CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • EdC
  • Auditorio
  • Volver

    Aberto prazo de subvencións da Concellaría de Cultura

    CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DA CONCELLERÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE OURENSE PARA ACCIÓNS NO EIDO CULTURAL E FESTIVO
     

    A Concellería de Cultura do Concello procede a convocar axudas destinadas á realización de programas, proxectos ou actividades culturais e recreativas considerados de interese público promovidos por asociacións ou entidades sen fin de lucro; así como as Festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro promovidos por asociacións de veciños e comisións de festas, e correspondentes ás LIÑAS I e II do Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Cultura, en consonancia co procedemento que aparece nas Bases Reguladoras da concesión de subvencións da Concellería de Cultura do Concello de Ourense para accións no eido cultural e festivo.

    PRIMEIRO.- SOLICITUDES: PRAZO E FORMA
    As solicitudes serán presentadas no Rexistro xeral do Concello ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e achegarán a documentación requirida nas Bases reguladoras.
    O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte da publicación da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións.

    SEGUNDO.- LUGAR ONDE SE PODEN OBTER AS BASES E FORMULARIOS
    As Bases desta convocatoria e os formularios están a disposición dos interesados na páxina web do Concello www.ourense.gal, e da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com, así como no Servizo de Cultura, Xuventude e Participación Cidadá, desde o día seguinte ao da súa publicación no  Boletín Oficial da Provincia.

    TERCEIRO.-  PROCEDEMENTO
    O procedemento de concesión de subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. En todo aquilo non previsto nas bases regulares estarase ao establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no seu regulamento, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na Ordenanza xeral municipal de subvencións do Concello de Ourense.

    CUARTO.- PRAZO DE XUSTIFICACIÓN
    As asociacións deberán presentar a documentación para a xustificación da subvención concedida detallada nas Bases reguladoras e no prazo establecido na Base 13.

    LIÑA I Subvencións a asociacións e entidades sen fin de lucro que desenvolvan accións no eido cultural.

    A) OBXECTIVOS
    É obxecto desta convocatoria, a concesión de subvencións para a Liña I no Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Cultura, destinadas á realización de programas ou actividades culturais, entendendo como tales as seguintes:
    1. Proxectos relacionados coas artes escénicas, musicais, artes plásticas, cinematográficas e literatura.
    2. Edición, publicación ou impresión de libros, publicacións seriadas ou obras audiovisuais en calquera
    soporte.
    3. Actividades que teñan por obxecto o estudo, difusión, exaltación ou posta en valor do patrimonio cultural material ou inmaterial da cidade de Ourense.

    B) BENEFICIARIOS
    Poderán ser beneficiarias as asociacións ou entidades sen fin de lucro con personalidade xurídica propia e que reúnan os requisitos xerais establecidos no artigo 3 da Ordenanza Xeral de Subvencións e na base 3 das que rexen a convocatoria.

    C) CRÉDITO ORZAMENTARIO
    A subvención regulada nesta convocatoria concederase con cargo á aplicación orzamentaria 200 3340 48902 dos orzamentos do Concello de Ourense para o exercicio en curso, cun orzamento de 60.000 euros (RC.201800025588).

    D).- CONTÍA
    A contía das subvencións estará en función do custo dos programas e dos recursos cos que se conte para cubrir estes parcialmente. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que supere o 75% do orzamento do proxecto.
    LIÑA II Subvencións a asociacións de veciños e comisións de festas que desenvolvan accións no eido festivo.

    A)  OBXECTIVOS
    É obxecto desta convocatoria, a concesión de subvencións para a Liña II no Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Cultura, destinadas a apoiar a realización de proxectos e actividades considerados de interese ou de utilidade pública promovidos por asociacións de veciños e comisións de festas, en concreto:
    1.- Incentivar a realización de Festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional e senlleiro.
    2.- Motivar e dinamizar a participación das asociacións.
    3.- Colaborar co movemento asociativo para a organizacións das festas parroquiais.
    Para os efectos destas bases, de acordo co establecido para a Liña II no Plan estratéxico de subvencións da Concellería de cultura, enténdese por accións no eido festivo:
    Festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro

    B) BENEFICIARIOS
    Poderán ser beneficiarias as asociacións de veciños e comisións de festas que reúnan os requisitos xerais establecidos no artigo 3 da Ordenanza Xeral de Subvencións e na base 3 das que rexen a convocatoria.

    C) CRÉDITO ORZAMENTARIO
    A subvención regulada nesta convocatoria concederase con cargo á aplicación orzamentaria 200 3340 48902 dos orzamentos do Concello de Ourense para o exercicio en curso, cun orzamento de 50.000 euros (RC.201800025588).

    D).- CONTÍA
    A contía das subvencións estará en función do custo dos programas e dos recursos cos que se conte para cubrir estes parcialmente. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que supere o 75% do orzamento do proxecto.


    Remata o prazo o 7 de novembro de 2018.
    Convocatoria e bases no BOP do sábado, 6 de outubro.
    Bases e anexos.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica