CONTACTO

  • EdC
  • prem risco
  • Verán cultural
  • Premio poesía
  • Auditorio
  • Volver

    A obra é da artista Ofelia Cardo, e poderase visitar ata o día 2 de xuño

    Ourense, 9 de maio 2013.- Tras a inauguración onte de Arquetipos e Metáforas, exposición de Manolo Ebra para este mes na Sala I do Museo, hoxe queda aberta ao público A un lado e a outro, da artista Ofelia Cardo, que estará na Sala II ata o vindeiro día 2 de xuño.

    As obras da artista Ofelia Cardo, incorporan materiais conformando unha escena artística para crear así unha experiencia visceral ou conceptual no espazo expositivo do Museo. Deste xeito as obras e o espectador pode interactuar e transitar ao carón delas. En total son 18 obras, que conteñen máis de 50 formatos distintos.

    A presentación tivo lugar esta mañá, e contou coa presenza da Concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, a Directora de Espazos Museísticos, Eva Torres, e a artista Ofelia Cardo. Desta maneira, o Museo Municipal da nosa cidade continúa a cumplir co compromiso cos nosos artístas, unha exposición que ten como protagonista a instalación amosando ao público arte puramente contemporáneo. Unha corrente que toma grande impulso a partires da década do 1960, con artistas tan recoñecidos como Marcel Duchamp, Bruce Nauman, Joseph Beuys... que xa empregaban como a nosa artista obxectos cotiáns resignificados como obra artística.

    Ofelia Cardo, mestra da escola de Artes Antón Faílde da nosa cidade, pertence a vida artística municipal dende o 2011 coas obras Cadera e Aun lado y al otro, que corresponde aos números de inventario dos Nosos Fondos, 1242 e 1243 respectivamente.

     
    As obras ocuparán a Sala I do Museo Municipal e poderanse visitar ata o vindeiro 2 de xuño
    Ourense, 8 de maio 2013.-Como cada mes que comeza, o Museo Municipal de Ourense alberga novas exposicións, cumprindo co compromiso de apoio aos artistas. Desta maneira, esta tarde quedará aberta ao público a exposición Arquetipos e Metáforas, do artista ourensán Manolo Ebra. As obras, permanecerán na Sala I do Museo ata o vindeiro 2 de xuño.
     
    A inauguración terá lugar ás 20.00 h, pero esta mañá presentouse públicamente coa presenza do Alcalde de Ourense, Agustín Fernández, a Concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, a Dirección de Espazos Museísticos, Eva Torres, e o Artista, Manolo Ebra.
     
    Durante este mes, a Sala I do Museo da nosa cidade, terá como protagonista a técnica mixta de Ebra, que forma parte da vida artística municipal dende 2010 coas obras da serie Hieratismos Erráticos, “Home pobre”, “Home rico”, correspondentes aos números de inventario dos “Nosos Fondos”, 1212 e 1213 respectivamente. A súa obra, debulla a silueta como liña imaxinaria, e ademáis describe o espectador como o ser que aporta aspecto conceptual activando os significados que en si mesmo encerra. Manolo Ebra, nado no municipio de Porqueira, viaxou como tanto veciños seus a Lausanne en Suíza, e regresou a súa terra para desenvolver os estudos de arquitectura, que lle levan a creatividade sobre o gran formato. Ata hoxe, son máis de vinte as exposicións que levas as costas con numerosos premios, que elevan ao artista a dimensionar unha visión seriamente comprometida coa Arte puramente ourensán. 
    Esta final terá lugar o sábado día 4 no Auditorio de Galicia
     
    Durante toda a xornada, os representantes da comarca de Ourense mediranse con outros cinco colexios de toda Galicia
     
    Ourense, 2 de maio de 2013.-O colexio María Auxiliadora – Salesianos estará o vindeiro sábado representando a comarca de Ourense na final do club de debate, que está impulsada pola coordenadora de traballadoras e traballadores pola normalización lingüística.
    Esta iniciativa de concurso naceu hai anos no Concello de Pontevedra, e é a primeira vez que conta cun colexio da nosa cidade. O equipo do María Auxiliadora competirá despois de recibir unhas xornadas de formación en habilidades para o debate, e conta co apoio do Servizo de Normalización Lingüística  do Concello de Ourense.
    O equipo está preparado por Bibiana Martínez Valladares e ten sete compoñentes que son alumnado de 3ª e 4ª da ESO do citado centro – Mª Alejandra Núñez Lara, José Antonio Martín Benítez, Patricia Salgado González, Ana Tabarés Romero, Catuxa Villar Calvo, Iago Blanco López e Andrea Sanz Cabaleiro -. 
    Ourense, 29 de abril de 2013.
     
    A concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, presentou esta mañá ás actividades correspondentes á Festa dos Maios, o vindeiro domingo 5 de maio. Os Maios corresponden a unha destacada parada dentro do Ciclo Festivo Ourensán, que en Ourense cultiva unha forte tradición. Desde o ano 2001, esta celebración é Festa de Galicia de Interese Turístico.
     
    Na presentación, a concelleira estivo acompañada polos técnicos de Cultura, María Díaz e Manuel Freire, que detallaron o programa previsto para o domingo. O orzamento de actividades suma aproximadamente 3.000 € que se adican sobre todo ao pagamento das actuacións. A maiores están os 11.000 € destinados á remuneración dos premios nas distintas categorías do concurso – maio artístico, enxebre, escolar e coplas -.
     
    Desde ás 11.00 h do domingo día 5, as rúas Lamas Carvajal e Paseo se vestirán de gala coa chegada dos Maios elaborados para a ocasión. De momento 12 son os Maios inscritos, aínda que este ano espérase superar a número doutras edicións – 21 inscritos no 2012 -. A continuación detallamos o programa.
     
     
     

    Domingo, 5 de maio

     
    11.00 Chegada dos Maios Lamas Carvajal – Rúa do Paseo
     
    12.00Animación musical “ Gomes Mouro”
     
    12.00 Comezo docanto das coplas ao pé dos Maios
     
    12.00-14.00 Obradoiro: elaboración do Maio tradicional conxunto.
    Lugar:Xardíns Padre Feijoo
     
    12.00Concerto da Banda Municipal de Música de Ourense
    Lugar:Praza Maior
     
    17.30Animación musical “Gomes Mouro”
    Lugar: Xardíns Padre Feijoo
     
    A continuación entrega de premios do Concurso de Maios e Coplas 2013
     
     
     
    6ª Exposición fotográfica “Maios na Memoria” nos Xardíns Padre Feijoo 
    A decisión está motivada pola venda de entradas, o que deixa esgotado o aforo do Xardín do Posío
     
    Ourense, 26 de abril de 2013.-A Concelleira de Cultura, Ana Garrido, ofreceu esta mañá unha roda de prensa acompañada do productor Enrique Granda, onde informaron de que o concerto do artista Melendi, trasládase de emprazamento para realizarse no recinto de Expourense. Esta decisión se toma despois de que se esgotaran as primeiras entradas postas á venda.
    A actuación do coñecido artista esta prevista para o vindeiro día 21 de xuño, dentro da programación das Festas de Ourense. Tras a masiva venda de entradas ata este momento – en torno a 4.000 - , Concello e organización replantéxanse a ubicación xa que tanta expectación esgota o aforo do Xardín do Posío, que era o sitio para facelo inicialmente. Con este cambio, cúbrense a demanda que os organizadores estiman nun mínimo de 6.000 persoas. O recinto de Expourense alberga as mellores condicións para ubicar o concerto, ademáis de ampliar os medios como un maior escenario, máis equipos de luces e son, pantallas xigantes... Asemade garantízase en maior medida a seguridade ao ser un recinto que cumple todos os requisitos.
    Los Suaves Somos Todos, La Reunión
    Outra das novidades presentadas esta mañá foi o especial “Los Suaves Somos Todos, La Reunión”, unha iniciativa que pretende servir de homenaxe para o histórico grupo Ourensán, e que se incluirá dentro da programación do Festival Derrame rock. Este especial contempla xuntar no escenario por primeira vez a todos os compoñentes de tódalas épocas da historia da banda ao longo dos seus 33 anos de vida. Algo que converterá o concerto nun evento único e histórico.  

    O Auditorio Municipal albergará a partir das 17.00 h este espectáculo que leva máis de catro anos de percorrido por salas de toda España

    Ourense, 24 de abril de 2013.

    O Auditorio Municipal acolle este domingo día 28 de abril unha representación do clásico de L. Frank Baum El Mago de Oz. Desta forma pais, nais, avoas, avós e sobre todo nenos e nenas poderán gozar a partir das 17.00 h das aventuras desta historia convertida en musical, pero que tamén inclúe novidades como maxia e humor entre outras sorpresas.

    O espectáculo representa unha mestura do teatro moderno co teatro familiar, e cunha importante posta en escea, utilizando proxeccións audiovisuais e unha sinxela escenografía que centra a atención no máis importante: os actores. Desta forma El mago de Oz, conta a rocambolesca aventura de Dorothy, unha nena que vive nunha pradera de Kansas, e vese transportada por un tornado ata o mundo de Oz, un lugar máxico onde todos os soños poden facerse realidade.

    O musical contén todas as chaves da narrativa tradicional – seus símbolos e valores -, pero á súa vez explora novos camiños para achegarse ao exixente público do s. XXI. A través da historia e dos personaxes, a obra pretende humanizar a maxia e atender as necesidades do público adulto, eterno esquecido neste tipo de espectáculos, para que toda a familia disfrute dunha experiencia compartida.

    El Mago de Oz, visita Ourense tras catro anos de percorrido e máis de 800 funcións por toda España, que atestiguan o éxito deste clásico. As entradas teñen un prezo de 16 €, e están á venda en www.servinova.com ou na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

     
    Ourense foi a única cidade española que participou xunto ás cidades portuguesas de Évora, Idanha-a-Nova e Mértola, a italiana Ravenna, a búlgara Sliven e a maltesa de Birgu
    O programa Oralities púxose en marcha no 2008, e contribuíu a dinamizar as actividades no ámbito da música tradicional e popular entre as cidades participantes
    O alcalde, Agustín Fernández, e a concelleira de Cultura, Ana Garrido recibiron a representantes dos membros participantes no proxecto, esta mañá no Salón de Plenos
    Ourense, 23 de abril de 2013.-Hoxe ten lugar na nosa cidade a última reunión do programa europeo Oralities, que durante os últimos anos traballou na difusión da música tradicional e a tradición oral. Xunto a Ourense, participaron outras cidades europeas como Évora, Idanha a Nova e Mértola (Portugal), Ravenna (Italia), Sliven (Bulgaria) e Birgu (Malta). Representantes destas cidades (técnicos e o alcalde de Birgu, Malta), foron recibidos esta mañá no Salón de Plenos do Concello polo alcalde, Agustín Fernández, e a concelleira de Cultura, Ana Garrido. Os participantes visitaron a primeira hora da mañá o Centro de Interpretación das Burgas, para, a continuación, proceder á visita ao Concello onde, en xornada de mañá e tarde, ten lugar a última das reunións do programa.
    Este proxecto europeo púxose en marcha a finais do 2008 e a participación de Ourense posibilitou o desenvolvemento de actividades e proxectos en ámbitos nos que a Concellería de Cultura xa traballaba, como son a música tradicional e popular, a tradición oral e a súa valorización. Tamén a creación de festivais de música antiga, do renacemento, ámbitos que se reforzaron coa investigación e a creación de diversos tipos de materiais didácticos.
    Outros obxectivos a desenvolver polo programa Oralities, foron a construción de soportes para preservar, divulgar e recuperar o patrimonio que se inscribe na tradición oral, como foi a creación do “Centro de Recursos da Tradición Oral” – en Évora -, dotado dunha plataforma dixital on-line, que permitiu construír as condicións para a valorización da cultura e do patrimonio material e inmaterial dos territorios participantes, promovendo o diálogo entre as culturas. Este traballo favoreceu a posta en valor de produtos culturais locais para potenciar a expansión do turismo cultural e a construción dunha programación sustentable en rede. Este proxecto permitiu mostrar a nosa cidade alén das fronteiras tradicionais e emerxer así nun escaparate que mostrou as nosas expresións e patrimonio cultural.
    Información
    http://dnn.cm-evora.pt/oralidades/Home/tabid/40/language/pt-PT/Default.aspx 
    Ourense, 23 de abril de 2013.- A Concellaría de Cultura do Concello de Ourense convoca ás empresas interesadas a que presenten as súas ofertas para o deseño, impresión, distribución e colocación dos carteis, programas de man, revistas e carteis publicitarios das Festas de Ourense 2013. Poderán presentar as súas ofertas, cos deseños en formato papel ou electrónico, na Concellaría de Cultura, na rúa da Canle, número 2, antes do próximo 10 de maio de 2013. O Concello resolverá en atención á oferta que considere máis ventaxosa, admitíndose as melloras que as empresas consideren oportunas realizar.

    A empresa ofertante encargarase do deseño, impresión e distribución e/ou colocación de 10.000 revistas, 2.000 carteis, 35.000 programas de man e 30 carteis publicitarios, coas características que se indican, sen coste algún para o Concello. Ademais, terá que depositar na conta do Concello a cantidade de 1.000,00€, a modo de fianza, no suposto de que resulte adxudicataria, cantidade que será reintegrada unha vez recibidos os materiais.

    Os interesados poden consultar as bases na web do Concello de Ourense www.ourense.es. A empresa escollida será a encargada oficialmente de realizar a revista das festas, xestionando a publicidade da revista e do programa de man. A Concellaría de Cultura encargarase de dar o visto e prace con anterioridade á impresión dos carteis, programas, revistas e carteis publicitarios.

     
    Páxinas: Primeiro ... 59 60 61 62 63 ... Último 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica