- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - MUSEO MUNICIPAL
Ourense, 4 de novembro de 2014.-O Museo Municipal acolle desde hoxe a exposición Posesións para un esquecemento, do artista Daniel Díaz Trigo. Esta obra se enmarca dentro do festival Outono Fotográfico que neste 2014 alcanza a 32 edición, e está galardoada co I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
Na presentación estiveron acompañando ao artista, a concelleira de Cultura, Ana Garrido, a directora dos espazos expositivos municipais, Eva Torres, e o coordinador do Festival Vítor Nieves. As fotografías poderanse visitar ata o vindeiro domingo 32 de novembro.
Posesións para un esquecementoé un proxecto no que Díaz Trigo traballou máis de sete anos. Nel mestura o peso documental implícito desde o nacemento da fotografía, coa plasticidade e conceptualidade que o medio acadou co paso ao eido das grandes artes. A exposición pretende pór de manifesto unha harmónica conxunción entre memoria colectiva e íntima, un paseo pausado polas lembranzas e o esquecemento, mais tamén polo seu territorio, acoutado nuns poucos quilómetros. O autor presenta o resultado da teima pola compilación de lembranzas que materializa en forma fotográfica para que non sufran o abandono na memoria persoal, e no maxín colectivo e institucional.

Ourense, xoves 23 de outubro de 2014.-O Museo Municipal acolleu esta mañá a presentación a obra do proxecto Vidas Entrecruzadas. Trátase do cadro denominado Efecto Tequila, que homenaxea ao realismo máxico.
O creador desta obra, Xosé Lois Carreira, estivo presente e explicou o que pretendía representar coa ilustración. Á actividade asistiu alumnado de 1º da ESO do colexio Divino Maestro, a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e a Directora do Museo, Eva Torres.
O cadro está composto por acrílico e óleo sobre táboa e ten unhas medidas de 65 x 110 cm. A críse económica de 1994 e as súas consecuencias, coñecidas como O Efecto Tequila, sitúanos axuña en México nun relato que rende homenaxe ao realismo máxico e en concreto á figura de Juan Rulfo. Unha historia de voces silenciosas, sombras e fantasmas, e natureza morta, que nos cunduce ao horror da realidade cotiá mexicana e abandónanos nunha solitaria gasolineira.
Ourense, 8 de outubro de 2014.-O Museo Municipal alberga unha nova exposición para este mes. Trátase da correspondente ás XXVI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. As obras, poderanse ver na salas I e II do espazo expositivo ata o vindeiro día 2 de novembro.
Na presentación estiveron representantes da Fundación Benito Losada, do Sindicato del Cómic e os propios organizadores desta festa galega do comic.
A maiores os vindeiros días o Auditorio Municipal centralizará a actividade cultural co Festival Internacional de Teatro de Ourense – www.fitoourense.com -, con actuacións hoxe ás 20.30 h, e o domingo tamén ás 20 h.
O venres día 10, tamén terá lugar a obra Un loco de desatar. Organizada pola concellería de Saúde, trátase dunha peza literaria en clave de monólogo. É a historia dunha persoa que se sente a gusto camiñando polo fío da navalla; Amador, ama a vida, pero a vida non o ama a el. A súa inxenuidade e a súa bondade fanlle ir dando tombos sen rumbo fixo. Este espectáculo terá un pase para escolares ás 11 h, e de balde polo serán, ás 20.30 h para o público xeral.

Ourense, 19 de setembro de 2014.-Esta mañá presentouse no Museo Municipal unha nova obra correspondente ao proxecto Vidas Entrecruzadas. A exposición parte dunha iniciativa solidaria que expón cada mes ao longo deste 2014 obras do artista Xosé Lois Carreira, acompañadas de textos de Iñaki Aranzabal. Estas obras subastanse e o recaudado vai a para a organización Médicos Sen Fronteiras.
A peza deste mes de setembro leva por título Bajo el cielo protector. É unha escultura formada de madeira de plátano policromada, que pretende ser unha reflexión sobre a condición humana e o absurdo.
Á presentación asistiron alumnos e alumnas de 4º da ESO do CPR Carmelitas. Tamén estiveron a Concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, xunto coa directora do Museo, Eva Torres, e o artista Xosé Lois Carreira.

Ourense, setembro de 2014.- Esta tarde o Museo Municipal acolle a exposición coa que inaugura a nova tempada de outono. Será a partir das 20 h coa mostra do Proxecto Artístico dos Irmáns de Dios, denominado San Antón nas Panateneas – De Religione Cómic 2.
A obra recolle os traballos levados a cabo durante anos e que reproducen a capela do Santo Cristo. Esta exposta nas tres salas do Museo, e poderase visitar ata o vindeiro 30 de setembro.
Ourense, 3 de xullo de 2014.-O Museo Municipal da cidade foi testemuña esta mañá da presentación da exposición Soños sobre lenzo, da artista Ángeles Jorreto. En total suman arredor de 50 obras que se reparten nas salas I e II deste espazo expositivo e poderanse visitar ata o vindeiro 31 de agosto.
A artista estivo acompañada pola concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e pola Directora de Espazos Expositivos, Eva Torres. Ambas louvaron o gran traballo desta ourensá afincada en Vigo. Comprometida autodidacta, utiliza unha técnica mixta combinando diferentes texturas e materiais, e son predominantes os rostros femininos.
Parte da súa obra, permanece nos fondos municipais gracias a unha doazón que realizou fai catro anos. Madurez mesturada con contemporaneidade artística ofrecen un compendio que mostra a exposición que no Museo de todos os ourensáns gozaremos no período estival deste ano 2014.

Ourense, 23 de maio de 2014.-O Museo Municipal albergou esta mañá a presentación da nova obra do proxecto Vidas Entrecruzadas, froito do traballo do artista Xosé Lois Carreira e con textos de Iñaki Aranzábal. Nesta ocasión, o cadro correspondente a maio chámase Semper Augustos, e poderase visitar durante un mes na Sala Fondos do espazo expositivo municipal.
No acto estiveron presentes o artista Xosé Lois Carreira, a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e a directora do Museo Municipal, Eva Torres acompañados polos rapaces e rapazas de primeiro curso de primaria do Colexio Santo Ángel.
Este proxecto, comezado en xaneiro, contempla a mostra dunha obra e dun texto cada mes deste 2014. As obras están á venda e a recadación acadada irá destinada á proxectos da organización Médicos Sen Fronteiras.

Ourense, 12 de marzo de 2014.- O Museo Municipal acolleu esta mañá a presentación de Metamorfose, do artista Andrés Santeiro. Unha mestura de contemporaneidade artística dende un realismo hiperrealista que non deixarán indiferente ao público visitante.
Esta xoven promesa ourensá procura aspectos cotiáns da realidade que el recolle cun tratamento pleno de detallismo, rozando o fotográfico.
A exposición inaugúrase oficialmente ás 20 h, e está composta por máis de 60 obras da cales 37 son novas creacións dos últimos anos.
Xunto a elas, están no primeiro andar do Museo outras pinturas de etapas anteriores do autor. Desta maneira, o autor destaca a evolución das formas ao longo dos anos. Andrés Santeiro estivo acompañado pola concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e pola directora de Espazos Museísticos, Eva Torres.
Podes consultar o catálogo no apartado do Museo Municipal - Arquivo/ exposicións.