, ademais de curiosas representacións relixiosas, civís e militares que, mesturadas, conxuntamente coas construcións de carácter popular, crean ese ambiente singular.


    É do mesmo xeito destacáble a presenza daqueloutros elementos relacionados coa nosa etnografía: oleiros, adegas, fornos, cabaceiros, cruceiros, pontes, palleiros e pombais. Tamén resulta edificante a contemplación dos labores do campo, ademais de xogos populares como a chave; as antigas profesións ambulantes como a do retratista, o cego cantador de coplas; etcétera.


    O conxunto da obra enténdese como un camiño iniciático que percorre ao redor ate centrarse no pesebre coa representación do Nacemento do Fillo de Deus.


    Horario de luns a venres de 12h a 14h.

    Entrada libre e gratuíta.

    [04 Outubro 2018 11:00 ] - [09 Decembro 2018]

    Museo municipal


    "Ollada ao pasado", exposición de Méborat. 



    Retrospectiva da obra de Modesta Fernández Blanco, coñecida no mundo artístico como Meborat. Formada por 33 lenzos -desde os máis figurativos, a través dos que recoñeceremos moitos dos recunchos da nosa cidade, até a obra abstracta- e 4 esculturas en pedra.


    A obra pódese visitar no Museo Municipal (rúa Lepanto 8) en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas de martes a sábados, e de 11:00 a 13:30 horas os domingos.

    [01 Novembro 2018 11:00 ] - [09 Decembro 2018]

    Museo municipal



    Píxel, exposición de Omar Pérez.



    Unha colección na que o caricaturista, ilustrador e deseñador nado en Arxentina e radicado en Ourense vai 20 anos, realiza unha crítica social e do momento que se vive na actualidade. A mostra reúne case 50 ilustracións en formato pequeno e mediano, nas que Omar propón unha viaxe ao redor do mundo visitando exposicións, mostras, certames, campañas solidarias, homenaxes, con temas recorrentes como a contaminación, o cambio climático, a migración, Europa, a paz, Trump, ou as redes sociais…



    A obra pódese visitar no Museo Municipal (rúa Lepanto 8) en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas de martes a sábados, e de 11:00 a 13:30 horas os domingos.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica