- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - MUSEO MUNICIPAL
O Concello de Ourense inicia desta forma onovo curso, reafirmando o seu compromiso coa consolidación do proxecto museístico neste caso con dous artistas moi implicados co noso Museo. Leticia Osorio e César Biojo, artistas de nova xeración e íntimamente ligados a nosa cidade, inauguran - mañá ás 20.00 horas – unha exposición en resposta a un intercambio de tendencias a obra multidisciplinar duns artistas que circula no mundo da Arte Contemporánea como creadores de grande proxección.
Ambos creadores, viven a súa implicación artística de maneiras plásticas moi diferentes, pero cun grande compromiso intelectual, xerando unha grande cantidade de resultados artísticos contemporáneos, rozando en ocasións un expresionismo abstracto e unha serie de correntes de vangarda achegándose a un realismo a través de sensacións matéricas totalmente atractivas para o espectador. Os propios Fondos do Museo, albergan desde o ano 2010 a obra Marta Gómez III de César, e Autorretrato, de Leticia, obras de grande formato e que responden aos números de inventario 1265 e 1258 respectivamente.
Dende a cuidada programación anual mostramos a nosa implicación profesional e compromiso co ámbito artístico do noso tempo, convidando a todas e todos a disfrutar do Museo de todos os ourensáns.
Ourense, 10 de xullo de 2013.- Esta mañá presentouse unha nova exposición que estará os meses de xullo e agosto na Sala I do Museo Municipal. Trátase de Gabinete dun afeccionado, que comprende traballos de máis de 26 protagonistas dun proxecto colectivo que mistura arte e literatura. Entre éstos, 14 son os artistas que expoñen as súas obras – o resto son colaboracións literarias -. A exposición está comisariada por Xosé Carlos Seoane e Rosendo Cid.
Á presentación asistiron o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Cultura, Ana Garrido, que estiveron acompañados pola Directora de Áreas Expositivas, Eva Torres, e algúns dos protagonistas desta exposición.A inauguración terá lugar esta tarde ás 20.00 h, e ata o 1 de setembro os visitantes poderán contemplar diferentes técnicas de amosar o arte cun engadido literario. Deste xeito, nos ofrecen unha complexa e variada interpretación que toma como punto de partida o libro de Georges Perec: El gabinete de un aficionado (Historia dun cadro), de Editorial Anagrama, e que nos permiten sumerxir no fondo do traballo dunha grande proxección temporal duns creadores que senten a máis auténtica vivenza artística.En definitiva xuventude con contemporaneidade artística, que nos ofrece un interesante compendio nesta sala do Museo e que poderemos gozar neste período artisticamente estival.
Ourense, 10 de xuño de 2013.
O Museo Municipal acolle ata o día 7 de xullo nas súas Salas I e II a exposición de pintura Arqueoloxía Arraiana, do artista Rafael Terrachán.
A mostra, inaugurada o pasado venres, ofrécenos un estilo expresivo, xestual e enérxico que nos propón a existencia dunha experiencia persoal por parte do artista cara o espectador. Nesta ocasión amósanos unha selección de traballos de toda unha vida, con formatos e soportes coidadosamente estudados que nos permiten coñecer e descubrir máis do Terrachán artista.
O Museo Municipal desde hai anos está traballando con moito arraigo no proxecto municipal dos Nosos Artistas. Deste xeito a obra inesperadamente diferente do ourensán Rafael Terrachán, forma parte na procura da firmeza deste proxecto museístico.
Son máis de medio centenar de obras nas que atopamos grande cantidade de reminiscencias co vivo, orgánico, tendencia esta preponderante en grande parte da arte europea, xa que está a rescatar constantemente a conciencia de estar vivo, con tonalidades frías, duras, ríxidas, de formas puras e profundas .
Finalizando o período primaveral do 2013 imos disfrutar, estudar e como non viaxar polo tempo e pola Arte deste ourensán de sangue artístico que dende fai moi pouco está entre nós co mellor legado que nos pode facer un creador... coa súa testemuña artística.
A obra é da artista Ofelia Cardo, e poderase visitar ata o día 2 de xuño
Ourense, 9 de maio 2013.- Tras a inauguración onte de Arquetipos e Metáforas, exposición de Manolo Ebra para este mes na Sala I do Museo, hoxe queda aberta ao público A un lado e a outro, da artista Ofelia Cardo, que estará na Sala II ata o vindeiro día 2 de xuño.
As obras da artista Ofelia Cardo, incorporan materiais conformando unha escena artística para crear así unha experiencia visceral ou conceptual no espazo expositivo do Museo. Deste xeito as obras e o espectador pode interactuar e transitar ao carón delas. En total son 18 obras, que conteñen máis de 50 formatos distintos.
A presentación tivo lugar esta mañá, e contou coa presenza da Concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, a Directora de Espazos Museísticos, Eva Torres, e a artista Ofelia Cardo. Desta maneira, o Museo Municipal da nosa cidade continúa a cumplir co compromiso cos nosos artístas, unha exposición que ten como protagonista a instalación amosando ao público arte puramente contemporáneo. Unha corrente que toma grande impulso a partires da década do 1960, con artistas tan recoñecidos como Marcel Duchamp, Bruce Nauman, Joseph Beuys... que xa empregaban como a nosa artista obxectos cotiáns resignificados como obra artística.
Ofelia Cardo, mestra da escola de Artes Antón Faílde da nosa cidade, pertence a vida artística municipal dende o 2011 coas obras Cadera e Aun lado y al otro, que corresponde aos números de inventario dos Nosos Fondos, 1242 e 1243 respectivamente.
Ourense, 8 de maio 2013.-Como cada mes que comeza, o Museo Municipal de Ourense alberga novas exposicións, cumprindo co compromiso de apoio aos artistas. Desta maneira, esta tarde quedará aberta ao público a exposición Arquetipos e Metáforas, do artista ourensán Manolo Ebra. As obras, permanecerán na Sala I do Museo ata o vindeiro 2 de xuño.
A inauguración terá lugar ás 20.00 h, pero esta mañá presentouse públicamente coa presenza do Alcalde de Ourense, Agustín Fernández, a Concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, a Dirección de Espazos Museísticos, Eva Torres, e o Artista, Manolo Ebra.
Durante este mes, a Sala I do Museo da nosa cidade, terá como protagonista a técnica mixta de Ebra, que forma parte da vida artística municipal dende 2010 coas obras da serie Hieratismos Erráticos, “Home pobre”, “Home rico”, correspondentes aos números de inventario dos “Nosos Fondos”, 1212 e 1213 respectivamente. A súa obra, debulla a silueta como liña imaxinaria, e ademáis describe o espectador como o ser que aporta aspecto conceptual activando os significados que en si mesmo encerra. Manolo Ebra, nado no municipio de Porqueira, viaxou como tanto veciños seus a Lausanne en Suíza, e regresou a súa terra para desenvolver os estudos de arquitectura, que lle levan a creatividade sobre o gran formato. Ata hoxe, son máis de vinte as exposicións que levas as costas con numerosos premios, que elevan ao artista a dimensionar unha visión seriamente comprometida coa Arte puramente ourensán.
Ourense, 16 de abril de 2013.-A partir de hoxe o terceiro andar do Museo Municipal, a Sala Prieto Nespereira, será obxecto dunha actuación para levar a cabo funcións de mantemento e restauración das obras que alí se expoñen. Ésta é a primeira vez que se vai realizar unha intervención deste tipo desde que fai nove anos fora a súa inauguración.
Esta Sala Prieto Nespereira está adicada ao célebre gravador ourensán, e nela se alberga unha mostra que suma un total de 54 obras, de carácter inédito, que permiten gozar de debuxos óleos, acuarelas, tintas, gouache, etc. Nalgúns casos representan bosquexos de ilustracións para as recordadas revistas Branco e Negro e A Billarda, editadas a principios do século pasado tamén bosquexos do seu estudo con compañeiros e personaxes ilustres da época e caricaturas como a do seu amigo Vicente Risco.
O levantamento prodúcese tras nove anos de exposición permanente, e será para o acondicionamento e restauración de cada peza. Desta forma, profesionais aproveitarán para a recuperación da tensión das obras - xa que ao ser de papel, durante estes anos foron adquirindo rugosidades -, e tamén para a rehabilitación da Sala.
Esperando poder gozar novamente da exposición no período máis breve posible, durante este tempo, o terceiro andar do Museo – Sala Prieto Nespereira – albergará a XXIV campaña de Animación á Lectura da Concellería de Educación, que atraerá ao Museo Municipal a máis de cen nenos diarios baixo o título Ollando aos Nosos Artistas.
A concelleira de Cultura, Ana Garrido, asiste esta tarde á inauguración das obras do artista ourensán Xosé Vilamoure, a partir das 20 h.
Ourense, 4 de abril de 2013.- Esta tarde o Museo Municipal acollerá unha nova exposición para este mes, trátase neste caso do artista ourensáns Xosé Vilamoure que presenta Residuas & Collages. As obras poderanse ver ata o vindeiro 5 de maio nas Sala I e II do Museo.