CONTACTO

  • #FestasOurense
  • Enofest
  • Premio poesía
  • Premio Risco de Creación Literaria
  • Auditorio
  • EdC
  • Volver

    Concurso de Carteis para as Festas 2018

    O Concello convoca o concurso para elixir o cartel das Festas de Ourense 2018, dotado cun premio de 1.000 euros 

     

    • Os participantes deberán presentar unha declaración xurada de que se trata dunha obra orixinal, inédita, que non infrinxe o dereito de terceiros, nin foi presentada a outro premio.

    • É o primeiro concurso que adopta este requisito tras declararse deserto o premio do Cartel dos Maios 2018, por incumprir o requisito de orixinalidade.
       

    • O prazo límite de presentación dos traballos será de 10 días naturais dende a publicación das bases na web do Concello e da Concellería de Cultura.
       
    • Enlace ás bases completas do concurso e á declaración xurada en galego e en castelán.


     

    Ourense, maio de 2018.
     

    A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves as bases e a convocatoria do Concurso para o deseño do cartel das Festas de Ourense 2018, que está dotado cun premio de 1.000 euros.
     

    Os traballos deberán ser presentados no Rexistro Xeral do Concello, nun sobre no que figure “Concurso de carteis Festas 2018”, acompañados por unha declaración responsable na que o autor certifique que a obra presentada é orixinal (que non copia nin adapta unha terceira), inédita (non foi difundida por ningún medio nin Internet), que non infrinxe o dereito de terceiros e que non foi presentada a outro premio.

    O Prazo límite para a presentación de traballos será de 10 días naturais dende a publicación das bases na páxina web do Concello (www.ourense.gal) e a da Concellería de Cultura (www.ourensecultura.com).
     

    O concurso poderá ser declarado deserto se o xurado así o considera oportuno, tal e como ocorreu recentemente no caso do cartel da festividade dos Maios que se declarou deserto despois de ter coñecemento de que a obra elixida Maia Bona Dea incumpría o requisito de orixinalidade. Esta decisión fora o resultado dunha reunión que tivo lugar o pasado 3 de maio, pero que agardaba polo aval xurídico para presentarse.
     

    As propias bases do concurso para o cartel de Maios establecían, no art.9, a posibilidade de que ficase deserto. Ditas bases explicitaban, igualmente, que as obras presentadas a concurso fosen “orixinais e inéditas”.

    Logo de coñecer que a obra gañadora podería ser unha adaptación doutro orixinal do artista estadounidense “Tuesdaymourning”, o xurado reuniuse novamente o 3 de maio e resolveu declarar deserto o concurso ao entender que a obra inicialmente gañadora non respectou a esixencia de orixinalidade que establecían as bases, e que establecían un único premio de 800 €.
     

    Da comparación das imaxes resultaba manifesto que se trataba dunha adaptación ou reinterpretación doutra obra, polo que, con independencia da maior ou menor creatividade amosada pola autora da obra presentada ao concurso, se trataba “dunha obra derivada, e, por conseguinte, a devandita obra incumpre o requisito de orixinalidade que esixen as bases do concurso, como resolveu o xurado”, e tal e como avala un informe xurídico emitido desde a Concellería de Cultura que engade, ademais, que de ter sido unha interpretación creativa precisaría o permiso do artista norteamericano.
     

     

    Declaración xurada: Dende o pasado concurso do cartel dos Maios o Concello de Ourense incorporou nas bases unha declaración xurada que deberá ser asinada polos autores das propostas que se presenten aos concursos.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica