CONTACTO

  • Letras Galegas 2018
  • Auditorio
  • EdC
  • Volver

    Ourense, 13 de novembro de 2013.-
     
    Tras a presentación da 18º Edición do Festival Internacional de Cine de Ourense no día de onte, a Concellería de Cultura reserva outra interesante proposta para este venres 15 de novembro. Trátase da obra de teatro Metrópolis, da compañía de teatro che y moche, que estará no Auditorio a partir das 20.30 h.
     
    Metrópolisé premio Max das artes escénicas, e trátase dunha adaptación da película homónima de Fritz Lang (Metrópolis, 1926), que toma o nome da cidade futurista na que sucede a trama: na cidade xigante do século XXI as máquinas manexadas por un exército de esclavos, realizan todos os traballos.
     
    Os obreiros viven en laberintos subterráneos mentres na superficie, a clase dominante, allea á súa propia tiranía goza da vida nos Xardíns eternos. Freder, o fillo de Fredersen, dono de Metrópolis, queda deslumbrado pola beleza de María e lánzase na súa persecución descubrindo a pobreza e os sufrimentos do mundo subterráneo de Metrópolis.
     
    Programación Infantil
     
    A maiores, o domingo volve o teatro infantil á Sala Azul coa obra O Príncipe e o Parrulo. Unha pequena historia, tan pequena que só precisa un castelo, unha árbore e unha casa para ser contada. Pero esta pequena historia fala de cousas moi grandes.
     
    Nela, dous pequenos personaxes descobren que non hai nada tan divertido como ter alguén con quen compartir, con quen xogar. Decátanse que non hai nada tan grande coma un amigo.
     
    Todas as entradas están a venda en www.servinova.com, ou dúas horas antes da actuación. 
    Ourense, 13|11|12. O 18 Festival de Cine Internacional de Ourense
    (18OUFF) presentou esta mañá en rolda de prensa as novidades desta nova
    edición, que se desenvolverá do 16 ao 24 de novembro co Auditorio Municipal
    como epicentro de operacións. O alcalde da cidade, Agustín Fernández, a
    concelleira de Cultura, Ana Garrido, o director do Agadic, Jacobo Sutil, e a
    directora do evento, Nora Sola, presentes no evento xunto aos patrocinadores
    da cita, felicitáronse mutuamente “pola continuidade contra todo pronóstico
    dun festival que xa acada a súa decimo oitava edición”, en palabras do rexedor
    ourensán, que suliñou o importante papel que xoga o cine “na promoción de
    Ourense e no desenvolvemento da súa marca”. Sutil, pola súa banda, baseou o
    apoio da administración autonómica a prol “do labor de fomento de encontro
    de profesionais que se fai a través do OUFF, unha cita de pleno dereito e de
    interese no panorama cinematográfico nacional”.
    A directora do Festival, Nora Sola, ensalzou o Auditorio Municipal como lugar
    onde se proxectará a meirande parte da oferta cinematográfica do Festival, e
    lembrou que o Concello de Ourense pon a disposición do público un servizo de
    autobuses diarios desde o Parque de San Lázaro até o Auditorio [Horarios:
    17:00h, 19:30h e 22:00h, e para baixar: 19:15h, 21:45h e 0:40h] e unha
    parada de taxis ao lado da instalación municipal. Para quen veña desde fóra
    de Ourense, viaxar en tren é a oferta máis recomendable, xa que descargando
    un formulario da web do OUFF obterase un 30% de desconto en Renfe.
    Ademais, como novidade desta edición, haberá un servizo de ludoteca
    gratuíto de 17:00 a 22:00 horas para que os cativos non queden desatendidos
    durante as proxeccións.
    As outras sedes do festival serán o Teatro Principal e o Centro Cultural
    Marcos Valcárcel, espazos ambos dependentes da Deputación de Ourense,
    para a que o alcalde de Ourense quixo ter un agradecemento malia non formar
    parte xa da organización do certame.
    Entradas á venda en Novagaliciabanco.es
    As entradas para o 18OUFF xa están á venda a través do portal
    Novagaliciabanco.es e no propio Auditorio Municipal. Todas a un prezo de 3€
    por sesión (agás os bonos de 5 películas, a 12€ e nos mesmos puntos de
    venda, agás para os clientes de NGB, que se o fan a través da súa web terán
    un prezo reducido de 10€). Entre todas elas está a que abrirá o Festival, este
    sábado a partir das 20:30 horas no Auditorio. Falamos de La Conspiración,
    de Pedro Olea, unha cita na que, co director vasco, tamén estarán presentes
    os actores Manuel Morón, Silvia Marsó e Iñaki Miramón. Nesta gala
    incluirase o espectáculo de danza de SóLODOS, de Maruxa Salas.
    Nora Sola adiantou tamén os nomes dos presentadores para as galas do
    18OUFF: catro recoñecidas caras no audiovisual galego, algunha delas vella
    coñecida do Festival. Luís Iglesia, famoso polo seu papel na serie Matalobos,
    será o encargado de conducir a gala de inauguración. A de clausura será
    responsabilidade de Monti Castiñeiras, integrante do xurado internacional
    deste Festival. As dúas galas restantes, as que homenaxearán a Ángel de la
    Cruz e ao propio Pedro Olea, premio Cidade de Ourense deste ano, serán
    presentadas polas actrices Isabel Blanco e Belén Constenla
    respectivamente.
    Outras actividades
    A programación deste 18OUFF inclúe tamén actividades paralelas e gratuítas
    para todos os ourensáns. Da parte formativa encargarase Ángel de la Cruz,
    que impartirá unha masterclass o martes 19 (de acceso libre e gratuíto até
    completar aforo). Pero tamén haberá unha parte lúdica: falamos dos concertos
    en El Tragaluz (praza de San Martiño), que ademáis servirá como punto de
    encontro, da cantautora galego-palestina Najla Shami, o domingo 18, o
    cuarteto Habelas Hainas, o mércores 20, e o cantautor portugués Fred
    Mártins, o xoves 21. A maiores, haberá un concerto máis, no Ateneo de
    Ourense: La Dama de Gris, o proxecto artístico da galega Belén Monís (que
    por certo traballou no OUFF na anterior edición) acompañada ao piano por
    José Carlos González.
    [+INFO sobre programación e horarios en www.OUFF.org]
     
    Ourense, 7 de novembro de 2013.-Un ano máis Ourense achégase ao día de San Martiño, patrón da cidade e periodo no que tradicionalmente celebramos os Magostos, a gran festa do outono. O Concello de Ourense súmase a esta celebración, e organiza actividades para que toda a xente poda participar deste día.  
     
    As 12 h terá lugar na Praza Maior unha actuación da Banda Municipal de Música. A partir desa mesma hora xigantes e cabezudos percorrerán as rúas da zona vella. Xa pola tarde, partir das 17 h, prenderase unha fogueira onde se asarán un total de 800 kilos de castañas. Xunto a isto, instalarase unha carpa na que as persoas que se acheguen poderán degustar outros dos produtos típicos deste periodo como son o bolo preñado e o viño – destes últimos hai 2.000 unidades e 400 litros respectivamente -. Todo isto polo simbólico prezo dun euro. A festa estará amenizada con ambientación musical a cargo de dous grupos de música tradicional que percorrerán as rúas da cidade vella. Non faltarán actividades en forma de obradoiros para as máis pequenas e pequenos.
     
    A parte deste e outros magostos nos barrios da cidade, son moitos os ourensáns que tamén se desprazan ata os montes do contorno para facer as fogueiras e pasar o día de festa. Para iso, o Concello ten habilitado uns modelos de solicitude nos cales se indican as precaucións que se deben tomar para que todo transcorra con total normalidade. Estas instancias tamén inclúen os teléfonos de urxencia ante calquera incidente que puidese acontecer.  
    Ourense, 5 de novembro de 2013.-Unha nova exposición do Outono Fotográfico presentouse esta mañá no Museo Municipal. Narcisos, do artista Diego de los Reyes, que
    estarán na Sala Fondos do Museo Municipal entre os días 5 e 17 de novembro. Á exposición foi presentada pola concelleira de Cultura, Ana Garrido, a Técnica de Áreas Expositivas, Eva Torres e o Coordinador do Outono Fotográfico, Vítor Nieves.
     
    Son un total de 25 imaxes, que oscilan entre os formatos de 30x40 e 100x81. Traballos que pretenden buscar as claves nos procesos de representación e autorepresentación das construccións masculinas. Elixindo imaxes do masculino que definan estes estereotipos ou prototipos da masculinidade acutal. Diego de los Reyes é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid en 2012. Interesado polos conflitos de indentidade, ao igual que polo descobremento e redescobremento de diferentes técnicas de expresión artísticas. Ten participado en distintas exposicións colectivas como 2804 Metros, Hotel Aneto, Zaragoza 2012 e 2013; Drawing Area, El Cubo Soma, Sevilla 2012; Postcards from the Edge, Visual AIDS, New York 2013.
    Tamén foi seleccionado para o II Encontro de Artistas Novos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela dirixido por Rafael Doctor en 2012. 
    Ourense, 4 de novembro de 2013.- Varias son as actividades culturais que propón o Concello de Ourense para esta semana. En primeiro lugar este mércores e xoves o Auditorio Municipal acolle un espectáculo dirixido ao público escolar, Nuncabunca, de Elefante Elegante – con pases ás 10 h e ás 12 h -. Trátase dun espectáculo cómico e poético sen palabras, que se desenvolve nun espazo que evoca a proximidade do mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho constrúe o seu fogar.
     
    O xoves día 7 celébrase unha nova actuación do Ciclo de Música Enclave de Cámara, no Teatro Principal. A cita será a partir das 20.30 h co grupo DÚO ARTclac (Portugal). Un concerto de clarinete e acordeón formado por Paulo Jorge Ferreira e por Carlos Piçarra Alves. Constará de dúas partes e interpretarán pezas propias e tamén de artistas como Rainer Glen Buschmann, Hakon Berge ou Wolfagang Hofman entre outras. Pódense adquirir entradas a partir de 8 €.
     
    O venres teremos un novo concerto da Banda Municipal de Música de Ourense. Será ás 20.00 h na Praza de San Martiño – se chove se traslada ao Centro Municipal Ánxel Valente -. Media hora máis tarde, ás 20.30 h visita o AuditorioNuestra de las Nubes, unha extraordinaria comedia que poderiamos clasificar dentro do realismo máxico. Cunha linguaxe próxima e directa, cargada dun exquisito imaginario poético. Unha memoria amarga, construída con afinado sentido do humor.
     
    O sábado día 9 terá lugar durante toda a xornada o III Festival da Cultura Xorda, organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Ourense (www.apsou.org). E pola tarde chega a Ourense un dos musicais infantiles máis desexados. A Divertirse con Cantajuegos, onde atoparémonos coa habitación dos soños, que transforma os desexos en realidade. Terá dous pases ás 16.30 h é as 19 h da tarde.
     
    Programación Infantil
     
    E para rematar, o domingo ás 12 h temos unha nova cita coa programación infantil da man do Kikirixote, Aventuras e desventuras dun galo de curral. Partindo de Don Quixote como elemento transgresor e inconformista co tempo que lle tocou vivir, xorde o Kikirixote que non quere ser menos e non deixa de ser un chisco unha  caricatura do seu referente clásico.
    Todas as entradas pódense adquirir en www.servinova.com ou dúas horas antes de cada función. 
    Ourense, 31|10|2013. A etiqueta de marca define a proxección exterior dun pobo. E na
    historia desta provincia hai dous elementos marcados con lume: a irrupción da banda Los
    Suaves no panorama musical, e o Caso do Metílico, que levou por diante a vida de centos de
    persoas a principios dos sesenta. O Festival de Cine Internacional de Ourense presentará, na
    súa decimoitava edición (18OUFF), senllos documentais que tratan estes feitos: Viaje al fin
    de la noche (Raúl García, 2013) e Metílico, la bebida de la muerte, de Emilio Ruiz
    Barrachina.
    Máis informacion na web www.ouff.org
     

    Unha nova edición do Outono Fotográfico trae ao Museo Municipal a exposición "Ocultacións e Inexistencias" que mostra os traballos de sete fotógrafos e sete fotógrafas nunha visión do feísmo que asolaga o noso territorio.
    As obras poderanse contemplar ata o día 17 de novembro nas salas I e II do Museo Municipal. A exposición inaugurouse no día de onte, e nela estiveron a concelleira de Cultura, Ana Garrido, o director do Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez, o coordinador do Outono Fotográfico, Vítor Nieves, e a técnica de Áreas Expositivas e Espazos Museísticos, Eva Torres.

     
    Ourense, 28 de outubro de 2013.-Un ano máis, e xa van varios de celebración na nosa cidade, xa está todo preparado para a conmemoración da noite do Samaín, previa ao día de Todos os Santos. O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o técnico da Concellería de Cultura, Manuel Freire (ausente a concelleira por enfermidade) presentaron xunto a asociacións colaboradoras, as actividades que a Concellería de Cultura organiza para os máis pequenos, que se desenvolverán durante a tarde do xoves 31 na Praza da Imprenta.
    A cita será a partir das 17 h da tarde, onde comezará un obradoiro de baleirado de cabazas. Esta actividade que se prolongará durante unhas dúas horas, conta coa colaboración da Asociación Xuvenil Amencer, e coa Asociación Universitaria de Ciencias da Educación. Posteriormente, e coas cabazas perfectamente acicaladas para render homenaxe a esta festa de orixe celta, terá lugar unha procesión que percorrerá varias rúas das zona vella.
    O Samaín era unha das celebracións máis importantes que dominou o período pagano previo ao cristianismo. Os pobos atlánticos festexaban nesta data o “fin da tempada de colleitas”, e era considerado como o ano novo celta. En definitiva, un adeus ao verán, que na cultura ourensana abre o último capítulo do Ciclo Festivo, precedendo a festa de interese turístico dos Magostos. A Asociación de Artesáns tamén colabora nesta iniciativa. 
    Páxinas: Primeiro ... 51 52 53 54 55 ... Último 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica