CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - CENTRO MUNICIPAL ÁNGEL VALENTE

    O Centro Cultural Ángel Valente, é un espazo situado no edificio que albergaba a antiga sede do banco de España en Ourense. Trátase da planta baixa, que está destinada a sala multiusos do Concello de Ourense. O resto do edificio (plantas superiores) adícanse a sede da Xerencia Territorial de Catastro.


    O edificio:
     
    Juan de Zavala Lafora e José Yarnoz Larrosa, arquitectos do proxecto orixinal

    O proxecto orixinal, datado en agosto de 1928, foi realizado polos arquitectos Juan de Zavala Lafora e José Yarnoz Larrosa. Zabala foi un dos convidados por Le Corbusier en La Sarraz (Suiza) para a fundación da CIRPAC (Comité Internacional para a Resolución dos problemas da Arquitectura Contemporánea), en xuño de 1928 e José Yarnoz Larrosa que co seu traballo con Modesto López Otero no proxecto da Exposición Universal de Madrid, acadou a Medalla de Ouro de Belas Artes. Ademáis en 1927, deseña xunto a Luis Menéndez Pidal a ampliación da sede central del Banco de España en Madrid, así como en colaboración con outros arquitectos, numerosas sedes provinciais da institución. En 1944 ingresou en la Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid.

    O proxecto de rehabilitación

    O novo proxecto de rehabilitación, realizado polos arquitectos Alfredo Freixedo e Pedro Diéguez, en agosto de 2010, tenta por en servizo un colector con protección patrimonial, adaptándoo a un novo uso. Mentras que orixinalmente, as plantas baixa e sótano e as vivendas das plantas superiores tiñan un uso administrativo, agora a planta baixa e o soto empréganse cun uso multidisciplinar, e as vivendas dasplantas superiores manteñen o uso administrativo, sendo ocupadas pola Xerencia Territorial de Catastro.

    A planta baixa, empregando a entrada principal ao edificio, destínase a sala multiusos do Concello de Ourense
     
    Os dous usos son independentes, habilitando un novo acceso para as oficinas de Catastro pola rúa Concordia.
     
    A obra de rehabilitación consistiu no vaciado interior do edificio, respectando a tipoloxía do proxecto orixinal e os espazos que teñen especial interese patrimonial.

    Polo tanto, consérvase a pel exterior, incluídas as carpinterías da planta baixa e a configuración espacial da planta nobre, reconvertindo o despacho do director do banco nunha sala de prensa e mantendo as decoracións e materiais orixinais. Un acordo entre os materiais nobres tradicionais e as novas solucións constructivas, que se adecuan aos novos usos, poñendo gran énfase na iluminación, a acústica e a supresión de barreiras arquitectónicas.

    O máis destacado é o patio central do edificio, que recupera as súas dimensións orixinais, e que se cobre en cuberta cunha cúpula reticulada de vidro. A planta baixa pecha o patio na súa parte superior coa elegante vidrieira orixinal, que aporta luz natural ao espazo. En plantas altas, este patio cuberto serve de colchón térmico ao interior do edificio e de referencia visual e desafogo para tódolos usuarios e usuarias.

    Neste enlace hai información sobre a rehabilitación e a primeira exposición que acolleu, titulada Identidade e ausencia, pertencente á colección de arte contemporánea Gas Natural Unión Fenosa.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica