Volver

AUTORIZACIÓN DE FESTAS
 
(Impreso de autorización)

As entidades locais, de acordo co establecido na Lei de Medidas Urxentes derivada da entrada en
vigor da Lei 9/2013 do 19 de decembro, do Emprendemento e da Competitividade Económica de
Galicia, seguen a ser competentes para outorgar as licenzas en materia de verbenas e festas
populares, no caso de que se vaian a utilizar escenarios e/ou estruturas móbiles, debendo para elo
aplicar o artigo 42 da Lei de Emprendemento e Competitividade Económica de Galicia, polo que
pomos no seu coñecemento que para abrir un expediente de autorización de festas hai que
entregar a seguinte documentación:
 
1. Impreso de solicitude debidamente cumprimentado polo organizador do espectáculo (ou
representante acreditado), indicando persoa responsable indicando enderezo, núm. de móbil,
correo electrónico e fotocopia do DNI.
 
2. Póliza e recibo de pagamento do seguro de Responsabilidade Civil, que deberá ser pola
totalidade dos días que duren as festas incluíndo os días de montaxe e desmonte das atraccións,
carpas e/ou escenarios.
 
3. Permiso específico da Asociación de Veciños correspondente.
 
4. Plano de emprazamento onde se delimite o “recinto festivo” e a localización das estruturas
móbiles (palcos, feirantes, carpas, etc.).
 
5. Memoria das festas onde conste: programa, previsión de asistencia e relación de todas as
actividades que se van realizar dende o primeiro día de montaxe ata o último día de desmonte.
 
6. Compromiso asumido por un técnico competente (enxeñeiro, enxeñeiro técnico e/ou arquitecto) e
visado do Certificado de Montaxe das instalacións, atraccións de feira, carpas e escenarios.
 
7. Plan de autoprotección cando o aforo sexa igual ou superior a 20.000 persoas.
 
8. Grupo electróxeno ou cadro eléctrico: autorización de Industria, certificado de instalación, póliza
e recibo do seguro de RC.
 
9. O rquestras: permiso de circulación, póliza e recibo do seguro, ITV e certificado de idoneidade
asinado por un técnico competente.
 
10. Carpas: póliza e seguro de responsabilidade civil, certificado de idoneidade e de montaxe
asinados por un técnico competente.
 
11. Atraccións de feira: xustificante de ter aboadas as taxas de ocupación de solo público, póliza e
seguro de responsabilidade civil, certificado de idoneidade e de montaxe asinados por un técnico
competente e documentación do grupo electróxeno (autorización de industria e certificado de
instalación eléctrica).
 
12. Pirotecnia: plano da cartografía municipal do lugar de disparo, copia da comunicación
presentada na Subdelegación do Goberno de Ourense, identificación da empresa de expertos que
realice o espectáculo así como dos expertos que participen, póliza e seguro de responsabilidade
civil con cobertura mínima de 600.000 €, relación polo miúdo dos artificios pirotécnicos (tipo,
número, cantidade, tempo, etc) dos fogos artificiais.
No caso de exceder de 100 kg, tamén será necesario presentar un Plan de Seguridade.

A documentación deberá ser entregada no Rexistro Xeral do Concello, a lo menos, dous
meses de antelación á data prevista de inicio das festas.