CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    Ourense, martes 28 de abril de 2015.- O vindeiro xoves remata o prazo para inscrición no concurso de Maios e Coplas deste 2015. Este ano o Concello de Ourense completa a programación da Festa dos Maios con diversas actividades culturais para a ponte festiva, entre as que destacan os concertos do XIX Festival de Jazz de Primavera Abe Rábade trío & Real Filharmonía de Galicia que será o venres no Auditorio Municipal e Carles Benavent trío + Antonio Serrano e Raynald Colom o sábado na Praza de Santa Eufemia.
     
    A maiores o mesmo sábado terá lugar un concerto, do coro Aires da Terra: o legado de Feijoo, en homenaxe a don Perfecto Feijoo, un dos pais dos coros galegos. Será no Liceo ás 20 h.
     
    Finalmente o domingo será o festexo dos Maios na Alameda do Concello. A partir das 12 h comezarán as actividades co protagonismo da exposición da creacións que participen no concurso. As actividades completas para estes días están a continuación:
     
    Día 1 de maiodentro do XIX  Festival de Jazz de primavera:Abe Rábade trío &  Real Filharmonía de Galicia. No Auditorio Municipal ás 22.00horas
     
    Día 2 de maio:
    ás 20.00 Concerto do coro Aires da Terra: o legado de Feijoo no Salón Nobre do  Liceo
    ás 23.00 horas dentro do XIX Festival de Jazz de Primavera: Carles Benavent trio+Antonio Serrano e Raynald Colom na Praza de Santa Eufemia.
     
    Día 3 de maio: Festa dos Maios
    a partir das 12.00na Alameda do Concello
    ás 13.00 Concerto da Banda Municipal de música
    de 12.00 a 16.00Sesión Vermú con petiscos
    ás 16.30Xogos e enredos populares
    ás 18.30 Entrega de premios e canto de coplas finalistas 
    Ourense, 22 de abril de 2015.-A Concellería de Cultura do Concello de Ourense presentou esta mañá o espectáculo teatral O corazón de Auria. Esta actividade lévase a cabo con motivo da celebración do día internacional do libro, eesta baseada, no pasado literario da cidade, coma o libro deEduardo Blanco Amor La Catedral y el niño.
    Mañá xoves día 23 ás 20 h, o venres 24 ás 19 h e o sábado 25 ás 12 h e 20 h poñerase en escena esta representación que terá como punto de partida a escalinata da fachada principal da Catedral – na Praza de San Martiño -para continuar facendo o percorrido arredor da propia Catedral pola praza do Trigo seguindo por praza dos Suaves, encarando a rúa Juan de Austria ata a Porta norte para dende alí volver ao lugar onde dera comezo e onde rematará o espectáculo, a Fachada principal da Catedral.
    O corazón de Auriaconcibe á Catedral coma o corazón de Ourense, centro e sé dos seus sentimentos e tamén coma un libro no que conten a historia da cidade. Se o libro alude a un tipo de saber racional, o corazón faino a un saber intuitivo pero non menos veraz. Relacionamos estas dúas formas de saber con Ourense, a cidade da historia e Auria, a cidade da lenda.
    A Catedral será polo tanto a verdadeira protagonista deste espectáculo inédito que foi creado para a ocasión e que pretende pór en valor o patrimonio da cidade ao mesmo tempo que celebramos o día internacional do libro. O Corazón de Auria e unha obra escrita polo dramaturgo Fernando Pedrido e dirixida polo ourensán Tito Asorey.   
    Ourense, 17 de abril de 2015.- Esta mañá presentouse a XIX edición do Festival de Jazz de Primavera. O vindeiro martes 21 será o primeiro concerto, e se prolongará ata o 28 de maio.

    No seguinte enlace podes acceder ao programa.

    E
    nlace do Programa para escolares. 
    O Concello de Ourense convoca os premios da vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense OUFF, que se desenvolverá do día 14 ata o 22 de novembro na cidade.

    O certame ourensán repartirá nesta edición un total de 17.000 euros en premios, que distinguirán á mellor película, director/a, guión e interpretación das películas que se presenten a concurso, xunto co premio do público e especial do xurado.

    Poderán participar no 20OUFF longametraxes producidas en 2014 e 2015, de máis de 60 minutos de duración, tanto de ficción como documentais. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 1 de setembro.

    Enlace ás bases. 
    Ourense, martes 14 de abril de 2015
    Esta mañá o Salón de Plenos municipal acolleu a presentación da XX Edición do Festival Derramerock, que terá lugar o 27 de xuño na explanada de Expourense. Baixo o lema El fin de una época, poderemos escoitar aos Suaves, medalla de ouro e sobre todo orgullo da cidade. Será o único concerto na cidade da xira La música termina, polo tanto, unha das últimas oportunidades para gozar coa nosa lexendaria banda, que puxo voz e letra a toda unha época e a moitas xeracións. 
    Xunto a eles, estarán clásicos do rock estatal como Rosendo, Siniestro Total ou Burning, acompañados de bandas emerxentes locais coma Bergallazo e Contra as cordas. Este elenco compón un cartel de luxo para a semana das festas de Ourense, cubrindo un importante campo da programación cultural nesas datas. 
    Ourense, mércores 8 de abril de 2015.-A concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, presentou esta mañá as bases do Concurso de Maios e Coplas 2015, xunto á técnica de Normalización Linguística, Mónica Valencia. Esta festividade, declarada como Festa de Interese Turístico, se desenvolverá na Alameda do Concello durante o domingo 3 de maio. 
    No concurso poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas dentro das modalidades de Maios e Coplas. No ámbito dos Maios haberá catro categorías: maio enxebre, artístico, creativo – se recupera esta figura – e maio infantil. Por outra banda, nas Coplas valorarase a retranca, a composición o ritmo e a linguaxe utilizada, penalizando o uso de textos de anos anteriores. En total serán 11.000 euros que se concederán en concepto de axudas pola participación e os premios aos gañadores.
    O prazo para presentación de inscricións estará aberto ata o día 30 de abril ás 14 h, e a inscrición dos participantes farase nas dependencias da Concellería de Cultura, na Praza de San Martiño, nº 2 – 1º.
     
    Carta animando á participación
    Desde a concellería de Educación e Cultura, enviarase tamén unha carta animando aos colectivos e asociacións á participación na Festas dos Maios. En especial aos colexios, con dous aspectos novos nas bases deste ano que son o premio para coplas infantís e a incorporación novamente do maio creativo – recreación dos maios podendo incorporar outros elementos que non sexan de orixe vexetal -. 
    Ourense, martes 7 de abril de 2015.-O xoves regresa o ciclo de música Enclave de Cámara coa actuación do Cuarteto Attacca, ás 20.30 h no Teatro Principal. O Cuarteto Attacca é unha das formacións de cámara emerxentes máis destacadas dos Estados Unidos, sendo desde maio de 2014 o novo cuarteto residente do Metropolitan Museum of Art de Nova York. No seu programa interpretarán pezas de Beethoven, Jonh Adams e Leo Janácêck, divididos en dúas partes.
    Pola súa banda, o Auditorio Municipal acollerá o mesmo xoves pola mañá ás 10 h, a Festa da Lingua, actividade onde participarán escolares de diferentes colexios nunha xornada de convivencia con concertos, visitas culturais, xogos tradicionais, encontros con autores... etc. Esta Festa da Lingua terá lugar novamente no Auditorio os días 29 e 30 deste mesmo mes.
    Xa o venres día 10 – ás 10 h e 12 h - o Auditorio recibirá a visita de Odaiko Percussion para ofrecer un concerto a alumnado escolar baixo o título Invención. Esta actividade está organizada por Afundación.
    O sábado ás 20 h, será a quenda das corais nun concerto homenaxe a distintas agrupacións da provincia no seu aniversario. E finalmente o domingo ás 12 h, continúa a programación infantil nesta ocasión co espectáculo Cocido Sinfónico, da compañía Os tres tenedores que ofrecerá un espectáculo dirixido a público infantil maior de 4 anos.
    A maiores, a Banda Municipal de Música de Ourense, continúa cos seus concertos semanais os venres ás 20 h no Liceo
    - Para 8 de cada 10 era a súa primeira visita á cidade, e a estancia media increméntase
     
    - Máis de 400 visitaron o claustro de San Francisco e 800 a Sala Valente durante os días festivos de Semana Santa
     
     
    Ourense, 6 de abril de 2015

    A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Ourense atendeu ao longo da semana pasada un total de 906 persoas, cifras que ratifican a nosa cidade como foco de atención turística. A oferta de turismo termal, gastronómico e de patrimonio histórico artístico que ofrece a cidade logrou captar ata 750 novos visitantes -oito de cada dez-, a maioría procedentes de diferentes puntos da península.
     
    Ourense segue a ser destino preferente de galegos e galegas (277 pasaron pola Oficina durante estes días), pero sobre todo de turistas procedentes alén do Padornelo (645). En canto ás persoas estranxeiras, houbo 28 procedentes de diferentes países europeos e 6 de América.
     
    Os datos recabados confirman que a estancia media vai en aumento. Se ben seguen sendo maioría os que só pasan unha xornada en Ourense (un de cada dous), cada vez máis son os que pasan aquí 2 días (un de cada cinco) ou máis xornadas (un de cada tres).

    Ao longo da semana pasada, dende o 28 de marzo ata o 5 de abril, un total de 906 persoas foron atendidas na Oficina Municipal de Turismo, sita na rúa Isabel la Catolica, nº 2 (baixo os Xardín Padre Feijóo). En 2014 foron 966, mentres que no ano 2010 foron 621.  O 83% (750 persoas) visitaban por primeira vez Ourense. En canto á estancia, foi de 1 día no caso de 438 persoas (o 48% do total), por 178 de 2 días (20%) e 290 que permaneceron en Ourense máis de 2 días (32%).
     
    Se analizamos as datas da fin de semana (días 2 ao 5 de abril), a Oficina de Turismo do Concello prestou atención a 600 persoas (65 máis ca en 2014, cando foron 535 (En 2010 foron 366). O 80% destas persoas visitaban por primeira vez Ourense (477). En canto á estancia media, 306 persoas permanecían na cidade un só día (51%), 113 dous días (19% e 181 máis de 2 días (30%). En canto á procedencia dos visitantes destes 4 días: 183 viñan de Galicia, 407 doutras comunidades españolas, 8 de países europeos e 2 de América.
     
     
    Gran afluencia en visitantes ao claustro de San Francisco
     
    O Claustro de San Francisco rexistrou unha gran acollida de visitantes estes días de Semana Santa. Entre o mércores e o domingo, máis de 400 persoas achegáronse a contemplar o mellor conservado claustro gótico de Galicia. Esta boa cifra, ven tras un mes de marzo mellor ao do ano pasado, cun total de 766 visitantes - 270 máis que no mesmo período en 2014 -. En total desde a apertura do claustro, o Concello de Ourense leva contabilizadas 17.683 visitas.
     
    O perfil de visitante é de tipo nacional, cuns 40 anos, destacando por esta orde: madrileños, cataláns, vascos e valencianos. As persoas estranxeiras que se achegaron ao claustro procedían sobre todo de Portugal, Alemaña ou Italia, e tiñan unha media de idade de 35 anos. O espazo recibiu visitas sobre todo de ourensáns e ourensás o sábado pola tarde, a idade media destes está entre os 50 e 70 anos.
     
    800 persoas achegáronse ao Centro Cultural Valente
     
    Durante a ponte de Semana Santa, o Centro Cultural Valente, contabilizou unhas 800 visitas. Nestes momentos, este espazo cultural acolle a exposición “Ourense imaxinado”, un percorrido por unha cidade imaxinada, inexistente pero recoñecible, a través de dez proxectos non realizados ao longo dun século (1913/2013). A mostra abriuse ao público o martes, e ata onte, máis de 1.000 persoas en total achegáronse a visitala. 
    Páxinas: Primeiro ... 57 58 59 60 61 ... Último 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica