- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Ourense, xuño de 2014.-As persoas que durante os días das Festas desexen desprazarse ata a nosa cidade en tren, terán un 30 % de desconto en todas as viaxes que teñan como destino Ourense.
Trátase dunha promoción xestionada pola concellería de Cultura xunto coa compañía Renfe, e comprenderá o período entre os días 18 deste mes, ata o 1 de xullo.
Esta oferta, pretende ser un atractivo que permita facilitar o aumento das visitas na semana que coincide coas Festas de Ourense. Noutras ocasións coma para o Festival de Cine, tamén se ten realizado esta promoción con resultados satisfactorios ao conseguir aumentar os desprazamentos con destino a cidade.
O procedemento consiste en descargar o localizador no seguinte enlace ou en www.renfe.es.

Ourense, 11 de xuño de 2014
As Festas de Ourense do ano 2014 xa están á volta da esquina. Desde a tarde do próximo venres 20 e ata o domingo día 29 as rúas se encherán de ambiente festivo coa chegada de festivais, música, teatro, feiras culturais ou actividades infantís, propostas dirixidas a toda a cidadanía. A concelleira de Cultura, Ana Garrido, o técnico de Cultura, Manuel Freire, e o autor do cartaz das festas desta edición, Baldomero Moreiras, presentaron esta mañá a programación deseñada pola Concellería de Cultura.
A cultura portuguesa estará presente en moitas das actividades programadas, con motivo da capitalidade cultural do Eixo Atlántico que corresponde á nosa cidade neste ano 2014. Haberá moita música (Derrame Rock, Ourense Dance, banda municipal, flamenco, folk rock, jazz...), xogos, títeres e espectáculos infantís, teatro de rúa, microteatro, baile, danza oriental, exposicións permanentes nos espazos culturais, deportes (ximnasia, kick boxing, ciclismo, balonmán, fútbol, waterpolo...) ou os tradicionais fogos artificiais, entre outras moitas actividades
Ana Garrido, concelleira de Cultura, desglosou algunha das propostas, coma o concerto de voces búlgaras na Praza Maior, o pregón a cargo de Elena Espinosa, o Derrame Rock, ou a variedade musical ofrecida. O principal é, para Ana Garrido, “encher as rúas de ambiente. O Paseo, o Xardín Padre Feijóo, Bispo Lourenzo, espazos magníficos que temos e que estes días contribuirán na dinamización da cidade”.
“Cumpriremos tamén”, continuou, “co noso papel como capital cultural do Eixo Atlántico”. A cultura portuguesa estará moi presente na feira cultural, na música, ou na batalla de flores (coa presencia de cabezudos e xigantes no seu percorrido entre a Praza Maior e o Parque de San Lázaro).
Baldomero Moreiras, autor do cadro das festas
Trala boa acollida do deseño do pasado ano, o artista Baldomero Moreiras repetiu como autor do cadro que compón o cartaz das Festas deste ano. O propio artista describiu na presentación desta mañá as claves do deseño, que foi elaborado con cartulinas recortadas, nunha estética que recolle fogos artificiais, a catedral e siluetas da cidadanía desfrutando das festas.

Ourense, 10 de xuño de 2014.-A decisión foi tomada o pasado venres día 6 de xuño, tras a reunión do xurado do Premio de Poesía Cidade de Ourense. O xurado estaba formado polo gañador da edición pasada, Amadeu Baptista, Irene Veiga Durán, Miguel A. Fernán Vello e Millán Picouto.
O xurado valorou a precisión formal na construción do poema – moitos deles en forma de poema en prosa – mantendo unha tensión elexíaca e levando a lingua a unha decantación extrema. Poesía da memoria e da experiencia vital, e un discurso lírico que procura en todo momento a emoción do lector. A concesión do premio a Xavier Rodríguez Baixeiras, poeta moi recoñecido, contribúe a darlle unha maior relevancia.

Ourense, 3 de xuño de 2014
Comezamos o mes de xuño con importantes actividades que están programadas para os vindeiros días desde a Concellería de Cultura do Concello de Ourense.
O xoves día 5 temos unha nova cita coa música de cámara co Ciclo Enclave de Cámara da man do conxunto de música contemporánea Remix ensemble Casa da Música de Porto. Grupo portugués dedicado á música contemporánea que desde a súa fundación no ano 2.000 xa estreou máis de 85 obras, e conta con 10 discos editados. Será no Teatro Principal ás 20.30 h e as entradas oscilan entre 5 e 8 euros.
Xa o venres 6, comeza no Auditorio Municipal a XVII exposición Filatélica IBEREX 2014. Será as 12 h e marcará o inicio dunhas xornadas que se prolongarán ata o luns 16 de xuño, e onde teremos a oportunidade de coñecer os novos selos do Concello de Ourense, do Claustro de San Francisco ou da Capital Cultural do Eixo Atlántico, entre outros.
A mellor ópera poderase gozar o sábado 7 a partir das 21 h no Auditorio Municipal. Cavalleria rusticana (na imaxe), de Pietro Mascagni. Un thriller ambientado nunha pequena aldea de Italia pero que facilmente o podemos trasladar a calquera outro da España profunda. Unha explosiva versión na cal quedan en evidencia sentimentos tan humanos como o amor, o odio, a vinganza e o sufrimento, sostidos de maneira maxistral pola marabillosa música de Mascagni. Cun elenco de primeiras figuras da Lírica nos roles principais realzan aínda máis nesta obra representativa do Verismo, - naturalismo – italiano do século dezanove e principios do vinte.

Ourense, 26 de maio de 2014
A Concellería de Cultura do Concello de Ourense abre ata o día 13 de xuño o prazo para que podan presentar as súas solicitudes os colectivos interesados en optar ás subvencións a asociacións, comisións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan accións no eido cultural e festivo no Concello de Ourense durante o presente ano 2014. O Concello de Ourense destinará a estas axudas unha achega de 103.000 euros.
A convocatoria foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do pasado sábado, 24 de maio. As solicitudes poderán presentaranse ata o día 13 de xuño no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou mediante as demais formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, achegando a documentación requerida nas bases reguladoras.
O obxectivo desta convocatoria é regular a concesión de subvencións para o funcionamento e a realización de programas, actividades culturais e festivas concretas que se desenvolvan no termo municipal de Ourense por parte de persoas físicas ou xurídicas, asociacións, comisións e entidades sen fin de lucro, así como actuacións que teñan como finalidade principal promover e estender o uso social da lingua galega.
Para os efectos desta convocatoria, entenderase por programas ou actividades culturais e festivas concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural, e a difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da lingua e cultura galega.

Ourense, 23 de maio de 2014.-O Museo Municipal albergou esta mañá a presentación da nova obra do proxecto Vidas Entrecruzadas, froito do traballo do artista Xosé Lois Carreira e con textos de Iñaki Aranzábal. Nesta ocasión, o cadro correspondente a maio chámase Semper Augustos, e poderase visitar durante un mes na Sala Fondos do espazo expositivo municipal.
No acto estiveron presentes o artista Xosé Lois Carreira, a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e a directora do Museo Municipal, Eva Torres acompañados polos rapaces e rapazas de primeiro curso de primaria do Colexio Santo Ángel.
Este proxecto, comezado en xaneiro, contempla a mostra dunha obra e dun texto cada mes deste 2014. As obras están á venda e a recadación acadada irá destinada á proxectos da organización Médicos Sen Fronteiras.

Ourense, 21 de maio de 2014.-
A 19º Edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, que se celebrará entre os días 15 e 23 do mes de novembro, xa ten cartaz oficial. Esta mañá tivo lugar no Centro Municipal Anxel Valente, unha roda de prensa para dar a coñecer a que será a imaxe do Festival para este 2014. A creación é do artista Hugo Bellido, e levouse a cabo logo de que se recibiran diferentes propostas por parte dalgúns creativos.
Datos da competición da 19º Edición
Este ano as Bases da Competición Oficial foron aprobadas a finais de marzo, polo que a estas alturas xa comezaron a chegar traballos ao Festival. A data de inscrición finaliza o días 1 de setembro. Neste momento, dispomos de cerca de medio centenar de traballos que xa se están visualizando para a súa selección final e chegan desde diferentes países como España, Servia, Bosnia, Turquía, Ucrania, Alemaña, Italia...
Concurso Ouff – Escola
Outra das novidades é a recuperación do Concurso Ouff – Escola, que o pasado ano non estivo presente no Festival de Cine, si ben se proxectaron algunhas películas de carácter infantil. As bases deste certame a foron aprobadas tamén no mes de marzo e contan coa colaboración da Xunta de Galicia. O concurso establece dúas categorías, a primeira para alumnos de infantil e primaria, e a segunda para outros niveis de ensino non universitario. As obras terán que ser inscritas antes do día 27 de xuño, e o xurado, que será o encargado de seleccionar aos gañadores, estará composto por cinco persoas. Neste momento dispoñemos dalgunha delas chegadas de Ourense, Pontevedra e A Coruña, e outras sabemos que están en proceso de produción.
Outros contidos
Tal e como ven sendo habitual, o Festival manterá as súas proxeccións integradas na Competición Oficial e nos Ciclos paralelos, que neste momento, se están a pechar. Se lle dedicará unha mención especial ás producións cinematográficas galegas destacando unha Xornada Especial con motivo da celebración do 25 aniversario das primeiras longametraxes galegas coa proxección de Sempre Xonxa, Urxa, Continental.

Ourense, 21 de maio de 2014.-A concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, asistiu esta mañá a presentación da ópera Cavallería rusticana, que terá lugar o sábado día 7 de xuño ás 21 h.
Esta actuación, celébrase tras o éxito obtido o pasado ano na xira Viva Verdi, que tamén foi acollida no Auditorio Municipal.
Cavallería rusticana, de Prieto Mascagni, trátase dun thriller ambientado nun pobo de Italia pero que fácilmente poderíamos trasladar a calquera outro punto da España profunda. Unha explosiva versión na cal quedan en evidencia sentimentos tan humanos como o amor, o odio, a vinganza e o sufrimento, sostidos de maneira maxistral pola marabillosa música de Mascagni.
Un elenco de primeiras figuras da Lírica nos roles principais realzan aínda máis esta obra representativa do Verismo (Naturalismo) italiano de finais do século dezanove e principios do vinte.
Participarán aproximadamente un total de 60 persoas entre solistas internacionais, a Coral do Liceo de Ourense, a Orquestra Clásica de Vigo....
As entradas teñen uns prezos de 13 e 16 euros, e están a venda en www.servinova.com, na Sede do Liceo, ou dúas horas antes do comezo da actividade.