CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - MUSEO MUNICIPAL

    Volver

    Ourense, 6 de febreiro de 2014.- A exposición Natural, do artista Jorge Adrados, presentouse esta mañá no Museo Municipal. As obras – en total máis de 60, entre pictóricas e escultóricas -, que abordan o expresionismo abstracto, poderanse visitar durante todo este mes ata o 2 de marzo.
     
    A inauguración terá lugar hoxe ás 20.45 h. Adrados que como artista forma parte do Museo dende 2010 coa obra pictórica A Solas, traballa cunha perseveranza pigmentaria a partires de vivencias e sentimentos, perfís de cor, que modelan e moldean os seus diferentes soportes artísticos, cores frías e texturas quentes que se achegan a alcanzar en momentos unha abstracción cromática. 
    Ourense, 17 de xaneiro de 2014.-Esta mañá presentouse a primeira peza do proxecto Vidas Entrecruzadas, que ao longo deste 2014 exporá obras artísticas acompañadas de textos na Sala Fondos do Museo Municipal. A idea parte dos artistas Xosé Lois Carreira e Iñaki Aranzabal, que elaboraron esta singular exposición. Posteriormente cada obra se subastará e a recadación acadada irá para a organización Médicos sen Fronteiras.
    A primeira peza corresponde a unha maqueta de escaiola policromada denominada Tempo presente, pasado e futuro. Ademáis dos artistas, na presentación estiveron concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e a directora de espazos expositivos, Eva Torres. 
    Ourense, 19 de decembro de 2013.-Esta mañá presentouse no Museo Municipal a última exposición do ano. O clamor da túa presenza, que se inaugura esta tarde ás 20.45 h, é obra do artista ourensán Manolo Vidal, e se permanecerá neste espazo expositivo ata o vindeiro día 2 de febreiro de 2014.
    Pintor xestual, enérxico e fiel a imaxe real do que ve, Manuel Vidal é un comprometido artista co Museo de Ourense dende fai décadas. Un total de 70 debuxos que plantexan un impecable cuidado e soporte con tonalidades fías e quentes, obxectivizando o movemento do pincel e representando en cada esceario única e exclusivamente a mensaxe inicial que tiña pensado transmitir. 
    Ourense, 28 de novembro de 2013.-Esta mañá presentouse no Museo Municipal o proxecto Vidas Entrecruzadas, que ao longo do vindeiro 2014 traerá pezas artísticas acompañadas de textos a este espazo municipal. A idea parte dos propios protagonistas Xosé Lois Carreira e Iñaki Aranzabal, que elaboraron esta singular exposición que cada mes do ano que vén terá unha obra distinta. Posteriormente a obra se subastará e a recadación irá para a organización Médicos sen Fronteiras. A súa representante, Laura García, agradeceu esta idea, e informou dos importantes proxectos de cooperación que esta organización leva a cabo.
    Pola súa banda, a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, fixo fincapé na importancia deste tipo de accións, ademáis de subliñar que con cada obra do mes tamén pasarán escolares en visitas que organizará o departamento de Educación. 
    Ourense, 21 de novembro de 2013.-Dentro do festival Outono Fotográfico quedou inaugurada esta mañá unha nova exposición denominada Take my picture. As obras, do artista Xulio Correa estarán na Sala II do Museo Municipal ata o vindeiro 15 de decembro.
     
    Este proxecto artístico está composto por un total de 19 obras, divididas en 8 de gran formato, que respostan a unha impresión fotográfica sobre lenzo, e 11 fotografías con cristal distribuidas en dous grupos de 5 e 6, coa temática de fusión manual de múltiples formas documentais. A maiores tamén hai 2 traballos de vídeo creación con conexión a internet, ofrecendo no espazo expositivo do Museo imaxes en ciudades de todo o Mundo en tempo real.
     
    Xulio Correa é un artista da Coruña e o seu traballo encóntrase integrado en varias coleccións públicas e privadas e documentado en diversas publicacións, tendo traballado como artista en borrar as fronteiras entre as distintas formas de expresión artística e en ampliar os límites do fotográfico. Para máis información www.xuliocorrea.com
    Ourense, 20 de novembro de 2013.-Unha nova exposición viu a luz hoxe na Sala I do Museo Municipal. She loves, she loves me not, que nos ensina diferentes formas de entender as relacións, estará no Museo Municipal dentro do marco do Festival Outono Fotográfico. Foi presentada está mañá, e permanecerá ata o vindeiro día 15 de decembro.
    Está configurada por once series fotográficas e unha video – creación pertencentes a doce artistas de varios países. En total son máis de 80 obras fotográficas as que conforman esta colección que está comisariada por Rui Prata, quen foi detectando os traballos artísticos ao longo das súas viaxes que fai por festivais de todo o mundo, debido ao seu traballo como Director do Museu da Imagem. De feito esta exposición chega a Ourense froito do intercambio encetado este ano entre o festival Encontros da Imagem (Braga) e o Outono Fotográfico.
    A temática versa sobre os diferentes xeitos de familia que hai actualmente, e as diferentes formas de entender as relacións, co que mapea as diversas maneiras de establecer unha familia ao longo e ancho do mundo. Para máis información sobre a exposición pódese consultar na web www.ourensecultura.com
    Ourense, 5 de novembro de 2013.-Unha nova exposición do Outono Fotográfico presentouse esta mañá no Museo Municipal. Narcisos, do artista Diego de los Reyes, que
    estarán na Sala Fondos do Museo Municipal entre os días 5 e 17 de novembro. Á exposición foi presentada pola concelleira de Cultura, Ana Garrido, a Técnica de Áreas Expositivas, Eva Torres e o Coordinador do Outono Fotográfico, Vítor Nieves.
     
    Son un total de 25 imaxes, que oscilan entre os formatos de 30x40 e 100x81. Traballos que pretenden buscar as claves nos procesos de representación e autorepresentación das construccións masculinas. Elixindo imaxes do masculino que definan estes estereotipos ou prototipos da masculinidade acutal. Diego de los Reyes é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid en 2012. Interesado polos conflitos de indentidade, ao igual que polo descobremento e redescobremento de diferentes técnicas de expresión artísticas. Ten participado en distintas exposicións colectivas como 2804 Metros, Hotel Aneto, Zaragoza 2012 e 2013; Drawing Area, El Cubo Soma, Sevilla 2012; Postcards from the Edge, Visual AIDS, New York 2013.
    Tamén foi seleccionado para o II Encontro de Artistas Novos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela dirixido por Rafael Doctor en 2012. 

    Unha nova edición do Outono Fotográfico trae ao Museo Municipal a exposición "Ocultacións e Inexistencias" que mostra os traballos de sete fotógrafos e sete fotógrafas nunha visión do feísmo que asolaga o noso territorio.
    As obras poderanse contemplar ata o día 17 de novembro nas salas I e II do Museo Municipal. A exposición inaugurouse no día de onte, e nela estiveron a concelleira de Cultura, Ana Garrido, o director do Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez, o coordinador do Outono Fotográfico, Vítor Nieves, e a técnica de Áreas Expositivas e Espazos Museísticos, Eva Torres.

     
    Páxinas: Primeiro ... 6 7 8 9 10 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica