- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
Ourense, xoves 26 de marzo de 2014.- Esta mañá presentouse oficialmente a Mostra Internacional de Teatro de Ourense, Miteu, que neste 2015 alcanza o XX aniversario. Terá lugar entre os días 16 e 30 de abril, con máis de 35 actividades entre espectáculos, exposicións, obradoiros...
Toda a información está en www.miteu.es (a partir do 9 de abril).
A programación completa está no seguinte enlace.

Ourense, mércores 11 de marzo de 2015.-O Auditorio Municipal acolle esta fin de semana a actuación do grupo B Vocal – venres ás 20.30 h -, e Escuchando Elefantes – sábado ás 20.30 h -. B Vocal, volve a Ourense tras anos desde a súa última actuación, esta vez co espectáculo Diversiones Originales, composicións propias que reflexan a variedade de estilos e influencias que caracterizan ao grupo. Unha amalgama de estilos que coma o rap, pop, ou música clásica, que nos recordan que para B Vocal todo é capelizable.
Un día máis tarde, tamén ás 20.30 h, será o turno de Escuchando Elefantes, que chegan ao Auditorio tras unha dilatada traxectoria en grande parte influenciada pola súa paixón por tocar nas rúas, nas que se formaron como músicos. En 2012 publicaron o seu primeiro album de estudio editado de forma totalmente independente recibindo unha xenerosa acollida por parte do público.
Finalmente o domingo ás 12 h temos a cita habitual co público infantil coa actuación de La vuelta al mundo, onde Phileas Fogg propón aos membros do Reform Club londinense a aposta desatinada de dar a Volta ao Mundo en 80 días axudado polo seu criado. Está recomendada aos maiores de 6 anos.
O venres a Banda Municipal de Música de Ourense ofrecerá o concerto semanal no Liceo ás 20 h.

Ourense, mércores 4 de marzo de 2015.-O Auditorio Municipal acolle esta semana unha carteleira de programación de primeiro nivel, onde destacan as actuacións do humorista David Guapo, o venres 6 ás 21 h. Co seu monólogo QUENONOSFRUNJANLAFIESTA, traerá unha aposta na que se combina diálogo e música nun intercambio constante de impresións cos espectadores.
Un día máis tarde, o sábado 7 a partir das 20 h, terá lugar o concerto solidario a Rosa María Lobo, participante española no antigo festival da OTI. Participarán artistas como Emilio Rúa, María do Ceo, Pili Pampín ou o grupo Etiqueta Negra – organiza Armando Lastra (687 934 524) -.
Finalmente, o domingo ás 12 h será a actuación infantil co espectáculo Ra Ra Ra, da compañía Abrapalabra Creacións Escénicas dirixido aos maiores de 2 anos. Esa mesma tarde ás 20.30 h, será o turno da cantante Guadi Galego, presentando o seu último traballoLúas de outubro e agosto. Fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade.
A maiores desto, a Banda Municipal de Música de Ourense actuará o venres ás 20 h no Liceo – inicialmente estaba previsto para o Teatro Principal -, xunto co coro Vellos amigos de Manuel de Dios.

Ourense, martes 24 de febreiro de 2015.-Hoxe cúmprense 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Dentro dos numerosos actos de homenaxe a unha das máis importantes escritoras galegas, o concello de Ourense desenvolve estes días unha campaña de promoción da súa figura e da súa obra nos autobuses urbanos.
Pola súa banda, continúa a axenda cultural do Auditorio Municipal, que trae esta semana á cantante Tulsa, en colaboración do Café Torgal. Tulsa presenta un terceiro elepé que supón un xiro creativo na súa carreira onde, ao seu particular universo, engádelle agora texturas electrónicas, caixas de ritmos, e outros trebellos que conforman un son contemporáneo, onírico e sempre cativador. O concerto será o venres ás 21 h. Para o sábado e o domingo, a programación reserva dúas actividades centradas no público infantil e familiar como son Vaia Circo, da compañía Odaiko, e O Souto dos Prodixios da compañía Producións Dispersas. Vaia Circo - o sábado ás 18.30 h -, trátase dun espectáculo que nos levará a unha viaxe por novos instrumentos e ritmos, e O Souto dos Prodixios – domingo ás 12 h e 17.30 h -, converterá o Auditorio nun lugar máxico onde nada é imposible baixo os castiñeiros.
A maiores desta programación, continúan as proxeccións da película A Esmorga o sábado ás 20.30 h e o domingo ás 18 h.
A programación desta semana complétase co concerto que a Banda Municipal de Ourense ofrece o venres no Liceo á partir das 20 h.

Ourense, xoves 19 de febreiro de 2015.- Esta mañá presentouse o concerto do grupo ourensán Priscila, que presenta o seu último traballo Cenizas. O Auditorio Municipal acollerá este espectáculo o sábado 21 ás 21 h.
Cenizas é unha mestura da enerxía do directo dunha banda de rock con elementos tetarais para crear un concerto diferente, un xogo multidisciplinar que é absolutamente atractivo para o espectador.
O grupo Priscila fundouse no 2006 e xa ten no seu haber máis de 200 concertos. Este é o segundo traballo que comercializan, despois de vender máis de 1.000 copias do primeiro disco denominado Priscila EP.

Ourense, mércores 11 de febreiro de 2015.-O Auditorio Municipal trae para esta fin de semana unha interesante carteleira que combina teatro de autocoñecemento, humor e actividades infantís. En primeiro lugar, mañá xoves ás 20.30 h correrase o telón para dar cabida á obra de teatro Cuerdas, da compañía Los Lunes. Cuerdas, tráenos unha historia de viaxe, un paso cara ao baleiro, a eses ocos da infancia que buscan encherse na idade adulta, sen éxito. É iso que nos move a obter respostas sen saber exactamente cal é a nosa pregunta. É apenas un reflexo de tres homes únicos.
O venres será a quenda do esperado musical Tarzán. A partir das 19 h, nenos e nenas e maiores poderán gozar cun teatro amable, didáctico que utiliza a arma do humor, os bailes e as cancións para conseguir que o espectador, teña a idade que teña, consiga ver o eterno mito do home da selva e todas as personaxes que o envolven.
Por fin o sábado ás 20 h chega unha das actuacións máis esperadas da temporada da man dos chicos de El Hormiguero, Marrón, Juan e Damián (Trancas e Barrancas), e o seu espectáculo Tres calaveras huecas. Un show que non o veredes na televisión, con novos monólogos, proxeccións e sketchs ao vivo. Un formato novo que aposta pola espontaneidade e o achegamento ao público.
Xa para rematar, o domingo ás 12 h e as 17.30 h comezará o espectáculo de teatro infantil Durme, Roque Durme. Contos e monicreques pensados para os máis pequenos e a súa familia. Un espectáculo, tenro acolledor, emotivo e participativo.
As entradas para as actuacións do Auditorio pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo na billeteira do Auditorio.
A maiores, esta semana a Banda Municipal traslada ao domingo ás 12 h na Praza Maior o concerto semanal con motivo do Entroido.

Ourense, 14 de xaneiro de 2014.-Xa de cheo en xaneiro, o Concello de Ourense ten preparada unha importante oferta cultural para o 2015 baseada en dous aspectos principais: a programación xeral e a infantil.
Así é como este venres 16, o Auditorio albergará a partir das 20.30 h o espectáculo Noites de Retranca, onde o protagonista será o humor, ese humor negro e retranqueiro que tanto nos caracteriza. Cun elenco de luxo formado por Maquiña, Rober Bodegas e Luis Zahera como artistas principais e Mofa e Befa como condutores do espectáculo. Ese mesma tarde, a Banda Municipal ofrecerá un concerto no Liceo ás 20 h.
O día seguinte, o sábado 17 ás 20.30 h, cambiamos de xénero e será o turno do teatro da man da obra Vagos y Maleantes, da compañía Sudhum Teatro. Vagos y Maleantes cóntanos a historia da evolución da lei do Código Penal español do 4 de agosto de 1.933, referente ao tratamento de vagabundos, errantes, proxenetas e calquera outro elemento considerado antisocial. O poder da imaxe, a política, o meda ao diferente, a represión, a loita, son temas dos que fala.
Finalmente o día 18 ás 12 h, permanecemos fieis a programación infantil que domingo tras domingo refrenda o éxito entre os máis pequenos e as súas familias. A actividade organizada para o domingo éDonde viven los monstruos, adaptación do libro Where the wild things are de Maurice Sendak. Max é un neno que pasa o día facendo trasnadas, a súa nai, cansa coa situación castígao. Enfadado, decide viaxar a un mundo marabilloso onde viven os monstros, un lugar diferente. Max vivirá aventuras extraordinarias ata converterse en rei, unha tarefa máis difícil do que el pensa. Pola tarde, a partir das 18 h, terá lugar unha nova proxección da película A Esmorga, que regresa ao Auditorio tras varios pases cun grande éxito de acollida.
As entradas para as actuacións pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo na billeteira do Auditorio.

A película de Ignacio Vilar, A Esmorga, continuará este xoves, venres e sábado, 8, 9 e 10 de xaneiro, na sala azul do Auditorio Municipal. Despois do éxito acadado entre o 29 de decembro e o 4 de xaneiro, coa asistencia de 756 espectadores ao Auditorio, o Concello de Ourense continuará apoiando a proxección do filme durante os próximos días.
Así, levaranse a cabo as seguintes proxeccións:
Xoves, 8/01, 20:30 h
Venres 9/01, 20:30 h
Sábado 10/01, 20:30 h
Prezo: 5 €