• Verán Cultural
  • Tempo
  • Premio Risco
  • Estridencias
  • Apego
  • Volver

    Ourense, maio de 2017. O Concello de Ourense quere lembrar a todas as persoas interesadas que ata o sábado, día 20 de maio, está aberto o prazo para presentar propostas para o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de Ourense 2017.

    O certame está dotado cun premio por importe de 1.000 euros. Repetindo o modelo seguido no pasado ano 2016, o concurso desenvolverase en dúas fases. Un xurado designado polo Concello elixirá 5 carteis, que se exporán ao público para que os propios veciños e veciñas da cidade decidan o gañador, a través dunha votación popular, por vía telemática. As bases do concurso pódense consultar nas webs do Concello e da Concellería de Cultura.

    Os carteis serán representativos e relacionados coas Festas da cidade de Ourense. Poderá concursar toda persoa física ou xurídica, entregando os traballos no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Festas 2017” e debaixo un pseudónimo ou lema; dentro deste, nun sobre pechado, no que figurará por fóra o mesmo pseudónimo ou lema, os datos de identificación, enderezo e teléfono. Só se abrirá o sobre da obra que resulte premiada.

    Os carteis deberán de incluír obrigatoriamente o seguinte texto: “Festas de Ourense 2017”. A obra deberá ser orixinal e inédita, non debendo ter sido premiada anteriormente nin atoparse pendente da resolución do xurado noutros concursos.

    O xurado valorará o conxunto de propostas presentadas tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. De entre os traballos recibidos, seleccionará 5 para que se expoñan ao público e o gañador sexa elixido mediante votación aberta á cidadanía.

     

    Ourense, maio de 2017.

    Capturar a arte das rúas de Ourense e plasmala sobre o lenzo e na cámara de fotos é o obxectivo da terceira edición dos concursos de Pintura Rápida e do Maratón de Fotografía Cidade de Ourense, que se celebrarán as vindeiras fines de semana (27 de maio e 3-4 de xuño respectivamente) na nosa cidade. Con preto de 5.000 euros de premios en metálico, as dúas actividades concíbense coma o mellor xeito de darlle visibilidade á arte urbana e de dinamizar a vida cultural en Ourense.

     

    Pintura rápida, sábado 27 de maio. O concurso de Pintura Rápida celebrarase o sábado 27 desde as 9:00 horas da mañá, momento no que a organización -a asociación cultural LADDO- comezará a selar os soportes: un por participante, montado sobre bastidor ou estrutura ríxida e inferior aos 120cm. no seu lado máis longo. Os interesados, que deberán inscribirse no enderezo concursopintura[arroba]ourense.es ou na mesma sala Valente até as 11:30 horas, deberán entregar os traballos entre as 16:00 e 17:00 horas no espazo expositivo da rúa do Paseo, onde serán expostos até as 21:30 horas.

     

    O xurado considerará a orixinalidade das obras, a calidade técnica e a calidade artística. Os premios serán os seguintes: un primeiro premio de 1.200 euros, un segundo de 600 euros e un terceiro de 400 euros, así como 3 mencións especiais de 100 euros.

     

    Maratón de Fotografía, sábado 3 e domingo 4 de xuño. Para a fin de semana seguinte, a Concellería de Cultura abre o concurso a todos os entusiastas da fotografía que queiran probar o seu talento botando un pulso na rúa. Baixo o paraugas da fotografía urbana, as propostas deben ser capaces de ser avaliadas de forma conxunta coma unha serie.

     

    Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de idade, que formalicen a súa inscrición, de forma gratuíta, no punto de control emprazado na sala Valente entre as 11:00 e as 11:45 horas ou a través do enderezo de correo fotomaraton[arroba]ourense.es. Ás 12:00 horas darase a saída coo primeiro dos temas propostos pola organización, e así ata en catro ocasións. As imaxes serán entregadas no punto de control antes das 11:00 horas do domingo 4. As fotografías deberán facerse nos límites do Concello de Ourense, para o que os participantes poderán empregar o transporte público de balde.

     

    O xurado considerará a coherencia da serie fotográfica, a orixinalidade, a calidade técnica e artística. Os premios serán os seguintes: 1.000 euros para a mellor serie fotográfica, 500 para a segunda mellor e 300 para a terceira; ademais haberá 4 mencións especiais de 100 euros á mellor fotografía de cada serie.

     
    Ourense, 13 de maio de 2017

    As Festas de Ourense 2017 amplían a súa programación co Enofestival Ourense 2017, que se celebrará o día 1 de xullo, de 20:30 a 0:30 horas no Bulevar Termal de As Burgas. O certame márcase como obxectivo promocionar a cultura do viño, contando coa presenza de adegas e colleiteiros/as da provincia de Ourense, cun perfil definido: viños auténticos, de “autor”, deses que “namoran” ao consumidor, que priman o respecto ao viñedo e utilizan os métodos máis tradicionais, apoiados nas novas tecnoloxías.
    Para buscar unha “maridaxe” perfecta, festiva e atractiva, a gastronomía estará presente con propostas locais “km 0”. A música será tamén fío condutor do evento, en formato festival, con 3 grupos enmarcados no estilo pop-rock actual.
    Esta terceira edición do Enofestival Ourense volve apostar polo Bulevar Termal de As Burgas, unlugar emblemático da cidade, cun recinto axardinado idóneo para a celebración de eventos de pequeno formato. O elenco musical da edición 2017 sobe enteiros, coa presenza de importantes bandas do panorama nacional.

    MCarballo Band será a representación ourensá. Un grupo consolidado co guitarrista Manuel Carballo como maior referencia. Seguiranlle no escenario The Limboos, un dos grupos máis importantes do Rhythm and Bluesna escena nacional. Banda emerxente, chamada a ocupar un lugar destacado nos vindeiros anos.

    E como colofón, Arizona Baby, banda cun estilo pop-country característico, que triunfa xa en toda España, tras unha sólida traxectoria de 14 anos e 4 discos editados. Formada por Javier Vielba (voz e guitarra), Rubén Marrón (guitarra) e Guillermo Aragón (batería e percusións), músicos que compatibilizan a banda con proxectos en solitario e a colaboración con outro referente como son Los Coronas nun proxecto paralelo: Corizonas.
    A banda de Valladolid, é unha presenza habitual nos mellores festivais pop-rock nacionais, ven darlle un salto de calidade a esta terceira edición del festival.

    Para acompañar a música, estarán presentes 6 bodegas das denominacións de orixe de Ourense, que ofrecerán os seus viños ás persoas asistentes. Tamén haberá unha zona de gastronomía, e venderanse bebidas sen alcol.
    O evento ten aforo limitado, para garantir a comodidade e seguridade dos asistentes. En próximas datas presentarase o cartel oficial da edición 2017, e comezará la venta de entradas, tanto online como en puntos físicos na cidade: 6 euros anticipada (gastos de distribución) e 8 euros na billeteira.

    Citas con Iván Ferreiro e Sweet California
    Esta é a terceira confirmación k musical do programa das Festas de Ourense que organiza o Concello de Ourense, que arrancarán coa actuación de Iván Ferreiro (24 de xuño, 22:30 horas, trala lectura do pregón na Praza Maior) que dará inicio ás Festas, dentro da xira que o artista vigués realiza para presentar as cancións do seu novo álbum, Casa (Warner Music, 2016).
    Outra das citas máis populares será co trío Sweet California, o 30 de xuño no Xardín do Posío. As entradas están xa á venta en ticketea.com(5€ venta anticipada e 7€ en taquilla o día do concerto).

    Autorización para menores
    A día de hoxe xa van 480 entradas vendidas para este concerto, ao que poderán asistir menores de idade, sempre que os seus pais o autoricen. O documento de autorización xa se pode descargar en ticketea, na web ourensecultura.com e na propia billeteira do concerto
    Menores de 0 a 12 anos, poderán acceder adquirindo a entranda, cubrindo o formulario e acompañdos polos pais, nais ou titores/as. Menores de idade de entre 13 e 17 anospoderán acceder adquirindo entrada nas mesmas condicións que as persoas adultas, sen necesidade de ir acompañados/as, pero tamén terán que cubrir e entregar este documento nos accesos ao recinto.

    Sweet Californialeva publicados tes álbums que acumulan éxito tras éxito nas listas de vendas, discos de ouro e platino, con máis de 100.00 copias vendidas, que converten a este grupo pop feminino nun dos maiores fenómenos musicais da actualidade no noso país. 

    Ourense, 11 de maio de 2017.

    A representación de “Os mortos daquel verán”, abrirá mañá, venres 12 de maio, o programa de actividades organizadas polo Concello de Ourense con motivo da Semana das Letras Galegas, en homenaxe ao escritor ourensán Carlos Casares.

     

    O Auditorio Municipal acollerá ás 20:30horas a estrea da aproximación escénica de Talía Teatro e do Centro Dramático Galego á novela “Os mortos daquel verán”. A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da guerra civil, pon en marcha unha investigación xudicial na que unha rica galería de personaxes irá achegando o seu testemuño para intentar esclarecer o caso. A rivalidade entre as forzas progresistas, representadas polo mesmo boticario e un sindicalista ao que se busca en relación co suceso; e as reaccionarias, encabezadas polo propietario da fábrica local e o cura da parroquia, vaise debuxando a través das páxinas do informe do investigador do caso.

     

    A obra está dirixida por Artur Trillo e interpretada por Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Xurxo Barcala.

     

    A entrada é gratuíta ata completar aforo

     

    Coa representación teatral comeza un programa de actividades organizadas polo Concello para celebrar as Letras Galegas 2017, que continuará coas seguintes propostas:

     

    • Luns 15, 11.30h - Praza de San Martiño

    Actividade escolar e actuación de Raquel Queizás

     

    • Martes 16, 12h - Salón de Plenos do Concello de Ourense

    Acto institucional en homenaxe a Carlos Casares

    • 13.00h - Xardíns Bispo Cesáreo

    Descuberta da placa - escultura de Xosé Cid.

     

    • 20.30h - Auditorio Municipal.

    Concerto Letras Galegas a cargo da Real Filharmonía de Galicia, organizado polo Consello da Cultura Galega.

     

    • Mércores 17, 11h a 21h - rúa do Paseo

    Postos de venda das librerías ourensás

    • 11.30h - Centro Cultural A. Valente Punto de encontro do Roteiro Carlos Casares

    • 12h - C.C. A. Valente. Actividade infantil: Carlos Casares con maxia e música

    • 13h - rúa do Paseo (á altura C.C. A. Valente) “Cantata e fuga para Carlos Casares”. Actuación musical de Emilio Rúa coas palabras de Carlos Caneiro.

     

    Todas estas actividades súmanse á exposición que agora mesmo se pode visitar na Sala Valente até o 21 de maio Os mundos de Carlos Casares, a exposición central sobre a figura, a obra e o tempo do autor, con máis de 500 pezas intrinsecamente ligadas á súa vida.

     

    Pola súa banda, o Auditorio Municipal acolle ata o día 16 de xuño a exposición realizada por escolares do CEIP José García García Mende co gallo das Letras Galegas 2017. A mostra réndelle homenaxe a Carlos Casares e recolle o traballo realizado por alumnos e alumnas deste centro que ilustraron tres contos da obra “Vento Ferido”, do escritor ourensán. Cada escolar elixiu un momento do libro e elaborou un gravado coa técnica da linografía, facendo a matriz e a edición no obradoiro da aula de plástica.

     

    Ourense, maio de 2017.
     

    (enlace ao roteiro en pdf)

    O Concello de Ourense vén de presentar a batería de actividades coas que queren poñer en valor a figura de Carlos Casares co gallo do Día das Letras 2017. “Unha forma de divulgar as moitas facianas do homenaxeado das Letras Galegas, e unha forma, tamén, de amosar unha parte de nós, como ourensáns, que Carlos Casares levou sempre con moito orgullo”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. O rexedor estivo acompañado no Salón de Plenos polo presidente da Fundación Carlos Casares, Javier Casares, quen agradeceu a implicación das institucións na memoria do escritor, e pola concelleira de Cultura, Belén Iglesias, que debullou as actividades elaboradas desde o departamento de Cultura. Así, o calendario queda como segue:

     

    • Venres 12,20.30h - Auditorio Municipal

    Os mortos daquel verán, (Talía Teatro), estrea da adaptación da obra de Carlos Casares.

    • Luns 15, 11.30h - Praza de San Martiño

    Actividade escolar e actuación de Raquel Queizás

    • Martes 16, 13.00h - Xardíns Bispo Cesáreo

    Descuberta da placa homenaxe a Carlos Casares de Xosé Cid

    • 20.30h - Auditorio Municipal.

    Concerto Letras Galegas a cargo da Real Filharmonía de Galicia, organizado polo Consello da Cultura Galega.

    • Mércores 17, 11h a 21h - rúa do Paseo

    Postos de venda das librerías ourensás

    • 11.30h - Centro Cultural A. Valente Punto de encontro do Roteiro Carlos Casares

    • 12h - C.C. A. Valente. Actividade infantil: Carlos Casares con maxia e música

    • 13h - rúa do Paseo (á altura C.C. A. Valente) “Cantata e fuga para Carlos Casares”. Actuación musical de Emilio Rúa coas palabras de Carlos Caneiro.

     

    Todas estas actividades súmanse á exposición que agora mesmo se pode visitar na Sala Valente até o 21 de maio Os mundos de Carlos Casares, a exposición central sobre a figura, a obra e o tempo do autor, con máis de 500 pezas intrinsecamente ligadas á súa vida.

     

    Ourense, 3 de maio de 2017

    O Concello de Ourense convoca un concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de Ourense 2017. Desde esta semana e ata o día 20 de maio está aberto o prazo para presentar propostas ao certame, que está dotado cun premio por importe de 1.000 euros. Repetindo o modelo seguido no pasado ano 2016, o concurso desenvolverase en dúas fases. Un xurado designado polo Concello elixirá 5 carteis, que se exporán ao público para que os propios veciños e veciñas da cidade decidan o gañador, a través dunha votación popular, por vía telemática.
     

    As bases do concurso pódense consultar nas páxinas web do Concello e da Concellería de Cultura (http://www.ourensecultura.com/Avisos/detalles/83)
     

    Os carteis serán representativos e estarán relacionados coas Festas da cidade de Ourense. Poderá concursar toda persoa física ou xurídica, entregando os traballos no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Festas 2017” e debaixo un pseudónimo ou lema; dentro deste, nun sobre pechado, no que figurará por fóra o mesmo pseudónimo ou lema, os datos de identificación, enderezo e teléfono. Só se abrirá o sobre da obra que resulte premiada.

    Os carteis deberán de incluír obrigatoriamente o seguinte texto: “Festas de Ourense 2017”. A obra deberá ser orixinal e inédita, non debendo ter sido premiada anteriormente nin atoparse pendente da resolución do xurado noutros concursos.
     

    O xurado valorará o conxunto de propostas presentadas tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. De entre os traballos recibidos, seleccionará 5 para que se expoñan ao público e o gañador sexa elixido mediante votación aberta á cidadanía.

     

    Ourense, maio de 2017.

    A rúa do Paseo será unha romaría este domingo coa tradicional celebración dos Maios, declarada Festa de Interese Turístico. As actividades, presentadas esta mañá en rolda de prensa no Auditorio coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, da concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e da técnica da Concellería, María Díaz, inclúen todos os elementos dunha romaría: maios, coplas, actuacións de grupos de gaitas e actividades para os máis pequenos. “En plena efervescencia da primavera, en Ourense agroma unha das súas festas máis singulares, unha das súas manifestacións etnográficas máis arraigadas”, dixo o rexedor.

     

    A romaría regresa este ano á rúa do Paseo, xa que “a Alameda está próxima a ser ocupada para o traslado dos praceiros, esta semana esta prevista a sinatura da acta de replanteo para dar comezo á obra da instalación provisional”, aclarou Vázquez Abad.

    O programa para este domingo é como segue:

    • 11.00h Colocación dos Maios

    • 11.30 Animación de rúa cos Gaiteiros da Escola de música tradicional “De pé feito” e

    • cabezudos

    • 11.30-14.00 Xogos populares e obradoiros de enredos naturais

    • 12.00h Paseo do xurado polos maios e canto de coplas

    • 16.30 Animación de rúa cos gaiteiros “Os Daniñas”

    • 18.30 Entrega de premios e canto de coplas gañadoras

    • 19.00 Actuación musical Orquestra Os Modernos

    • Durante todo o día, unha persoa elaborará un maio para os asistentes.


     

    A xornada festiva coincidirá, lembrou o alcalde en rolda de prensa, con outras actividades coma a ICCWeek, o Concurso de Pinchos Sabores de Ourense, a Feira de Artesanía, a Shopping Night e as celebracións do Día das Letras Galegas, entre outras, que fan da nosa cidade “un polo de atracción turística”.

     
    Ourense, 29 de abril de 2017.
     
    Será na Praza Maior, o sábado 24 de xuño a partir das 22:30 horas, nada máis remate a lectura do pregón que dará inicio ás Festas de Ourense 2017, e que se prolongarán ata o 2 de xullo.
    Nese momento, o artista vigués Iván Ferreiro sairá ao escenario para quecer o ambiente da cidade empezando a debullar as cancións do seu novo álbum, Casa (Warner Music, 2016).
    Trátase da segunda confirmación de cartel das Festas de Ourense, logo da xa adiantada das Sweet California, que actuarán o 30 de xuño no Xardín do Posío. As entradas están xa á venta en ticketea.com (5€ venta anticipada e 7€ en taquilla o día do concerto).
    O concerto de Iván Ferreiro será gratuito e forma parte da Xira de “Casa” o seu séptimo álbum en solitario, logo dos 13 anos que foi líder, cantante e compositor principal do grupo “Los Piratas”, banda de rock fundada en Vigo en 1991 e que foi considerado un dos grupos máis influintes na escena pop e rock en España. 
    Páxinas: 1 2 3 4 5 ... Último 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica