CONTACTO

  • Nadal 2017
  • Axenda
  • EdC
  • Programa infantil
  • Volver

    XXII Concurso de Beléns Públicos NADAL 2017

    Ourense, decembro de 2017.-

    Enlace ás bases.
     
    O Concello de Ourense convoca a edición número 21 do Concurso de Beléns Públicos de Ourense. O certame premiará os mellores nacementos que se expoñan ao público na cidade durante as datas de Nadal, en tres modalidades: entidades, familiares e escolares. As persoas interesadas en participar poden formalizar a inscrición ate o día 14 de decembro, a través do Rexistro Xeral na Casa do Concello. As bases completas pódense consultar na páxina web da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com.
     
    Na categoría de Entidades poderán participar todas as asociacións sen ánimo de lucro e establecementos comerciais debidamente acreditados; e optarán a un primer premio de 400 euros e un segundo de 300. Na categoría Familiares premiaranse con 300 e 200 euros os dous mellores beléns instalados en domicilios particulares, mentres que na categoría escolar daranse premios pola mesma contía a aqueles realizados por alumnos e alumnas de ensino non universitario. 
     
    Tamén haberá un premio especial de 300 € á creatividade e singularidade nos materiais e no deseño xeral da montaxe do Belén, de entre todos os presentados a concurso en todas as categorías. 
     
    Os beléns estarán á vista e/ou abertos ao público en escaparates, vitrinas, mostradores, recunchos, etc. En lugares de máis difícil acceso como en centros de ensino, residencias ou casas particulares, a apertura ao público será como mínimo de dúas horas ao día, dentro do horario comercial, e terán que estar ben sinalizados cun cartel no exterior do edificio.
     
    De acordo coas bases do certame, valoraranse os materiais empregados e os efectos de luz, auga e outras creacións, tendo en conta o seu valor artístico, histórico e relixioso. Primaranse os beléns que sexan de nova elaboración sobre os fixos nun espazo, ou aos que simplemente se lle engadan escenas, elementos decorativos ou se redistribúan os elementos utilizados en anos anteriores. 
    O xurado visitará os beléns os días 20 e 21 de decembro para a súa cualificación e fará pública a decisión o 22 de decembro nos medios de comunicación locais e na web www.ourensecultura.com.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica