CONTACTO

  • PdoP
  • Prem poesía
  • MMOu
  • Audittori
  • Entrudo
  • EdC
  • Volver

    - Os organizadores celebran a expectación que está xenerando o festival, que será os días 27 e 28 de xuño en Benposta

    - O concerto de Melendi, que o venres da inicio ás Festas de Ourense, xa leva máis de 6.500 entradas vendidas

    Ourense, 19 de xuño de 2013

    A falta de dous días para o comezo das Festas de Ourense deste 2013, esta mañá tivo lugar no Salón de Plenos unha rolda de prensa na que se avanzaron detalles da programación do Festival Derramerock, que se celebrará en Benposta o venres 27 e o sábado 28 de xuño

    Nesta presentación, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Cultura, Ana Garrido, estiveron acompañados do director do festival, Enrique Granda e por Charli Domínguez, compoñente do grupo Los Suaves. O director do festival, avanzou detalles da montaxe que comezará a partir de mañá. Esta XVIII edición do Derramerock, que contará con máis de 4.000 m2 de carpas, xa esgotou as habitacións de varios hoteis da cidade. A maiores, Enrique Granda, aclarou que para o concerto de Melendi xa vendeu máis de 6.500 entradas.

    Posteriormente, Charli Dominguez, pasou a falar de “La Reunión”, concerto – homenaxe ao grupo ourensán Los Suaves, que se celebrará o sábado dentro do festival, e polo que pasarán a maioría dos compoñentes da mítica formación durante estes máis de 30 anos de existencia. Los Suaves “La Reunión”, será unha actuación no que os membros pasados da banda se están a implicar con ensaios dende fai semanas, para ofrecernos o mellor dos concertos. Como destaca o propio Charli, baixista do grupo, “un deses concertos no que pasado o tempo un poderá decir que estivo alí”.

    Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, agradeceu a implicación dos organizadores, e subliñou o compromiso para conseguir obxectivos adaptando os recursos existentes. E puxo o exemplo no Derramerock, onde con menos orzamento, Ourense terá un evento de primeiro nivel, que atrae a moita xente a cidade, ademáis do concerto de Melendi.

     
    Ourense, 13 de xuño de 2013.- Esta mañá presentouse o programa das Festas Maiores de Ourense deste 2013. Entre os días 21 e o 30 de xuño a nosa cidade albergará numerosas actividades pensadas e programadas para a diversión de todos os públicos. O venres 21 terá lugar o pregón a cargo do escritor e xornalista ourensán Camilo Franco, e a continuación haberá unha actuación de Vocal Tempo. Ao longo destes días de festa, teremos títeres, teatro de rúa, microteatro, danza, e numerosos concertos. Todo esto pódese consultar no programa completo.

    A continuación, adxuntamos o myspace do cantante e guitarrista de soul Eli Paperboy, que ofrecerá no Xardín do Posío unha das actuacións musicais máis destacadas da programación das Festas.
     
    www.myspace.com/elipaperboyreed
     
     
    Ourense, 10 de xuño de 2013. 
     
    O Museo Municipal acolle ata o día 7 de xullo nas súas Salas I e II a exposición de pintura Arqueoloxía Arraiana, do artista Rafael Terrachán.
     
    A mostra, inaugurada o pasado venres, ofrécenos un estilo expresivo, xestual e enérxico que nos propón a existencia dunha experiencia persoal por parte do artista cara o espectador. Nesta ocasión amósanos unha selección de traballos de toda unha vida, con formatos e soportes coidadosamente estudados que nos permiten coñecer e descubrir máis do Terrachán artista.
     
    O Museo Municipal desde hai anos está traballando con moito arraigo no proxecto municipal dos Nosos Artistas. Deste xeito a obra inesperadamente diferente do ourensán Rafael Terrachán, forma parte na procura da firmeza deste proxecto museístico.
     
    Son máis de medio centenar de obras nas que atopamos grande cantidade de reminiscencias co vivo, orgánico, tendencia esta preponderante en grande parte da arte europea, xa que está a rescatar constantemente a conciencia de estar vivo, con tonalidades frías, duras, ríxidas, de formas puras e profundas .
     
    Finalizando o período primaveral do 2013 imos disfrutar, estudar e como non viaxar polo tempo e pola Arte deste ourensán de sangue artístico que dende fai moi pouco está entre nós co mellor legado que nos pode facer un creador... coa súa testemuña artística. 
    Ourense, 7 de xuño de 2013.- O vindeiro martes día 11 de xuño, a cidade de Ourense organizará un acto de homenaxe ao artista Manuel de Dios Martínez, que vén de ser nomeado fillo adoptivo da cidade. Será ás 12.00 h no Salón de Plenos do Concello, e máis tarde, a partir das 13.15 h procederase ao descubrimento dunha inscrición na praza que levará o seu nome, sita a carón da rúa Portocarreiro.
     
    A homenaxe da cidade de Ourense realízase por acordo do Pleno do Concello, unha vez levados a cabo os trámites para indagar sobre os méritos que concorren na figura do senlleiro artista ourensán de adopción. Entre outros aspectos están, o seu compromiso con Ourense, a súa dimensión humana e a faceta como docente, músico, compositor, director e poeta.
     
    Tralas adhesións de veciños e veciñas, entidades, colectivos, asociacións, particulares, concellos, grupos e autoridades, o proceso levou á aprobación do nomeamento de fillo adoptivo da cidade de Ourense a título póstumo. 
    Ourense, 7 de xuño de 2013.-
    A orquestra de Pulso e Púa da Agrupación Musical Albéniz da Coruña, ofrecerá este sábado un concerto no Auditorio Municipal. Será a partir das 20.30 horas e a entrada é de balde.
    A Agrupación Musical Albéniz é a orquestra de pulso e púa máis antiga de España. A súa fundación data do ano 1928, cando un reducido grupo de afeccioados a estes instrumentos comezaron a reunirse e ensaiar para dar audicións en centros benéficos, sociedades recreativas, colexios, institutos, etc. Foi Eugenio Rivas o que tivo a idea de reunir aos membros máis destacados destes grupos para facer outro que interpretase música distinta e con arranxos orquestrais: “A Agrupación Musical Albéniz”. Desta forma, ficaron Eugenio Rivas como fundador, e coa dirección musical de Delio Vázquez, onde se puxeron as bases de todo o dilatado e meritorio historial desta Agrupación Musical.
    Esta agrupación ten participado en importantes festivais tanto en España como no estranxeiro, percorrendo cos seus concertos unha grande parte da xeografía Europea: Portugal, España, Francia, Italia e Bélxica. Tamén Estados Unidos, chegando incluso a participar no Desfile da Hispanidade pola Quinta Avenida, e sendo recibidos polo alcalde de Nova York do ano 1992.
     Desde fai décadas, a Agrupación Musical Albéniz realiza un grande esforzo para incorporar mozos e así rexuvenecer a formación, sendo desde os 80 un colectivo cunha media de idade baixa en comparación con outros do mesmo ramo musical.
    Concerto da Banda Municipal
    Por outra banda, e como xa é habitual cada fin de semana, o domingo día 9 a Banda Municipal de Ourense, ofrecerá un concerto na Alameda do Concello ás 12.00 h. 
    Coa actuación do “Trio Ludwig”, ponse o peche á esta quinta tempada de música de cámara no Paraninfo do IES Otero Pedrayo
     
    Ourense, 5 de xuño de 2013.-Como todos os primeiros xoves de mes, este vindeiro 6 de xuño terá lugar a última cita desta quinta tempada coa música de cámara no Paraninfo do IES Otero Pedrayo. O peche deste ciclo Sen Batuta será coa actuación do “Trio Ludwig”. Como é habitual, a formación ofrecerá unha charla coloquio a partir das 19.30 h e un concerto comezará ás 20.30 h.
    O trío está formado polos irmáns Abel Tomás (violín) e Arnau Tomás (cello), fundadores e membros do Cuarteto Casals, xunto coa pianista Hyo – Sun Lim, gañadora de numerosos concursos internaiconais entre os que cabe destacar o “Raíña Elisabeth” de Bruxelas e cunha longa experiencia na música de cámara, sendo colaboradora habitual de, entre outros, artistas como Hilary Hahn ou Mischa Maisky.
    Actualmente é grupo en residencia no Teatro Principal de Sabadell, onde teñen posto en marcha a interpretación da integral dos tríos de Beethoven, entre outros.

    Máis información en www.senbatuta.com 
    Os gañadores do Poesía Cidade de Ourense, e do Risco de Creación Literaria ofrecerán unha charla – coloquio ás 19.30 h no espazo habilitado dentro da Feira do Libro 

    Ourense, 31 de maio de 2013.-O vindeiro mércores día 5 de xuño a Concellería de Cultura presenta os Premios Literarios da Cidade do pasado 2012. O acto será no espazo da Feira do Libro, na Alameda do Concello a partir das 19.30 h.  
    Os gañadores foron Miguel Anxo Fernán Vello, que se fixo co XXVIII Premio de Poesía Cidade de Ourense, coa obra “Habitación do Asombro”, e Alberto Ramos que coa novela “Todos os días” gañou o XIII Premio Risco de creación Literaria. A charla – coloquio estará conducida por Ramón Caride Ogando, que foi gañador dos dous premios no ano 1994 e no 2003.  
    Ourense, 30 de maio de 2013.-Esta mañá aprobouse en Xunta de Goberno a convocatoria do Premio Risco de creación literaria, que neste 2013 acada a súa XIV edición. Este premio está organizado polo Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco, en colaboración coa Editorial Sotelo Blanco. As persoas que dexesen participar teñen ata o 1 de outubro para entregar solicitudes. A obra gañadora conleva un premio de 6.000 e a súa publicación.
    O Premio Risco de creación literaria, ten como fin abranguer os diferentes campos da obra, non só do que foi veciño ilustre desta vila, don Vicente Martínez – Risco e Agüero, senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez – Risco Fernández, veciños que foron desta cidade.
    A este galardón se poderán presentar novelas, conxunto de relatos, ensaios, etc. - quedando excluídas teses académicas ou traballos especificamente científicos, que teñen o seu ámbito propio no Premio Vicente Risco das Ciencias Sociais -, sempre que se cumpran as bases da convocatoria.
    Neste 2013, o Risco de creación literaria acada unha especial relevancia, xa que se conmemora o 50 aniversario do seu pasamento. A iniciativa deste premio partiu no seu día da Fundación Vicente Risco, e foi acollida polo Concello, tendo como finalidade promover a creación literaria nun dos eidos máis amados por Vicente de Antón Risco, como é o da Literatura Fantástica. Desde o ano 2006, o premio pasa a denominarse Premio Risco de Creación Literaria.
    Escritores como Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride Ogando, Isidro Novo, Xosé Vázquez Pintor ou Hixinio Pontes gañaron este premio tan importante para a nosa cidade. 
    Páxinas: Primeiro ... 62 63 64 65 66 ... Último 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica