CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    Ourense, agosto de 2018

    O vindeiro día 15 de setembro terá lugar a celebración do Entroido de Verán na cidade de Ourense. Coa finalidade de animar a persoas e grupos a participar nesta actividade, a Concellaría de Cultura, convoca un concurso de disfraces dotado con máis de 1.500 euros en premios. As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 11 de setembro, presencialmente ou a través de correo electrónico.

    Poderán participar grupos, parellas, e tamén persoas a título individual, que desexen acudir ao desfile, que sairá ás 21;30 horas da Praza Maior, e percorrerá a rúa Lamas Carvajal, Praza de Santa Eufemia, rúa da Paz, praza do Ferro, rúa dos Fornos, para rematar na praza do Correxidor. A entrega de premios será nesta última praza.

    Haberá premios nas categorías:

    - Individual: Primeiro 250€, Segundo 150€, Terceiro 100€ e 5 accesits de 50€

    - Parellas: Primeiro 200€, Segundo 150€ e Terceiro 100€

    - Grupos (máis de 4 persoas): Primeiro 350€, Segundo 250€ e Terceiro 150€

    - Especial á mellor foto colgada no Facebook “Entroido de verán en Ourense”: 75€


    A inscrición realizarase na Concellaría de Cultura, sita na rúa da Canle 2 (Auditorio Municipal) en horario de atención ao público (09:00 a 14:30 horas), ou a través do correo electrónico cultura@ourense.es, ata o día 11 de setembro ás 13,00h.
     

    Acceso ás bases completas.

    Ficha de inscrición.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica