CONTACTO

  • #FestasOurense
  • Enofest
  • Premio poesía
  • Premio Risco de Creación Literaria
  • Auditorio
  • EdC
  • Volver

    #FestasOurense: entradas para os concertos de Rosendo e DVICIO

    Ourense, xuño de 2018

    Xa están á venda as entradas para os concertos de Rosendo Mercado (mércores, 27 de xuño), ao que teloneará o grupo ourensán Mitocondrias, e de DVICIO (xoves, 28 de xuño), a través da plataforma de venda online ataquilla.com. Máis información: Resto de actuacións nas #FestasOurense 2018



    Ademais:

    Información do concerto de ROSENDO:

    APERTURA PORTAS: 21:00h.
     
    A compra online e telefónica está restrinxida para maiores de 18 anos. Coas entradas vendidas por estas canles só poderán acceder ao recinto os maiores de 18 anos.  
     
    As entradas para persoas menores de 18 anos só poderán ser adquiridas na billeteira da Sala de Exposicións Afundación de Ourense (Praza Maior, 4) ata as 14 h. do día 27 de xuño e o día do concerto na billeteira do recinto de 21 h. a 22 h.  
     
    As menores de idade que teñan entre 0 e 15 anos, ambos os dous inclusive, poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente, cubrindo o formulario de permiso polo seu pai, nai ou titor/a, que se entregará no momento da compra da entrada, e nomenado a persoa responsable que o/a acompañará ao concerto. 
     
    Os menores de idade de 16 e 17 anos  poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente, con formulario cuberto polo seu pai, nai ou titor/a que se entregará no momento da compra da entrada e sen necesidade de entrar ao recinto acompañado/a dun adulto.

    - PERMISO DE ACCESO AO CONCERTO DE ROSENDO A MENORES DE 16 ANOS.

    - PERMISO DE ACCESO ROSENDO A MENORES DE 16 E 17 ANOS.



    Información do concerto de DVICIO:

    APERTURA PORTAS: 21:00h.
     
     A compra online e telefónica está restrinxida para maiores de 18 anos. Coas entradas vendidas por estas canles só poderán acceder ao recinto os maiores de 18 anos.  
     
    As entradas para persoas menores de 18 anos só poderán ser adquiridas na billeteira da Sala de Exposicións Afundación de Ourense (Praza Maior, 4) ata as 14 h. do día 28 de xuño e o día do concerto na billeteira do recinto de 21 h. a 22 h.  
     
    As menores de idade que teñan entre 0 e 15 anos, ambos os dous inclusive, poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente, cubrindo o formulario de permiso polo seu pai, nai ou titor/a, que se entregará no momento da compra da entrada, e nomenado a persoa responsable que o/a acompañará ao concerto. 
     
    Os menores de idade de 16 e 17 anos  poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente, con formulario cuberto polo seu pai, nai ou titor/a que se entregará no momento da compra da entrada e sen necesidade de entrar ao recinto acompañado/a dun adulto.


    - PERMISO DE ACCESO AO CONCERTO DVICIO A MENORES DE 16 ANOS.

    - PERMISO DE ACCESO AO CONCERTO DVICIO A MENORES DE 16 E 17 ANOS.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica