• Maios 2017
  • Miteu
  • Premio poesía cidade de Ourense
  • Programación Infantil Auditorio Municipal
  • Apego
  • Volver

    Programación Infantil #AuditorioOurense

    O Auditorio de Ourense presenta a programación infantil para o trimestre abril, maio e xuño
     

    [Enlace ao programa]



    Ourense, 31 de marzo de 2017.

    O Concello de Ourense presentou, esta mañá no salón de plenos, “a xoia da coroa de Cultura, a programación infantil do Auditorio”, segundo avanzou a súa titular, Belén Iglesias. Nos meses de abril, maio e xuño, o Auditorio ofrecerá un total de 12 espectáculos pensados para público desde os 0 anos e que veñen evidenciar “a boa saúde da que gozan as actividades organizadas no Auditorio”, segundo Iglesias Cortés.

    As citas serán os venres, dentro da programación de Apego, e os domingos pola mañá, unha cita que xa se está a converter en hábito e obrigaron, a pasada semana, a dobrar o espectáculo (Los 3 cerditos) ante o éxito de público. No total do trimestre, foron case 4.000 os cativos que acudiron ás representacións deste programa. Non en van, a Rede Galega de Teatros vén de vén de distinguir o Auditorio de Ourense coma o que máis programa de toda Galicia.

    Para os vindeiros tres meses, alén do teatro, haberá espectáculos de danza (Up2Down) e moita estimulación sensorial, especialmente nas actividades dirixidos ao público máis cativo.

    Esta fin de semana, ábrese o programa cun pase dobre de domingo, con Comenoites (ás 12:00 horas) e A galiña azul (ás 17:00 horas).

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica