- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Ourense, mércores 28 de xaneiro de 2014.-O Auditorio Municipal será protagonista esta fin de semana da representación da obra Pequenas Certezas, da compañía ourensá Sarabela Teatro. Trátase dunha historia de cruces, suspense e humor e terá dous pases: o venres e sábado ás 20.30 h.
Estreando febreiro, o domingo día 1 temos a habitual cita coa programación infantil ás 12 h. Baixo o titulo O Espello de Francisquiña, a compañía Danthea Teatro relata a historia dunha rapaza caprichosa e un chisco vaidosa, que quere inmortalizar a súa beleza – que só está na súa cabeza – e que lle pinten un retrato. Está dirixida a público infantil a partir de 6 anos.
Outras actividades da axenda cultural da concellería nos levan ao Liceo venres a partir das 20 h, o Liceo acolle un novo concerto da Banda Municipal. Ademais, este é o último fin de semana de proxeccións da película A Esmorga. Os pases serán o xoves, venres e sábado ás 20.30 h. As entradas poderanse adquirir desde dúas horas antes no mesmo Auditorio.
As entradas para as actuacións pódense adquirir en www.servinova.comou desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo na billeteira do Auditorio.

O pasado venres presentábase no Salón de Plenos a campaña "Nós atendemos en galego", que pretende fomentar o uso do galego concienciando ao comercio local das vantaxes de atender ao público en galego, contando coa particpación de escolares de 10 centros educativos da cidade.
Na rolda de prensa estiveron a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, a técnica de normalización lingüística, Mónica Fernández e Paulino Peña, de Auria, a Coordenadora de equipos de normalización e dinamización lingüística.
Neste enlace pódese descargar a enquisa dirixida aos comercios.

O Concello de Ourense abre o prazo para inscribirse no concurso de Comparsas do Entroido 2015 e a elección de Rei ou Raíña. Este concurso convócase coa vontade de contribuír a dinamizar a vida cultural de Ourense e axudar ás asociacións e particulares a manter esta festa de gran arraigo na nosa cidade.
As bases do concurso foron aprobadas onte na Xunta de Goberno Local e nelas se recolle a intención de axudar a manter unha histórica tradición. O entroido celebrarase dende o 13 ao 18 de febreiro e o desfile será o domigo día 15 de febreiro.
Para este concurso establécense os seguintes premios por categorías:
- Rei ou raíña: 600 euros
- Comparsas con menos de 10 compoñentes: 1º premio de 400 euros, 2º premio de 300 euros e 3º premio de 200 euros.
- Comparsas con máis de 10 compoñentes: un primeiro premio de 900 euros, un 2º premio de 700 euros e un 3º premio de 500 euros.
Haberá unha serie de premios especiais, cun importe de 300 euros, para a comparsa máis numerosa, a máis ocorrente ou graciosa, coa mellor animación, ao mellor deseño e a mellor música.
Tamén haberá axudas para todos e todas os participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio segundo os seguintes criterios:
- Carrozas: 120 euros
- Comparsas:
- De 5 a 9 compoñentes, 60 euros.
- De 10 a 19 compoñentes por importe de 90 euros.
- De 20 a 29 compoñentes, 120 euros.
- De 30 a 39 compoñentes, 150 euros.
- De 40 a 49 compoñentes, 180 euros.
- De 50 compoñentes en adiante; 210 euros.
As inscrición das carrozas e/ou as comparsas poderase realizar dende mañá, e ata o día 12 de febreiro, na Concellería de Cultura e Educación, sita na Praza de San Martiño, en horario de oficina de 9.00h a 14.00h, por teléfono no 988 388 136 ou no aderezo electrónico cultura@ourense.es

Ourense, martes 20 de xaneiro de 2014.-A axenda de actividades trae estes días diversas propostas que complementan unha atractiva oferta cultural. O espectáculo máis destacado terá lugarosábado ás 20.30 h no Auditorio, onde o artista ourensán Daniel Minimalia presenta seu último traballo. Baixo o título Arenas de Luna, Minimalia volta co seu segundo disco de características únicas en España e de gran proxección internacional, despois do seu exitoso álbum debut Cuentos sonoros, que foi cualificado como O Mike Oldfield español.
Olas del Suré o primeiro tema máis destacado do álbum, unha poderosa melodía de guitarra xunto coa fermosa voz de Rosa Cedrón, un tema emotivo que mestura influenzas do flamenco e do folk.
Entre outras actividades están a actuación semanal da Banda Municipal, que será o venres no Liceo a partir das 20 h, e a cita co público infantil, coma de costume o domingo ás 12 h co espectáculoVictor y el monstruo (Frankestein), dirixida a maiores de 9 anos. A tarde do domingo, haberá outra posibilidade de ver a proxección da película A Esmorga, tamén no Auditorio ás 18 h.
A maiores, esta semana o Auditorioacolle sendas obras dirixidas ao público escolar. A primeira será a obra Spinderella mañá ás 10 h e 12 h e organizada pola AFundación. Unha obra en inglés para alumnos e alumnas do 3º ciclo de primaria. Por outra banda o venres – tamén ás 10 h e 12 h -, a concellería de Educación organiza no Auditorio Les Femmes Savantes, consistente na adaptación dunha obra de Molière dirixida ao alumnado de institutos.
As entradas para as actuacións pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo na billeteira do Auditorio.

Ourense, 14 de xaneiro de 2014.-Xa de cheo en xaneiro, o Concello de Ourense ten preparada unha importante oferta cultural para o 2015 baseada en dous aspectos principais: a programación xeral e a infantil.
Así é como este venres 16, o Auditorio albergará a partir das 20.30 h o espectáculo Noites de Retranca, onde o protagonista será o humor, ese humor negro e retranqueiro que tanto nos caracteriza. Cun elenco de luxo formado por Maquiña, Rober Bodegas e Luis Zahera como artistas principais e Mofa e Befa como condutores do espectáculo. Ese mesma tarde, a Banda Municipal ofrecerá un concerto no Liceo ás 20 h.
O día seguinte, o sábado 17 ás 20.30 h, cambiamos de xénero e será o turno do teatro da man da obra Vagos y Maleantes, da compañía Sudhum Teatro. Vagos y Maleantes cóntanos a historia da evolución da lei do Código Penal español do 4 de agosto de 1.933, referente ao tratamento de vagabundos, errantes, proxenetas e calquera outro elemento considerado antisocial. O poder da imaxe, a política, o meda ao diferente, a represión, a loita, son temas dos que fala.
Finalmente o día 18 ás 12 h, permanecemos fieis a programación infantil que domingo tras domingo refrenda o éxito entre os máis pequenos e as súas familias. A actividade organizada para o domingo éDonde viven los monstruos, adaptación do libro Where the wild things are de Maurice Sendak. Max é un neno que pasa o día facendo trasnadas, a súa nai, cansa coa situación castígao. Enfadado, decide viaxar a un mundo marabilloso onde viven os monstros, un lugar diferente. Max vivirá aventuras extraordinarias ata converterse en rei, unha tarefa máis difícil do que el pensa. Pola tarde, a partir das 18 h, terá lugar unha nova proxección da película A Esmorga, que regresa ao Auditorio tras varios pases cun grande éxito de acollida.

A película de Ignacio Vilar, A Esmorga, continuará este xoves, venres e sábado, 8, 9 e 10 de xaneiro, na sala azul do Auditorio Municipal. Despois do éxito acadado entre o 29 de decembro e o 4 de xaneiro, coa asistencia de 756 espectadores ao Auditorio, o Concello de Ourense continuará apoiando a proxección do filme durante os próximos días.
Así, levaranse a cabo as seguintes proxeccións:
Xoves, 8/01, 20:30 h
Venres 9/01, 20:30 h
Sábado 10/01, 20:30 h
Prezo: 5 €

Ourense, 5 de xaneiro de 2014
A concelleira de Cultura, Ana Garrido, pediu esta tarde noite desculpas á cidadanía polo retraso na chegada das súas maxestades os Reis Magos á Praza Maior, o último punto do itinerario.
A avería en dúas das carrozas reais provocou un retraso sobre a hora prevista inicialmente no percorrido, que abranguiu a Estación Empalme, a Avenida das Caldas, a Ponte Romana, a rúa Progreso, Doutor Marañón e por último, a Praza Maior da cidade. Tal e como estaba previsto, repartíronse no percorrido un total de 3 toneladas de caramelos, e participaron máis de 300 persoas en forma de seres máxicos, animais fantásticos e moita música.
A concelleira matizou que, a pesar deste pequeno infortunio, tódolos nenos e tódalas nenas da cidade manterán intactas as súas ilusións para a chegada dos reis magos aos seus fogares, e engadiu que “foi unha mágoa que os reis non quixeran empregar a súa maxia para resolvelo de inmediato. Optaron por viaxar xuntos e chegar nunha mesma carroza á Praza Maior, onde centos de nenos e nenas os recibiron cos sorrisos que as súas maxestades merecen neste día que nunca esquecerán”.
Garrido pediu á cidadanía que este imprevisto non faga deslucir o rico programa da Concellería de Cultura nas Festas de Nadal, no que se celebraron múltiples actividades cun gran éxito de participación: concertos de Nadal, visita do Apalpador, obradoiros de construción de marionetas, a 11 edición da MOTI, a chegada de Papá Noel, a gran festa de Aninovo e o concurso de Beléns, entre outros.
A empresa responsable da organización da cabalgata de Reis, asume a responsabilidade polas averías que se produxeron que responden a feitos fortuitos, xa que as carrozas foron creadas ex profeso para a cabalgata de xeito artesanal e probadas en situación de choiva, xeada e pendente.

Ourense, xoves 18 de decembro de 2014.-Hoxe tivo lugar a presentación dunha das novas exposicións que acollerá o Museo Municipal durante as vindeiras semanas. Trátase da obra da ourensana María Chillón, que leva por título Nun abrir e pechar de ollos.
Na presentación estiveron a artista, acompañada pola directora de Áreas Expositivas, Eva Torres. A inauguración será ás 20.30 h, e a mostra permanecerá na Sala I do Museo ata o vindeiro 1 de febreiro.
María Chillón expresa cos seus gravados unha deformación da realidade para así plasmala dunha forma puramente persoal e artística, emitindo primacía á expresión dos sentimentos máis que a descrición obxectiva do momento. Entendendo desta forma, unha expresión elegante desde a mancha e a liña dunha prancha ao papel.