• Maios 2017
  • Miteu
  • Premio poesía cidade de Ourense
  • Programación Infantil Auditorio Municipal
  • Apego
  • Volver

    Presentación do VI Certame de Cinema OUFF escola
     
    Ourense, martes 17 de marzo de 2015.-
     
    A concellería de Cultura e o Festival de Cine Internacional de Ourense convocan o VI Certame de Cinema escolar OUFF escola.
     
    O OUFF escola, é un concurso que ten como obxectivo o fomento da participación do alumnado en proxectos audiovisuais, impulsar a creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma galego. Tamén pretende potenciar  a utilización das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra audiovisual feito nas aulas.
    Trátase da VI edición deste certame, que se convoca dentro da 20º edición do Festival de Cine Internacional de Ourense correspondente a este ano – a celebrar entre o 14 e o 22 de novembro de 2015 -. A convocatoria está dirixida a todo o alumnado de centros públicos e privados de Galicia e aos de fora de Galicia que teñan materias en lingua galega. Na pasada edición bateuse o récord de participación con 76 traballos presentados que implicaron a máis de 2.000 participantes – chegados ata de Reino Unido -.
     
    A data límite para presentación de traballos é o 30 de xullo de 2015 e establécense dúas categorías, unha para infantil e primaria, e outra para outros niveis de ensino non universitario. Para ambas hai dous premios de 600 e 400 euros respectivamente, xunto cun terceiro premio Blanco Amor ao Mellor Guión, cunha dotación de 300 euros.
     
    Toda a información da inscrición está na páxina web do festival www.ouff.org, e os traballos enviaranse ao enderezo da Concellería de Cultura – Praza de San Martiño, 2 – 1º andar, 32005 Ourense -.

    Descargar bases OUFF 2015



    ENLACE PÁXINA WEB OUFF ESCOLA CINE (FESTIVAL DE CINE DE OURENSE)

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica