CONTACTO

  • PdoP
  • Prem poesía
  • MMOu
  • Audittori
  • Entrudo
  • EdC
  • Volver

    #Entroido2019

    Información de interese para o #Entroido2019

    (Programación)

     ➡ Programa do #Entroido2019


    (Concurso comparsas)

    Bases do concurso de comparsas e Rei - Raiña do Entroido.
     

    Ficha de inscrición para comparsas.

    Ficha de inscrición para Rei - Raíña.

    Ficha de terceiros.


     

    (Información relaccionada)

     

     

    Bases do Concurso de Comparsas de Entroido 2019 de Ourense


    Ourense, xaneiro de 2019.- 

    A Xunta de Goberno Local aprobou as bases e da convocatoria do Concurso de Comparsas e para elixir o Rei ou Raíña do Entroido 2019, que contará cun orzamento total de 18.000 euros. 
     
    “A través desta iniciativa, o Concello aposta por estimular a participación no desfile, que terá lugar o domingo 3 de marzo, e que nos últimos anos acada cada vez maior numero de participantes e de visitantes”, dixo o rexedor.
     
    O Rei ou Raíña do Entroido de Ourense 2019 percibirá un premio de 600 euros. Tamén haberá diferentes premios para as comparsas e as carrozas que participen no concurso.
     
    Para as comparsas de máis de 10 compoñentes: primeiro premio (900 euros); segundo (700 euros) e terceiro (500 euros). Para comparsas de menos de 10 compoñentes os premios serán de 400, 300 e 200 euros, respectivamente.
     
    Haberá tres premios especiais de 300 euros cada un deles: á comparsa máis numerosa; á máis ocorrente ou graciosa e á mellor animación musical.
    Na categoría de carrozas haberá dous premios de 300 euros cada un: ao mellor deseño e á mellor animación.
     
    Por outra banda, e para estimular a participación dos cidadáns haberá axudas para todos os participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio. Para as carrozas estas axudas serán de 120 euros. E para as comparsas a cantidade varía segundo o número de integrantes.




    O Concello abre o prazo para entregar propostas do cartel do Entroido 2019, concurso dotado cun premio de 800 €

    Ourense, xaneiro de 2019

    O Concello de Ourense convoca o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas do Entroido de Ourense 2019. O prazo de entrega de orixinais permanecerá aberto até o luns, 18 de febreiro, que este ano se celebrará na segunda semana de marzo -sendo o martes de Entroido o día 5-. A persoa autora do cartel elixido recibirá un premio de 800 euros.
     
    Poderá concursar toda persoa física ou xurídica. Os traballos serán entregados a través do Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Entroido 2019” e debaixo un pseudónimo ou lema. Os carteis levarán o lema 'Ourense, capital do entroido', e deberán ser obras inéditas e orixinais. Neste sentido, e para evitar circunstancias ocorridas en anteriores convocatorias de concursos, as propostas irán acompañadas dunha declaración individual na que os aspirantes se responsabilizan totalmente de que non existen dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como dunha renuncia aos dereitos de imaxe.
     
    O cartel elixido será utilizado tamén como imaxe gráfica integrante dos anuncios na prensa escrita, carteis, mobiliario urbano publicitario, e outros elementos divulgativos que editará o Concello para promocionar o programa de actividades desta festa. 
     
    O xurado valorará o conxunto de creatividades tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. O fallo farase público por comunicado oficial aos medios de comunicación e nas páxinas web do Concello e da Concellería de Cultura.
     
    As bases pódense consultar integramente na web do Concello de Ourense, www.ourense.gal, e nesta mesma páxina web.




    Acceso ás bases.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica