• Premio poesía cidade de Ourense
  • Programación Infantil Auditorio Municipal
  • Prego
  • Apego
  • Ou cultura
  • Volver

    Ourense, 19 de novembro de 2016.- O gañador do XVII Premio Risco de Creación Literaria recaeu en Benigno Yáñez Pérez, de Boiro, e xornalista en Vilagarcía de Arousa. A obra é: Os donos das cinsas. Trátase dunha radiografía da actualidade, trama actual situada no rural, consecución do pulso narrativo. Foi escollida por maioría do xurado.
     
    XVII edición do Premio Risco de creación  literaria, é unha convocatoria anual do Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco, co fin de abranguer os diferentes campos da obra, non só de quen foi veciño ilustre desta vila, don Vicente Martínez-Risco e Agüero, senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez-Risco Fernández, veciños que foron desta ilustre cidade.
    O xurado desta edición estivo composto por:
    • Pablo Fernández Barba, gañador da pasada edición
    • Carlos Rafael Ramos, poeta e activista cultural
    • Llerena Perozo Porteiro, crítica literaria
    • David Cortizo Conde, editor de Urco Editora
    • Luís Martínez-Risco Daviña, en representación da Fundación Vicente Risco