CONTACTO

  • Maios
  • PdoP
  • Prem poesía
  • MMOu
  • EdC
  • Volver

    #Maios2019



    Concurso de carteis para os Maios (ata o 3 de abril).

    ➡ Bases en pdf.


    ➡ Declaración responsable.


    Concurso de Maios e Coplas (ata o 30 de abril).

    ➡ Bases e ficha de inscrición.







    O Concello de Ourense abre os prazos para presentar os maios e coplas, así como para o cartel ilustrativo da festa
     
     
    Ourense, 15 de marzo de 2019.
     
    O Concello de Ourense abre unha nova convocatoria do concurso para elixir o cartel anunciador da Festa dos Maios 2019, que se celebrará o vindeiro 5 de maio na cidade. A Xunta de Goberno Local do pasado xoves aprobou as bases e a convocatoria do certame, que está dotado cun premio de 800 euros para o autor ou a autora da obra gañadora. O prazo de presentación de propostas estará aberto ate o día 3 de abril. Do mesmo xeito, a xunta de goberno local celebrada hoxe aprobou as bases para os concursos de coplas e maios, cuxo prazo de presentación permanecerá aberto até o 30 de abril.
     
    O concurso do cartel está convocado co obxectivo de fomentar a participación nas actividades que forman o ciclo festivo da cidade. Está aberto á participación de toda persoa física ou xurídica, que deberá presentar traballos inéditos e orixinais -acompañados dunha declaración responsabilizándose de que non existen dereitos de terceiras persoas-, e representativos da festividade na cidade de Ourense. 
     
    Coplas e maios
    As tradicionais coplas e maios convócanse de forma aberta para todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e calquera persoa que o desexe, sempre que sexa maior de idade. 
     
    En canto aos maios, haberá as seguintes modalidades: o enxebre, tradicional e figurativo que representa pirámides, conos ou cruceiros (300 euros de premio); o artístico, que recrea, cos elementos tradicionais, escenas cotiás, monumentos ou obras de arte do pobo ou da cidade, personaxes, etc (500 euros); o creativo, que é a representación dos maios enxebres podendo utilizar calquera técnica ou material (200 euros); e o infantil, realizado por nenos e nenas, menores de 18 anos (200 euros).
     
    En canto ás coplas, haberá dúas modalidades, as infantís (200 euros de premio) e as de adultos (200 euros). Valorarase a retranca, a composición, o ritmo e a linguaxe utilizados, así coma o emprego da melodía tradicional e que as estrofas vaian enlazadas.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica