CONTACTO

  • Ndal
  • Ciclo Lírico
  • Expo La Caixa
  • EdC
  • Auditorio
  • Volver

    Ourense, 26 de setembro de 2013.- Entre os días 5 e 18 de outubro terá lugar unha nova edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (Fito). Esta edición, xa é a sexta, e se fai gracias ao esforzo colaborador do Concello de Ourense, a través da Concellería de Cultura, da Deputación de Ourense, e da Universidade de Vigo.
    En total serán 14 espectáculos teatrais de compañías galegas e do resto de España, ademáis de Chile, Dinamarca, Arxentina…Tamén actividades paralelas: animación de rúa, máster class de teatro e obradoiro.
    Podes consultar a programación no seguinte enlace. 

    Ourense, 24 de setembro de 2013.- O vindeiro venres o Auditorio Municipal acolle a estrea da obra de teatro ama – dor. Está dirixida á maiores de 16 anos, e o 50 % da entrada destinarase á colaboración con cáritas, para o colectivo de mulleres vítimas das prostitución. Será a partir das 21.00 h, e ten un prezo de 3 €.Ama – dor, é froito dunha coprodución galaico – portuguesa entre a compañía ASTA (Portugal), e a compañía galega Trécola.

    A presentación tivo lugar esta mañá, e nela estiveron as Concelleiras de Cultura, Ana Garrido, e Igualdade e Benestar Social, Marga Martín, acompañados de Tegra Vázquez – Trécola Teatro – e Rui Pires – da compañía ASTA - con Raquel Doval, en representación de Cáritas. A propia Raquel Doval, impartirá mañá unha conferencia titulada “Míralas: elas teñen voz, ti as podes ver”. Será a partir das 19.30 do serán no Centro Cívico Colón.

    Ama - dor é un espectáculo no que veremos mulleres con soños que se viran en pesadelos. Mulleres, prostitución, poder económico, redes. Mulleres tratadas desde a máis extrema indiferenza, violadas, forza, escravas. Mulleres coma ti, coma min, coma a túa veciña, a túa filla, irmá, nai, avoa... mulleres como mercadoría, enganadas, roubadas... milleiros de mulleres, mulleres...

    A obra de teatro enmárcase dentro do proxecto ad Theatrum, un traballo de investigación e reflexión sobre un dos grandes problemas da nosa sociedade, o tráfico de seres humanos. Está dirixido polo creador Rui Pires, os equipos artísticos e técnicos están compostos por integrantes das dúas compañías. A temática pretende amosar a realidade de persoas que buscan en Europa, no noso país, na nosa cidade unha fuga para a miserable vida que levan nos seus países de orixe.

     

    Ourense, 10 de setembro de 2013.- A concellería de Cultura, a través do Festival de Cine, colabora cun ciclo de documentais que comeza mañá mércores nas escaleiras da Igrexa de Santa María Nai (na Praza Maior). A idea está desenvolvida pola produtora Aleuto Medios Dixitais, e trata de mostrar proxeccións audiovisuais realizadas por autores galegos. As proxeccións serán ás 22.00 horas dos mércores de setembro ata o 2 de outubro incluído.

    Este primeiro mércores día 11, proxectarase o documental “Señora de”, dirixido por Patricia Ferreira, que mostra as testemuñas de varias xeracións de mulleres ás que a historia nin sequera lles permitiu soñar. Testemuñas variadas que representan un amplo espectro de mulleres de diferentes realidades, e que enfrontan por primeira vez os seus recordos e falan do que foi a súa vida.

    Os seguintes documentais serán “Contra a morte” – mércores 18 -, un achegamento á figura poética e humana do poeta monfortino Lois Pereiro; “As Encobras” – o mércores 25 -, e “Marea”, o 2 de outubro.

     
    Ourense, 4 de setembro de 2013.-Co comezo do mes de setembro, novas exposicións dan continuidade á programación que o Museo Municipal ten ao longo do ano. Neste caso os protagonistas son Leticia Osorio e César Biojo, que mostrarán os seus traballos a partir de mañá xoves e ata o vindeiro día 29.
     
    O Concello de Ourense inicia desta forma onovo curso, reafirmando o seu compromiso coa consolidación do proxecto museístico neste caso con dous artistas moi implicados co noso Museo. Leticia Osorio e César Biojo, artistas de nova xeración e íntimamente ligados a nosa cidade, inauguran - mañá ás 20.00 horas – unha exposición en resposta a un intercambio de tendencias a obra multidisciplinar duns artistas que circula no mundo da Arte Contemporánea como creadores de grande proxección.
     
    Ambos creadores, viven a súa implicación artística de maneiras plásticas moi diferentes, pero cun grande compromiso intelectual, xerando unha grande cantidade de resultados artísticos contemporáneos, rozando en ocasións un expresionismo abstracto e unha serie de correntes de vangarda achegándose a un realismo a través de sensacións matéricas totalmente atractivas para o espectador. Os propios Fondos do Museo, albergan desde o ano 2010 a obra Marta Gómez III de César, e Autorretrato, de Leticia, obras de grande formato e que responden aos números de inventario 1265 e 1258 respectivamente.
     
    Dende a cuidada programación anual mostramos a nosa implicación profesional e compromiso co ámbito artístico do noso tempo, convidando a todas e todos a disfrutar do Museo de todos os ourensáns.  
    Ourense, 29 de agosto de 2013.- A decimoitava edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (18OUFF), que se celebrará do 16 ao 24 de novembro de 2013, empraza un ano máis os creadores galegos a presentar as súas obras a un certame que renova o voto de continuidade e a súa aposta polos filmes máis comprometidos e controvertidos temática e formalmente. A data límite para poder enviar traballos é o 25 de setembro, seguindo as instrucións recollidas na páxina web do Festival, data na que se iniciará o proceso de selección para a selección oficial a concurso [longas de ficción de máis de 60 minutos] e os diferentes ciclos fóra de competición.
    O OUFF fai unha chamada moi especial para os cineastas da nosa terra co desexo de converterse en escaparate e plataforma de lanzamento para os seus traballos, independentemente da súa temática, duración ou formato. 
    Ourense, 21 de agosto de 2013.- Xa está dispoñible o soporte co calendario das actuacións da Banda Municipal de Música de Ourense, que se pode consultar no seguinte enlace. Os concertos reanudaranse a partir do mes de outubro, e se prolongarán ata finais de ano. En total a Banda Municipal ofrecerá 13 actuacións. En caso de que a climatoloxía sexa adversa, os concertos programados no exterior, trasladaranse ao Centro Cultural Jose Ángel Valente (Antigo edificio do Banco de España), na rúa do Paseo, nº 20. 

    Ourense, xullo de 2013.- O programa de actividades das Festas da Ponte da comezo mañá mércores 24 coa celebración dun maratón de fútbol sala no CEIP Prácticas. Esta actividade deportiva será o primeiro dos actos dun programa que contará con propostas lúdicas, deportivas e relixiosas que se desenvolverán durante toda a semana.

    A Sociedade Artística Cultural Recreativa La Troya, en colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ourense organizan as actividades. O programa inclúe un maratón de fútbol sala, concertos da Banda de Música Municipal de Ourense, actuacións de seis orquestras (días 25, 26 e 27), o concerto VI Ponterock (cos grupos Malagoiro, Skalingrado e Bastard on parade, o día 26), xunto coa animación de rúa a cargo de charangas, grupos de gaiteiros e xigantes e cabezudos. Tamén haberá unha sesión de fogos artificiais, o día 27 pola noite, entre a Ponte Romana e a Ponte do Milenio. As atraccións festivas estarán instaladas ata o domingo, día 28, que será o tradicional Día do Neno.

    O pregón das festas será a cargo do alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o xoves, 25 de xullo, ás 12 da noite, na rúa Gómez Franqueira.

    Paralelamente ás festas, os días 22 a 27 desenvólvese o Torneo de Padel A Ponte 2013, nas instalacións do club Padel 21. Xunto coas actividades lúdicas e festivas, desenvolveranse os actos litúrxicos, entre os que salienta a misa e procesión na honra de Santiago Apóstol (o xoves, 25), na que participarán a Banda de Música Municipal e a Banda de Gaitas da Deputación, e a misa na honra de San Xoaquín e Santa Ana (día 26) cantada pola Coral de Ruada.

     

    Ourense, 10 de xullo de 2013.- Esta mañá presentouse unha nova exposición que estará os meses de xullo e agosto na Sala I do Museo Municipal. Trátase de Gabinete dun afeccionado, que comprende traballos de máis de 26 protagonistas dun proxecto colectivo que mistura arte e literatura. Entre éstos, 14 son os artistas que expoñen as súas obras – o resto son colaboracións literarias -. A exposición está comisariada por Xosé Carlos Seoane e Rosendo Cid.
    Á presentación asistiron o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Cultura, Ana Garrido, que estiveron acompañados pola Directora de Áreas Expositivas, Eva Torres, e algúns dos protagonistas desta exposición.A inauguración terá lugar esta tarde ás 20.00 h, e ata o 1 de setembro os visitantes poderán contemplar diferentes técnicas de amosar o arte cun engadido literario. Deste xeito, nos ofrecen unha complexa e variada interpretación que toma como punto de partida o libro de Georges Perec: El gabinete de un aficionado (Historia dun cadro), de Editorial Anagrama, e que nos permiten sumerxir no fondo do traballo dunha grande proxección temporal duns creadores que senten a máis auténtica vivenza artística.En definitiva xuventude con contemporaneidade artística, que nos ofrece un interesante compendio nesta sala do Museo e que poderemos gozar neste período artisticamente estival.

     
    Páxinas: Primeiro ... 58 59 60 61 62 ... Último 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica