CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    Ourense, 4 de novembro de 2014.-O Museo Municipal acolle desde hoxe a exposición Posesións para un esquecemento, do artista Daniel Díaz Trigo. Esta obra se enmarca dentro do festival Outono Fotográfico que neste 2014 alcanza a 32 edición, e está galardoada co I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
     
    Na presentación estiveron acompañando ao artista, a concelleira de Cultura, Ana Garrido, a directora dos espazos expositivos municipais, Eva Torres, e o coordinador do Festival Vítor Nieves. As fotografías poderanse visitar ata o vindeiro domingo 32 de novembro.
     
    Posesións para un esquecementoé un proxecto no que Díaz Trigo traballou máis de sete anos. Nel mestura o peso documental implícito desde o nacemento da fotografía, coa plasticidade e conceptualidade que o medio acadou co paso ao eido das grandes artes. A exposición pretende pór de manifesto unha harmónica conxunción entre memoria colectiva e íntima, un paseo pausado polas lembranzas e o esquecemento, mais tamén polo seu territorio, acoutado nuns poucos quilómetros. O autor presenta o resultado da teima pola compilación de lembranzas que materializa en forma fotográfica para que non sufran o abandono na memoria persoal, e no maxín colectivo e institucional. 
    Ourense, 3 de novembro de 2014.-A Concellería de Cultura desexa agradecer a todos os participantes, así coma ás asociacións colaboradoras o éxito das actividades do Samaín. O venres, máis de 1.000 persoas participaron durante a tarde nos obradoiros na Praza da Imprenta, e na posterior procesión das cabazas o que se consolida como unha data referente no Ciclo Festivo Ourensán. A actividade non cesa e, a falta dunha semana para os Magostos, o Concello de Ourense trae diversas propostas culturais que van desde o teatro ata a música de cámara.
     
    Auditorio Municipal
    Este espazo albergará o xoves ás 20.30 h a obra Palabras, da compañía Hika Teatroa. Aquí poderemos coñecer a historia de tres mulleres, un home... e un neno. Muller nova. Acadaba de casar co home que ama. Espello da felicidade. Muller madura. Hai tempo que casou co home que amaba. En continuo conflito. Espello da infelicidade. Muller maior. Esqueceu se algunha vez quixo algún home. Espello da tolemia, pero consciente de que, ao outro lado do espello, pode ser libre e feliz. Fantástico espectáculo que pola mañá terá un pase para escolares. As entradas teñen un prezo de 12 euros.
     
    Un día máis tarde, Faémino y Cansado farán as delicias do público co seu traballo Como en casa ni hablar. Será a partir das 20.30 h e con este novísimo traballo pretenden que a xente ría cantas máis veces mellor, para ao saíren do teatro, fosen mellores persoas e atopasen o sentido da vida. E que utilizan para iso? 26 frases de contido hilarante espalladas durante a representación. As entradas pódense adquirir desde 20 euros.
     
    Por último, o domingo temos cita coa actividade infantil, que cada semana congrega a máis familias para que os máis pequenos desfruten do teatro. Este vindeiro día 9 ás 12 h será o turno do espectáculo Ketkjas, da compañía Barafunda. Unha obra divertida que dará unha volta de rosca ás rutinas máis cotiás do baño. O aseo matutino pode converterse nunha auténtica odisea, se o fai o pallaso Pico. Desde unha perspectiva escatolóxica chea de humor e tenrura.
     
    As entradas para as obras do Auditorio pódense adquirir en www.servinova.comou dúas horas antes da actuación na billeteira do mesmo espazo.
     
    Ciclo de Música Enclave de Cámara
    A mellor música de cámara regresa ao Teatro Principal da man da Concellería de Cultura co concerto do dueto formado polo tenor José Manuel Zapata, e a guitarra Juan Francisco Padilla. Ambos interpretarán pezas de, entre outros Manuel de Falla, Joaquín Rodrigo, Carlos Guastavino ou Manuel García. Será como de costume, ás 20.30 h e as entradas pódense adquirir no Teatro Principal. 

    Ourense, 3 novembro 2014 | O Festival de Cine Internacional de Ourense presenta as películas que formarán parte da Competición Oficial da súa décimo novena edición. Trátase de 10 filmes nos que participan un total de 15 países diferentes.

     

    Esta selección permitiralle ao espectador botar unha ollada ao emerxente cinema latinoamericano, que este ano conta con catro representantes -La vida después, La madre del cordero, A história da eternidade, El cerrajero-, ou gozar de obras premiadas noutros festivais internacionais como o de Karlovy Vary, Washington DC International Film Festival, Manhein-Heidelberg International Film Festival, Festival de Málaga ou Wine Country Film Festival.

     

    No tocante aos xéneros, estamos ante unha edición cun gran predominio do drama e a temática social aínda que haberá cabida para algunhas pinceladas de comedia como as que aportarán Toastmaster ou Kebab i horoskop. Tamén se verán longametraxes de vellos coñecidos do festival, como Simindis kundzuli, do director George Ovashvili -que xa se fixo co Premio do Xurado Universitario no 2010 co seu filme Gagma Napiri- ou Amor Hakkar, que formou parte da Competición Oficial do mesmo ano con Quelques jours de répit e que esta vez nos visita con La preuve.

     

    A relación das longametraxes que loitarán polas Calpurnias no 19OUFF é a seguinte:

     

    A história da eternidade | Camilo Cavalcante | Brasil 

    Nunha pequena aldea interior, tres historias de amor e desexo revolucionan a paisaxe afectiva dos seus habitantes. Personaxes dun mundo romanesco, no cal os seus conceptos da vida están limitados, dun lado polos instintos humanos, do outro por un destino cego e fatalista.

     

    De nieuwe wereld | Jaap van Heusden | Holanda 

    Un encontro casual entre unha limpadora holandesa e un solicitante de asilo de África leva a unha relación inesperada e a dez días extraordinarios.

     

    El cerrajero | Natalia Smirnoff | Arxentina 

    Sebastián é un cerralleiro de 33 anos que non cre nas relacións exclusivas. Mónica, a súa parella máis estable dos últimos cinco meses, queda embarazada e é moi probable que el sexa o pai. Ao mesmo tempo, Sebastián comeza a experimentar algo inesperado: ten visións sobre as persoas que o chaman para que arranxe as súas portas.

     

    Kebab i horoskop | Grzegorz Jaroszuk | Polonia

    Un grupo de inadaptados que traballa nunha tenda de alfombras encontra a oportunidade de dar un xiro ás súas vidas coa axuda de dous expertos en mercadotecnia: un ex dependente dun kebab e o ex autor de horóscopos nunha revista de natureza.

    La madre del cordero | Rosario Espinosa Godoy - Enrique Farías Bargüena | Chile 

    Cristina, unha muller de 49 anos, estivo toda a súa vida coidando a súa nai Carmen. Atópase con Sandra, unha ex compañeira que, libre e sen prexuízos, mostraralle á súa amiga outras formas de vivir.

     
    Ourense, 31 de outubro de 2014.-O pasado martes reuniuse a comisión delegada de Cultura do Eixo Atlántico na cidade portuguesa de Paredes. Na reunión abordouse por un lado a valoración sobre a capitalidade cultural do Eixo Atlántico neste 2014, que lle correspondeu a Ourense, e por outro sentáronse as bases para a presentación de candidaturas para os anos 2016 e 2018.
     
    A esta xuntanza asistiron técnicos da concellería de Cultura do Concello de Ourense que presentaron a memoria correspondente ás actividades levadas a cabo na cidade durante estes meses como Capital da Cultura. Entre as conclusións extraídas da reunión está o recoñecemento a ampla programación presentada malia as limitacións orzamentarias existentes. Este esforzo, coa implicación do Concello desde o primeiro momento, contribuíu positivamente no resultado final. Outra cuestión a salientar foi a incorporación de novos enfoques á proposta de Capital da Cultura, destacando a divulgación en Ourense de todas as cidades que conforman a Eurorrexión e que se materializou na Exposición das cidades.
     
    Tamén se fixo a petición á cidade de Ourense para  formar parte da Comisión executiva para dalgún modo titorizar a vindeira proposta de Capital Cultural. En liñas xerais, a valoración foi altamente positiva, sobre todo á hora de acreditar na potencialidade da capitalidade cultural para crear sinerxias, reforzar a identidade cultural e potenciar o intercambio de propostas culturais.

    Resumo da reunión en pdf.

    Memoria das actividades. 
    Ourense, 27 de outubro de 2014.-A concellería de Cultura presentou esta mañá as actividades da festividade do Samaín, previstas para este venres 31 de outubro. A praza da Imprenta – Praza Maior no caso de chuvia – acollerán os obradoiros consistentes en baleirado de cabazas para participar despois na procesión do Samaín, que recorrerá distintas rúas da cidade vella. Para esto, e tras o éxito dos pasados anos, o concello disporá dunhas 600 cabazas para os participantes – o doble que outros anos -.
     
    Posteriormente a Praza de San Cosme continuará coas actividades infantís para rematar a partir das 21 h cun concerto. Xunto coa concellería de Cultura, colaboran na organización deste Samaín as asociacións de Artesáns, Amencer, Auce e tamén a Galleira. Na presentación estiveron a concelleria de Eduación e Cultura, Ana Garrido, acompañada dos representantes das asociacións colaboradoras.
     
     
    Programa:
    17 h – Praza da Imprenta (no caso de chuvia: Praza Maior): obradoiro de baleirado de cabazas no que colaboran ás asociacións Amencer e Auce.
    19 h - Procesión das cabazas: Praza Maior, Praza do Trigo, Hernán Cortés e Praza de San Cosme.
    19.30 h – Praza de San Cosme: a asociación A Galleira organiza actividades infantís.
    21 h – Concerto na Praza de San Cosme. 

    Ourense, 27 outubro 2014 | O Festival de Cine Internacional de Ourense contará na súa décimo novena edición cun total de 31 títulos fóra de competición nas súas Seccións Paralelas. Por elas pasarán pezas premiadas en festivais como o de Palm Springs, San Sebastián, São Paulo, Berlín ou Venecia. Dividiranse, segundo a súa natureza, do seguinte xeito:

     

    [Inédito en Ourense] Esta sección recupera os títulos máis interesantes estreados en España durante o ano e que non pasaron pola carteleira ourensá. O obxectivo é posibilitar que o espectador poida ter unha visión o máis global posible do cine que se fai en todo o mundo, con especial atención a aquelas obras que foron recoñecidas nos grandes festivais como é o caso de Black Coal. Thin Ice ou Ciencias Naturales na pasada edición do Festival Internacional de Cine de Berlín.

     

    • Inevitable | Jorge Algora | España - Arxentina

    • Ciencias naturales | Matías Luchessi | Arxentina

    • Un castillo en Italia | Valeria Bruni Tedeschi | Francia

    • Black Coal. Thin Ice | Diao Yinan | China

    • 1:58 | Rodrigo Cortés | España

     

    [Panorama Galicia] A sección con máis títulos de todas neste 19OUFF. É unha das máis veteranas do certame e punto de encontro do audiovisual galego. Novos directores, entre eles varios ourensáns, presentan os seus últimos traballos, que son todo un sopro de ar fresco para a nova cinematografía galega. Este ano a sección faise eco dun fito para o cinema galego, os 25 anos da estrea das tres primeiras longametraxes de ficción galegas: Sempre Xonxa, Urxa e Continental.

     

    • Lo que pasa al encenderse | Roberto de la Torre | Galicia

    • Urxa | Alfredo G. Pinal y Carlos A. López Piñeiro | Galicia

    • Continental | Xavier Villaverde | Galicia

    • ¿Y tú qué opinas? | Marcos Fernández Vázquez | Galicia

    • Eco113 | Marcos Fernández Vázquez | Galicia

    • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros | Luis Baños | Galicia

    • O demais | Manuel I. Nanin - Marta F. Alberte | Galicia

    • Sons do Entroido | Miguel Ángel López | Galicia

    • Caixa Ourense. Historia de un ascenso | Carlos Bermello Arce | Galicia

    • Sempre Xonxa | Chano Piñeiro | Galicia

    • A música medieval en Galicia, o tesouro esquecido | Fernando Reyes | Galicia

     

    [Documentais] O documental converteuse nos últimos anos nunha das creacións cinematográficas máis apoiadas polo público. O espazo propio que lle outorga o OUFF quere ser unha xanela aberta ás últimas tendencias que o cine documental crea e experimenta cada ano, e que na nosa cidade ten unha nula resposta dos circuítos comerciais.

     

    • Sacro GRA | Gianfranco Rossi | Italia/Francia

    • Plot for Peace | Carlos Agulló - Mandy Jacobson | Sudáfrica

    • A 20 pasos de la fama | Morgan Neville | Estados Unidos

     

    [Cine e Viño] A relación entre o viño e o cine é cada vez máis fluída e atractiva. Ourense é unha potencia no sector vitivinícola nacional e internacional, coas súas catro denominacións de orixe, por iso un evento cinematográfico como o OUFF non podía ser alleo a esta frutífera maridaxe.

     

    • El brindis | Shai Agosin | Chile-México

    • Le week-end | Roger Michell | Reino Unido

    • Sangre y vino | Bob Rafelson | Estados Unidos

     

    [Sesións Especiais] Esta sección recolle aqueles traballos que pola súa singularidade e interese, ou por estaren ligados a determinadas actividades paralelas e colaboracións do festival, precisan un espazo propio.

     

    • Diamantes negros | Miguel Alcantud | España

    • Linko | José Zapata, Rafael Calvo e David Valero | Galicia

    • Mil sorrisos & un perdón | Bruno Nieto | Galicia

    • Carmina y amén | Paco León | España

    • 2 francos, 40 pesetas | Carlos Iglesias | España

     

     

     

     

    O Centro Cultural Ánxel Valente, novo espazo do 19OUFF

     

    Nesta edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, o Centro Cultural Ánxel Valente (antigo edificio do Banco de España), converterase nun novo espazo cinematográfico. Dentro das actividades paralelas do certame, o novo espazo acollerá as denominadas Sesións Lixeiras, que consistirán na proxección de xeito ininterrompido de diferentes traballos audiovisuais. As proxeccións terán lugar do 15 ao 22 de novembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. Os traballos que se poderán ver son os seguintes:

     

    • Curtametraxes de animación da USC School of Cinema Arts (Os Ánxeles, California)

    • Informacións e imaxes do No-Do relacionadas coa provincia de Ourense, cedidas polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)

    • Webserie PIB

    • Traballos gañadores do concurso OUFF Escola 2014

    • Traballos realizados por centros ourensáns para o OUFF Escola 2014

    • O demais

    • Sons do Entroido

     
     
    Ourense, xoves 23 de outubro de 2014.-O Museo Municipal acolleu esta mañá a presentación a obra do proxecto Vidas Entrecruzadas. Trátase do cadro denominado Efecto Tequila, que homenaxea ao realismo máxico.
    O creador desta obra, Xosé Lois Carreira, estivo presente e explicou o que pretendía representar coa ilustración. Á actividade asistiu alumnado de 1º da ESO do colexio Divino Maestro, a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e a Directora do Museo, Eva Torres.
    O cadro está composto por acrílico e óleo sobre táboa e ten unhas medidas de 65 x 110 cm. A críse económica de 1994 e as súas consecuencias, coñecidas como O Efecto Tequila, sitúanos axuña en México nun relato que rende homenaxe ao realismo máxico e en concreto á figura de Juan Rulfo. Unha historia de voces silenciosas, sombras e fantasmas, e natureza morta, que nos cunduce ao horror da realidade cotiá mexicana e abandónanos nunha solitaria gasolineira. 
    Ourense, martes 21 de outubro de 2014.-O xoves día 23 ás 20.30 h, o Auditorio Municipal acolle o espectáculo André y Doriné, da compañía Kulunda teatro. Esta obra teatral nos mostrará a vida de dous anciáns, que ven truncada a súa monotonía coa irrupción da enfermidade do alzheimer. Isto os leva a replantexarse a relación para reencontrarse con quenes foran antes, con quenes son agora. Unha fermosa peza comprometida coa realidade social, que conta cun importante recoñecemento internacional tras visitar máis de 16 países nos últimos dous anos. Toda a información está no seguinte enlace: www.kulunkateatro.com.
    Posteriormente, o domingo 26 ás 12 h, terá lugar a actuación Croa de Bicharracos Teatro, dirixida ao público infantil.
    As entradas para estes espectáculos pódense adquirir en www.servinova.comou na billeteira do Auditorio desde dúas horas antes da función.
    A maiores desto, o venres 24 ás 20 h, celébrase o habitual concerto da Banda Municipal na Sala Ánxel Valente.
     
    Espazos Expositivos
    Durante todo este mes seguirán abertas ao público a exposición Novais, no Auditorio, e ás XXVI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, no Museo Municipal. Nese mesmo espazo esta semana quedará exposta unha nova peza – a do mes de outubro – do proxecto solidario Vidas Entrecruzadas. 
    Páxinas: Primeiro ... 63 64 65 66 67 ... Último 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica