CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • Programa infantil
  • Volver

    Trátase dos cadros Desastres I, do ano 2012, que executada cunha técnica mixta sobre cartón e tabla, cumple cunhas medidas de 154 cm. x 104 cm. Do mesmo xeito deixa en depósito Desastres II, engadindo a cumplimentación artística das dúas obras. Esta tamén do ano 2012, técnica mixta sobre cartón e tabla medindo 156 cm x 106 cm. Lazcano expresa o seu agradecemento, implicación profesional e interese artístico – cultural do Museo Municipal pola difusión e apoio coas artistas e a súa traxectoria artística dos ourensáns en particular e galegos en xeral. Deste xeito o Museo alcanza o número de inventario nos seus Fondos 1266.  
    Ourense, 7 de febreiro de 2013.-Xa non queda nada para que comece de forma oficial o Entroido 2013. Esta é unha das mais arraigadas celebracións do noso ciclo festivo, e desde logo este ano non vai a ser menos. Para que os veciños e veciñas e tamén os que nos visitan, estes días a cidade de Ourense ten preparada unha ampla oferta de actividades para que toda a xente desfrute do Entroido por todo o alto.
    Mañá venres, a partir das 21.00 h na Praza Maior, terá lugar o primeiro gran evento destes días, o pregón. Ao rematar sairá da propia Praza Maior unha ruada cos Festicultores, que animarán como se merecen as rúas da Cidade Vella. A eles uniráselles a partir das 23.00 h máis animación de rúa coas charangas Dr Antxoa, Trópico de Grelos e Mekánika. Ademais, a partir das 00.00 na Praza do Correxidor haberá sesión Dj´s. 
    Como cada primeiro xoves de mes, ten lugar un novo concerto do ciclo de Música Clásica Sen Batuta. Será a partir das 19.30 (coloquio) e ás 20.30 (concerto) no Paraninfo do IES Otero Pedrayo
    Interpretarán pezas de Wolfgang Amadeus Mozart e Félix Mendelssohn-Bartholdy.En tan só 10 anos de vida como grupo, o Danish String Quartet ten acadado un recoñecemento internaiconal extraordinario. En xanerio de 2012 o cuarteto foi invitado pola prestixiosa Sociedade de Música de Camara do Lincoln Center neoiorquino para interpretar dous programas na súa tempada 2013-2014. Este é o último dos máis salientables logros deste prestixioso grupo. En 2009 non só gañou o Primeiro Premio do XI Concurso de Cuartetos de Londres, senón que foi ademáis galardoado con catro premios especiais máis.

     
    As persoas interesadas terán de prazo ata o día 7 de febreiro ás 14 h. Para eso, deberán dirixirse á concellería de Cultura (Auditorio Municipal, na rúa da Canle), no teléfono 988 391 290, no fax 988 232 577, ou no mail cultura@ourense.es
    Música, teatro, artes escénicas, monólogos entre outros conforman unha ampla oferta de actividades que comezan este domingo coa volta do teatro infantil. Os máis pequenos poderán desfrutar con aventuras pensadas para eles que o día 3 volven coa obra Dous pallasos en máis apuros, da compañía Os Sete Magníficos + 1. Durante o mes de febreiro pasarán polo Auditorio artistas como Ismael Serrano, o pianista Alexey Chernov, ou a estrea da nova producción teatral Gaivotas Subterráneas
    O Museo Municipal alberga esta exposición do artista ourensán de adopción. A obra Miradas duras, Miradas blandas, Juan Manuel Lezcano permanecerá ata o 10 de febreiro do vindeiro 2013 nas Salas I e II.  
    A Xunta de Goberno Local do Concello, celebrada o pasado xoves 24, aprobou as bases da convocatoria da XXIX Edición do Premio de Poesía “Cidade de Ourense”, que organiza a Concellería de Cultura. Este galardón, está dotado cunha cantidade de 6.000 euros é a publicación da obra gañadora. 
     
    Xa está á volta da esquina unha nova edición dunha das festividades máis queridas por todas e todos, o Entroido. Nesta edición de 2013, o Concello de Ourense aposta por unha programación para todos os públicos que sigan a consolidar a cidade como capital do Entroido, nunha provincia que o vive de forma moi especial.
    Un total de 15 charangas realizarán arredor de 50 pases entre os cinco días de festa. Ademáis desta programación, o Concello tamén colabora coa organización dos tradicionais Entroidos da Pita de Eiroás, de Paquita e Nicanor de Seixalbo, e de Frei Canedo na Ponte.
     
    Páxinas: Primeiro ... 52 53 54 55 56 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica