- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
A cinta galega "Schimbare" estrearase en Galicia no marco da XIX edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que se desenvolverá entre o 15 e o 23 de novembro na capital ourensá. A ópera prima do realizador lalinense Alex Sampayo, que estivo seleccionada na sección oficial de novos directores do Festival de Cine de Montreal - único con categoría A en Norteamérica - clausurará o certame ourensán o día 23 de novembro.
"Schimbare" está coproducida pola produtora coruñesa Ficción Producciones e a Televisión de Galicia. Tamén participan a Xunta de Galicia, a través do Agadic, e o Ministerio de Cultura. Todo o equipo técnico está integrado por persoal galego.
A película é un thriller de denuncia social, que aborda o tema do comercio ilegal de órganos. Candela Peña e Luis Zahera dan vida a un matrimonio acomodado vítima dunha traxedia familiar e que se vén obrigados a recorrer a unha organización criminal da Europa do Este, que lles ofrece a venda dunha nena polaca. A palabra "Schimbare" ten unha orixe romanesa e significa "cambio".
A cinta rodouse na zona lucense do Corgo e en Hungría. E conta, xunto os seus dous protagonistas, cun amplo elenco de actores internacionais no que destaca a presenza da nena Sandra Mokrzycka.
Este proxecto internacional comezou a súa xestación hai cinco anos da man de Julio Casal e Mamen Quintas, responsables de Ficción Producciones, e a TVG. Todo o proceso, que incluíu a presenza de Alex Sampayo como director e coguionista xunto a Borja F. Caamaño, pechábase coa rodaxe da película a finais do pasado ano.
Alex Sampayo comezou a súa carreira no mundo do audiovisual hai 14 anos. Realizador e guionista, “Schimbare” supón o seu debut na dirección dunha longametraxe. Un traballo que complementa unha traxectoria que desenvolveu noutras áreas como a publicidade, a curtametraxe e a televisión con títulos como as curtas “Alzheimer”, “Las Rubias los Prefieren Caballeros” e “La Buena Caligrafía”. Outros traballos en TV que contan coa dirección de Álex Sampayo son; as series “Terra de Miranda” e “Padre Casares”, a serie emitida por Antena 3 “El Internado” e a tv-movie “El Espejo”.
Toda a información e as bases do certame están no apartado de premios:
http://www.ourensecultura.com/BasesPremios/Risco
A artista estivo acompañada pola concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e pola Directora de Espazos Expositivos, Eva Torres. Ambas louvaron o gran traballo desta ourensá afincada en Vigo. Comprometida autodidacta, utiliza unha técnica mixta combinando diferentes texturas e materiais, e son predominantes os rostros femininos.
Parte da súa obra, permanece nos fondos municipais gracias a unha doazón que realizou fai catro anos. Madurez mesturada con contemporaneidade artística ofrecen un compendio que mostra a exposición que no Museo de todos os ourensáns gozaremos no período estival deste ano 2014.
A concelleira de Cultura, Ana Garrido, o vicerreitor do campus Virxilio Rodríguez, e as organizadoras Marta Alonso e Begoña Cuquejo presentaron esta nova edición, coa que o certame ourensán incorpórase á Rede Nacional de Festivais de Danzas en espazos non convencionais Red Acielo Abierto, xunto con 10 potentes festivales españois, como Cádiz en danza ou Trayectos (Zaragoza).
Corpo(a)Terra 2014 comezará coa actuación da compañía valenciana Proyecto Titoyaya, e inclúe tamén á compañía de México Pájaro Mosca, Los Innato, de Costa Rica, a ourensá trasPediante, PistaCatro, que pechará esta edición, así como as agrupacións OHN, ULOBIT, Alvaro Muñozledo Félix Fernández, Ánxela Blanco, dúas sesións festa, Workshops e actividades como os proxectos El rapto de Europa, Corpo(a)cámara/Cine(a)terra, Actividade Livestream e Instalacións artísticas, a cargo de Mauro Trastoy e Mimadriña.com
Máis información en www.corpoaterra.com
As festas de Ourense 2014 remataron onte cun balance positivo, tras 10 días de animación, teatro e música nas rúas do centro e casco Vello da cidade e as súas prazas máis emblemáticas coma protagonistas. Mentres os espectáculos dirixidos aos nenos e nenas contaron coa implicación e afluencia das familias e encheron a Alameda de Bispo Cesáreo, os Xardíns de Padre Feijóo e a Praza de San Martiño; a Praza Maior e o Xardín do Posío, acolleron a ampla oferta musical con propostas para tódolos públicos.
Aos espazos xa consolidados cunha oferta musical a diario uníronse a Praza do Ferro e a Praza de San Marcial con escenarios fixos e As Burgas, cunha gran afluencia na sesión vermut celebrada esta fin de semana e que gracias á boa acollida, non se descarta manter nos meses de verán.
Unha Praza Maior chea e atenta á actuación da Coral de Ruada e Os Melidaos, puxo o broche final ás Festas de Ourense 2014 que organiza a Concellería de Cultura. A concelleira de Cultura, Ana Garrido, fixo balance da programación deste ano, esta mañá, no Salón de Plenos, acompañada do técnico da Concellería de Cultura, Manuel Freire. Ambos valoraron moi positivamente a ampla participación e afluencia de público a tódalas propostas da programación desta edición: “a cidadanía, con independencia da súa idade, contou cunha oferta lúdica e cultural ao longo de 10 días”
A concelleira de Cultura, Ana Garrido, comezou a súa intervención amosando o seu agradecemento ao equipo da Concellería de Cultura: “é unha honra contar con este equipo encabezado por Manuel Freire, sen o cal non sería posible levar adiante as nosas propostas”, ao tempo que rematou a mesma intervención agradecendo aos colaboradores, colectivos, empresas e aos medios de comunicación pola súa axuda, compromiso e implicación no desenvolvento das festas grandes da cidade.
Balance de participación
Entre as actividades que contaron cunha maior afluencia de público destacan o mercado medieval, este ano adicado á artesanía galaico portuguesa, e onde os malabaristas, desfiles, obradoiros e o mercado e zoco, contaron cunha afluencia de máis de 40.000 persoas entre o xoves e o domingo.
Ana Garrido suliñou a posta en valor dos espazos máis emblemáticos da cidade e a dinamización das prazas co teatro de rúa, microteatro e instalacións na Alameda do Concello, actividades nas que participaron ou acudiron unhas 5.000 persoas.
Os Dixie Boys na Praza do Ferro e o concerto flamenco na Praza de San Marcial, completaron a oferta musical, xunto coa noite sabinera e Bestlife, no xardín do Posío, actividades que deleitaron aos máis fans e sorprenderon aos descoñecedores da canción flamenca e de autor.
Con respecto ás propostas musicais: a Praza Maior estivo a diario chea e de xeito especial no concerto da gaiteira Cristina Pato e na actuación de Txarango e Sonoro Maxín, os bailes orientais e o Septeto Santiaguero que trouxo aires cubanos o sábado e que contaron cao participación diaria de máis de 3.000 persoas.
O sábado os fogos artificias abraiaron aos máis cativos e cativas que se situaron á beira do Miño e nas pontes da cidade, cunha resposta moi positiva en canto ao cambio de día, xa que tradicionalmente teñen lugar o domingo.
O Festival Derrame Rock e Fangoria congregaron a máis de 10.000 persoas
O 20 e 21 de xuño o Festival Derrame Rock, o recinto de Expourense recibiu a máis de 8.000 persoas, co reclamo de Loquillo ou Barón Rojo, na primeira xornada, ou de Marky Ramone, Celtas Cortos e La Pegatina, grupo catalán de ska e rumba que evidenciou sobre as táboas o porqué da cantidade de premios que ten colleitado ata o momento, na segunda. Esta última sesión tamén contou coa actuación de Acidoproyect, Prap´s, Backfilp, Attaque 77, Rulo e A Contrabanda, Gatillazo e Habeas Corpus.
Outra das actuacións estelares nesta XIX edición do Festival, foi a de Marky Ramone, o que fora batería dos Ramones, que voltou a España para ofrecer 6 concertos coa súa banda Marky Ramone´s Blietzkrieg, con Andrew WK como vocalista.
O promotor do Festival, Enrique Granda, asegurou, a modo de balance que “no primeiro día de festival se contabilizaron máis de 3.000 persoas e o sábado 21 de xuño se superaron as 4.000” Se a este número se suma o público ao concerto ofrecido o pasado sábado, día 28, con Fangoria coma cabeza de cartel, acompañada polas Nancys Rubias e os Dirty Fanecas “falamos de máis de 10.000 persoas”.
Cobertura nas redes sociais
Os perfís da Concellería de Cultura en Facebook e Twitter estiveron permanentemente actualizados. Foron publicadas máis de 40 actualizacións en Facebook e 140 en Twitter, informando cada mañá da programación da xornada, e cubrindo en vivo o que acontecía en cada actividade, notificándose tamén os cambios na programación, traslado de ubicacións e cancelacións por mor da choiva. Foron recollidas e publicadas nas redes sociais unhas 300 fotografías do que en cada recuncho da cidade estaba a acontecer.
Chegouse a través do Social Media a unhas 20.000 persoas durante as festas, acadando algunhas publicacións especial viralidade, como a xornada na que nos visitou Cristina Pato.
Hoxe a partir das oito da tarde o Xardín do Posío acollerá unha das principais novidades da programación das Festas de Ourense 2014 que confeccionou a Concellería de Cultura.
Cambio xtremo music, Ninetysixers, Aid, Comando Katana, Dealema e FT. Woyza e Mala Rodríguez ofrecerán música en vivo no palco do Xardín.
Xa o sábado, no Pavillón dos Remedios, haberá un campionato de baloncesto 3x3, actividades lúdico deportivas de skate e BMX, urban dance e concerto de García Mc. Durante estas actividades, elaborarase un graffiti, deseñado por artistas galegos e portugueses.
O Festival de Cultura Urbana Burgasfest créase como espazo especialmente destinado á mocidade, mediante a posta en valor de artes plásticas urbanas e deportivas, coa participación de artistas na súa maioría galegos e portugueses nas diferentes actividades. Dentro da finalidade lúdico cultural deste festival promocionarase a cultura urbana como movemento de intervención e promoción da comunidade e artistas, tanto locais como non locais.
As horas estimadas para os concertos do Xardín do Posío (venres 27) son as seguintes:
Cambio xtremo music - 20.30 h
Ninetysixers - 21.20 h
Aid - 22 h
Comando Katana - 23 h
Dealema + FT. Woyza - 23.35 h
Mala Rodríguez - 1 h
Adxuntamos contactos dalgúns dos artistas por se estades interesados en contactar con eles ou entrevistalos
Mala Rodríguez
Carlos Mata 629562397 carlos@radiation.es
Dealema
José Costa 917865777 carina.silva@msounds.pt
Comando Katana
Erin 650112870 erin.sdc@hotmail.com
Coa actuación de malabaristas, contorsionistas e equilibristas, mañá ás seis da tarde dará comezo unha nova edición do mercado medieval, dentro da programación das Festas de Ourense 2014 da Concellería de Cultura. Denominada esta edición Feira Galaico portuguesa debido á presencia de multitude de ingredientes do país veciño, contará cunha ampla variedade de actividades, como actuacións musicais, mercado e zoco, desfiles, actividades medievais, obradoiros típicos da época, animación de rúa, ou circo medieval, durante todo o día.
Así mesmo, e de xeito permanente, haberá un campamento militar, con combates, exposición de armas, máquinas de asedio ou exposición de manuscritos, na rúa Pelaio. Tamén serán representados oficios de antaño, como alquimista, trileiro, zapateiro, torno pé ou chocas, na Praza da Imprenta.
Para os máis cativos, as propostas serán mesas de enxeño e xogos antigos na rúa Liberdade, estruturas musicais e labirinto na rúa Pelaio, tiovivo da Vinci na praza de Santa Eufemia e dragón volador na rúa Pelaio.
Música na praza Pelaio
Entre o xoves e o domingo, haberá música en vivo, tanto portuguesa, como árabe, galega e folk, coa seguinte programación:
-Xoves 26 de xuño
22 h Música portuguesa celta: Curinga
23 h Música árabe: El Laff
-Venres 27 de xuño
21 h Música portuguesa celta: Curinga
22 h Música árabe: El Laff
23 h Música portuguesa celta: Gambuzinos
-Sábado 28 de xuño
21 h Música portuguesa celta: Gambuzinos
22 h Grupo música folk: Pan de Capazo
23 h Grupo galego: Mermicolion
-Domingo 29 de xuño
21 h Grupo Galego: Mermicolion
22 h Música Portuguesa Celta: Gambuzinos
Programación completa
A continuación, adxuntamos a programación completa do mercado:
XOVES 26 de XUÑO
18.00 Malabaristas, contorsionistas e equilibristas darán comezo ao
Ourense Medieval 2014
19.00 O Trasno Froilán inaugurará o espazo infantil
19.30 Os guerreiros demostrarán o seu valoración
20.00 Os músicos percorren as rúas
20.30 Grupo celta: CURINGA
21.00 PERSONAXES : A sota de bastos
21.30 Grupo árabe: EL LAFF
VENRES, 27 de XUÑO
11.00 APERTURA DO MERCADO E ZOCO
11.30 Desfile Celta de Deus Bellum (combate)
12.00 MÁQUINAS DE TORTURA : "Charla"
12.15 OFICIO: O Tintureiro
12.30 Grupo celta: CURINGA
12.45 Tiro con arco (Rúa Tendas)
13.00 Tiovivo da Vinci (Praza de Santa Eufemia)
13.15 Grupo árabe: EL LAFF
13.30 Personaxe: O trasno Froilán
13.45 O Bufo Real voará polo ceo do Mercado
14.00 Desfile celtade Deus Bellum (combate)
17.30 Apertura do Mercado
17.45 Tiro con arco (Rúa Tendas)
18.00 Personaxe: "Romeo II Inamoratto"
18.30 OFICIO: Obradoiro de destilación (Praza imprenta)
18.45 Grupo celta: CURINGA
19.15 CIA. ANIMA RÚA : O fauno e o trasgo
19.30 Grupo Celta: GAMBUZINOS (Praza Maior)
19.45 Desfile de sangue e aceiro (combate)
20.00 Dragón Voador (Rúa Pelaio)
20.15 OFICIO: Obradoiro de La (Praza da Imprenta)
20.30 Grupo árabe: EL LAFF
20.45 CIA. ANIMA RÚA : O fauno e o trasgo
21.00 CIRCO MEDIEVAL: Trapecio
21.15 Grupo celta: CURINGA
21.30 DESFILE DE LUME: CIA recreación Deus Bellum
21.45 Grupo árabe: EL LAFF (Praza de san Marcial)
22.00 PERSONAXES: A sota de bastos
22.15 CIA. ANIMA RÚA: O fauno e o trasgo
22.30 Grupo Celta: GAMBUZINOS (Praza Maior)
22.45 Grupo Celta: CURINGA (Praza Maior)
SÁBADO, 28 de XUÑO
11.00 APERTURA DO MERCADO E ZOCO
11.15 OFICIO: Elaboración de cornos celtas
12.00 Campamento cristián: Manuscritos do s.XV
12.15 Grupo celta: GAMBUZINOS
12.30 CIA ANIMA RUA: O fauno e o trasgo
12.45 Grupo Gallego: MERMICOLION
13.00 O Bufo Real voará polo ceo do Mercado
13.30 Personaxe: O trasno Froilán
13.45 Desfile de Deus Bellum (combate)
17.30 Grupo Gallego: MERMICOLION
17.45 Tiro con arco (Rúa Tendas)
18.00 Personaxe: "Sor Violeta e mogollón de santos"
18.30 O Harry voará polo ceo do Mercado
18.45 Grupo celta: GAMBUZINOS
19.00 Campamento cristián: Máquinas de asedio
19.45 Desfile de Deus Bellum (combate)
20.00 OFICIO: O Trileiro (Praza da Imprenta)
20.45 CIA. ANIMA RÚA : O fauno e o trasgo
21.00 Grupo celta: GAMBUZINOS
21.15 Grupo Gallego: MERMICOLION
21.30 DESFILE DE LUME: CIA recreación celta Deus Bellum
22.00 Personaxe:: A sota de bastos
22.45 Grupo Celta: GAMBUZINOS
DOMINGO, 29 de XUÑO
11.00 APERTURA DO MERCADO E ZOCO
11.15 Campamento celta: Manuscritos do s.XV
11.30 Desfile de Deus Bellum (combate)
12.00 OFICIO: "Torno de pés"
12.15 CIA ANIMA RUA: O fauno e o trasgo
12.30 Grupo celta: GAMBUZINOS
12.45 Grupo Gallego: MERMICOLION
13.00 O Bufo Real voará polo ceo do Mercado
13.30 Personaxe: O trasno Froilán
13.45 Desfile de celta Deus Bellum (combate)
17.30 Grupo Gallego: MERMICOLION
17.45 Tiro con arco (Rúa Tendas)
18.00 Personaxe: "Sor Violeta e mogollón de santos"
18.30 Grupo celta: GAMBUZINOS
18.45 Campamento cristián: Máquinas de asedio
19.10 CIA ANIMA RUA: O fauno e o trasgo
19.15 OFICIO : "O zapateiro" (Praza da imprenta)
19.35 Desfile de Deus Bellum (combate)
20.15 OFICIO: O Trileiro (Praza da Imprenta)
20.45 Personaxe:: A sota de bastos
21.00 Grupo Gallego: MERMICOLION
21.15 Grupo celta: GAMBUZINOS
22.00 DESFILE DE LUME : CIA recreación celta Deus Bellum
Ourense, 24 de xuño de 2014
Nove compañías de teatro de monicreques de diferentes puntos de Galicia e Portugal, así como agrupacións de cabezudos e xigantes procedentes de varias localidades galegas e lusas estarán presentes dende mañá, martes 24 de xuño, nas prazas e rúas da cidade, durante a celebración do I Encontro Bonecos do Atlántico. Trátase dun festival pioneiro e único en Galicia, dirixido ao público infantil, adulto e familiar, co que se pretende recuperar a tradición dos bonecos nas festas populares.
As funcións de monicreques durante os catro días, en horario de mañá e de tarde e empregando coma ubicacións os Xardíns de Padfre Feijóo e os Xardíns de Bispo Cesáreo, correrán a cargo dos grupos galegos Títeres Mircromina, Marionetas Trécola, Fantoches Baj, Larraitz Urruzola e Títeres Cascanueces; e dos grupos lusos Filandorra Teatro do Nordeste, Cia Fio d’Azeite, S.A. Marionetas Teatro & Bonecos e Títeres.
Xa o sábado, 28 de xuño, celebrarase o I Encontro de Xigantes e Cabezudos. A recepción será pola mañá, ás 10.00h na Alameda do Concello, onde tamén haberá instalados xogos populares para os máis pequenos e pequenas. Pola tarde terá lugar o desfile, con saída dende a Alameda e chegada ao Parque de San Lázaro percorrendo a Avenida de Pontevedra, a rúa Lamas Carvajal e a rúa do Paseo. No Encontro participarán xigantes e cabezudos procedentes dos concellos galegos de Ourense, Xinzo, O Barco, Allariz e Celanova; e gigantones e bombos dos concellos portugueses de Braga, Palmela e Vila Real. Todos eles recibirán unha estatuíña deseñada polo titiriteiro e escultor Luis Iglesias ‘Luchi’. Trátase dunha estatuíña do ‘Bocas’, o personaxe ideado por Eduardo Blanco Amor para ‘A Esmorga’.
O Encontro Bonecos do Atlántico nace en Ourense neste 2014 para recuperar e poñer en valor esta tradición, co obxectivo de que volten os xigantes e cabezudos a desfilar polas vilas acompañados das funcións dos bonecos máis pequenos, os monicreques.