CONTACTO

  • Letras Galegas 2018
  • Auditorio
  • EdC
  • Volver

    MAIOS 2018

    Ourense, abril de 2018.-


    Concurso de Maios e Coplas

     


     



    Concurso de Carteis

     

     





    Información sobre o concurso de carteis:



    O Concello convoca un concurso para elixir o cartel anunciador da Festa dos Maios 2018 dotado cun premio de 800 euros



    Ourense, abril de 2018.- 

    O Concello de Ourense convoca un concurso para elixir o cartel anunciador da próxima Festa dos Maios 2018. A Xunta de Goberno Local do pasado xoves aprobou as bases e a convocatoria do certame, que está dotado cun premio de 800 euros para o autor ou a autora da obra gañadora. O prazo de presentación de propostas estará aberto ate o día 21 de abril.

    O concurso está convocado desde a Concellería de Cultura co obxectivo de fomentar a participación nas actividades que forman o ciclo festivo da cidade,. Está aberto á participación de toda persoa física ou xurídica, que deberán presentar traballos representantivos e relacionados coa festividade dos Maios na cidade de Ourense. Ademais, deberán incluír obrigatoriamente o texto "Maios, Festa de interese turístico". Posteriormente, un xurado formado por representantes dos servizos técnicos municipais e persoas do mundo da arte elixirán o cartel gañador.

    Os traballos deberanse presentar a través do Rexistro Xeral do Concello. As persoas interesadas poden consultar as bases na páxina web da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com.




    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica