CONTACTO

  • Nadal 2017
  • Axenda
  • EdC
  • Programa infantil
  • Concello de Ourense - Cultura - CENTRO MUNICIPAL ÁNGEL VALENTE

    Volver

    Ourense, novembro de 2017.

    A Sala Valente acolleu a presentación da exposición Materia infinita, de Xosé Cid. Nesta mostra, que permanecerá aberta ata febreiro, o artista amosanos a súa evolución en materiais tradicionais da escultura galega, como o granito e madeira, mármore e bronce. A súa escultura é conservadora e amable, tanto no aspecto técnico como na iconografía. 


    As súas obras están inspiradas na figura humana e adoitan ter un paquete redondo, potenciando a masa, a verticalidade e a solidez. O resultado é unha escultura de carácter totémico que carece de relación co espazo que os rodea. O tratamento que o infiere é superficial, mediante liñas curvas moi suaves e de gran radio que provocan sucesións ininterrumpidas de planos convexos cóncavos e superficiais.


    Xosé Cid trata de potenciar a capacidade expresiva do material: o volume e a textura do material, xa sexa en pedra, as estrías de madeira ou os rastros de modelado ao traballar con terracota e bronce.


    Nesta ocasión presenta entre 20 e 25 pezas de grande formato de mármore, bronce e madeira de complexa manipulación.


    Xosé Cid

    Desde os anos 70 colaborou con diferentes galerías como a Galería Altamira de Pontevedra, a Galería Ceibe na Coruña e a Galería Souto de Ourense. Tamén exhibiu numerosos monumentos públicos nos pobos galegos, como a estatua de San Rosendo de Ourense, Concepción Arenal de Ferrol, o Monumento aos afiadores de Santiago de Compostela ou o Breogán do Xardín das esculturas da Torre de Hércules na Coruña. A súa obra tamén forma parte de importantes coleccións artísticas como o Museo Castrelos de Vigo, a Colección de Arte, a Colección Fenosa da Coruña, entre outros. Pois é este o percorrido que incide no artista en xestionar un proxecto diferente os anteriores. Con 72 anos amosanos unha reflexión ao seu traballo .


    Nesta mostra, veremos obras novas que recordan ao total da súa traxectoria profesional e artística, lembrandonos a arte galega máis pura.


    Xosé Cid Menor segue a banda deixada polos membros do grupo O Volter e forma parte do que podería ser chamado de segunda xeración do núcleo activo ourensano. Accedeu ao panorama escultórico a principios dos setenta ata a bienal Pontevedra, participando nos anos 1970, 1972 e 1974, e as súas derivacións como a Trienal de Santiago de Compostela na que gaña a Terceira Medalla.


    Nos presenta nesta ocasión a súa última producción artística, con liñas máis abstractas sen perder o escultor clásico que leva dentro.

     

    Ourense, 24 de maio de 2017.

    Capturar a arte das rúas de Ourense e plasmala sobre o lenzo e na cámara de fotos é o obxectivo da terceira edición dos concursos de Pintura Rápida e do Maratón de Fotografía Cidade de Ourense, que se celebrarán as vindeiras fines de semana (27 de maio e 3 - 4 de xuño respectivamente) na nosa cidade. Con preto de 5.000 euros de premios en metálico, as dúas actividades concíbense coma o mellor xeito de darlle visibilidade á arte urbana e de dinamizar a vida cultural en Ourense.

     

    Pintura rápida, sábado 27 de maio. O concurso de Pintura Rápida celebrarase o sábado 27 desde as 9:00 horas da mañá, momento no que a organización -agrupación de artistas de Ourense, LADDO- comezará a selar os soportes: un por participante, montado sobre bastidor ou estrutura ríxida e inferior aos 120cm. no seu lado máis longo. Os interesados, que deberán inscribirse no enderezo concursopintura[arroba]ourensecultura.com ou na mesma sala Valente até as 11:30 horas, deberán entregar os traballos entre as 16:00 e 17:00 horas no espazo expositivo da rúa do Paseo, onde serán expostos até as 21:30 horas.

     

    O xurado considerará a orixinalidade das obras, a calidade técnica e a calidade artística. Os premios serán os seguintes: un primeiro premio de 1.200 euros, un segundo de 600 euros e un terceiro de 400 euros, así como 3 mencións especiais de 100 euros.

     

    Maratón de Fotografía, sábado 3 e domingo 4 de xuño. Para a fin de semana seguinte, a Concellería de Cultura abre o concurso a todos os entusiastas da fotografía que queiran probar o seu talento botando un pulso na rúa. Baixo o paraugas da fotografía urbana, as propostas deben ser capaces de ser avaliadas de forma conxunta coma unha serie.

     

    Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de idade, que formalicen a súa inscrición, de forma gratuíta, no punto de control emprazado na sala Valente entre as 11:00 e as 11:45 horas ou a través do enderezo de correo fotomaraton[arroba]ourensecultura.com. Ás 12:00 horas darase a saída co primeiro dos temas propostos pola organización, e así ata en catro ocasións. As imaxes serán entregadas no punto de control antes das 11:00 horas do domingo 4. As fotografías deberán facerse nos límites do Concello de Ourense, para o que os participantes poderán empregar o transporte público de balde.

     

    O xurado considerará a coherencia da serie fotográfica, a orixinalidade, a calidade técnica e artística. Os premios serán os seguintes: 1.000 euros para a mellor serie fotográfica, 500 para a segunda mellor e 300 para a terceira; ademais haberá 4 mencións especiais de 100 euros á mellor fotografía de cada tema.

     

    Ourense, 25 de abril de 2017.

    A sala Valente acollerá a primeira parada da exposición itinerante 'Os mundos de Carlos Casares', unha oportunidade de coñecer a faciana literaria, pero tamén humana, con máis de 500 pezas entre as que se poderán contemplar imaxes da infancia, notas manuscritas de Vicente Risco, un cinematógrafo con bobinas orixinais do autor, recortes de prensa, ou seu certificado de voda. Casares Mouriño, autor homenaxeado polas Letras Galegas 2017, poderá ser visitado até o vindeiro 21 de maio na céntrica sala ourensá.

     

    Unha cidade debe coñecer os persoeiros que a engrandecen, porque son os seus referentes sociais, culturais, por iso recoñecer a Casares non só é unha forma de agradecerlle o moito que quixo esta cidade, e dunha forma moi activa, é tamén espallar o seu legado”, afirmou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación. Xunto a el estiveron Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación; Håkan Casares Berg, primeiro fillo de Carlos Casares; Chus Martínez, secretaria da exposición; e Antonio Pérez, alcalde de Xinzo de Limia, localidade que será a última parada de 'Os mundos de Carlos Casares', no mes de decembro. Antes pasará por Santiago de Compostela, A Coruña, Riveira, Carballo, Vigo, Lugo e Pontevedra. A exposición pódese visitar de martes a sábado de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas, e os domingos de 11:00 a 13:30 horas. Os luns o espazo está pechado.

     

    Ano de Casares. A elección de Ourense como primeira parada foi, para todos os asistentes, un acerto, xa que non se podería entender a figura do escritor sen a súa implicación na sociedade local. De feito, o 16 de maio haberá actos institucionais de homenaxe ao escritor e terá lugar, ademais, o Concerto das Letras, o 16 de maio da man da Real Filharmonía de Galicia, no que se interpretarán obras sobre textos de autores galegos coa estrea de Formiga, de Rubén Vizcaíno, precisamente a partir dun texto do libro A galiña azul de Casares -exemplar que tamén se poderá ver na exposición-.

     

    O Concello de Ourense leva ademais, desde o mes de marzo, realizando visitas periódicas a escolares e a todo o mundo que así o solicite do Roteiro Casares, con parada nos escenarios emblemáticos da súa traxectoria. 

     

    Ourense, 02 de marzo de 2017.-

     

    O mural de Prego de Oliver que estaba no antigo hotel Parque foi cedido esta mañá para o disfrute da cidade de Ourense. O presidente-conselleiro delegado de Copasa, José Luis Suárez; e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asinaron esta mañá o contrato de comodato que materializa esta cesión por un período de 10 anos, revisable cada dous anos.

     

    O mural “Neno con burro”, de 3,72m x 1,40m e de incalculable valor simbólico para a cidade, ocupará o hall principal do Auditorio Municipal logo dunha laboriosa e minuciosa labor de restauración. Máis dun ano de traballo para devolverlle o esplendor a esta peza, seriamente deteriorada e con abundantes desperfectos que presentaba polo paso do tempo e o seu emplazamento nun lugar inadecuado para a súa conservación. A delicadeza do óleo aplicado como unha acuarela queda agora restaurada grazas a esa complexa, custosa e esixente labor de restauración.

     

    Por todo elo o alcalde, Jesús Vázquez, expresou a súa gratitude, en nome da cidade de Ourense por esta cesión: “José Luis Suárez foi o artífice desta recuperación para o disfrute de todos aqueles que amamos a arte. Co seu acto xeneroso, particular e privado, os ourensáns volveremos a revivir unha época e a admirar esta xoia, que ocupará o espazo expositivo do Auditorio Municipal, no hall principal. Con esta cesión engrandecerase máis se cabe un proxecto singular, novidoso e interdisciplinar como foi e sigue sendo “Prego: 100 anos”.

     

    Jesús Vázquez concluiu sinalando que “Ourense hai moito tempo que tiña unha débeda moral con este grandísimo artista ourensán que é Prego de Oliver. E hoxe toda a cidade ten unha débeda de gratitude con José Luis Suárez”.

     

    Pola súa banda, José Luis Suárez agradeceu ao alcalde de Ourense “pola súa receptividade, acollida e vontade de chegar a acordos polo ben común, pensando sempre en positivo”. 

     
    Ourense, febreiro de 2017.-
     
    A exposición, "Prego de Oliver e a captación do eterno. O óleo como materialización da súa plástica" chega mañá, 26 de febreiro, ao seu fin. Clausúrase así a última mostra expositiva sobre o autor na cidade.
    Non obstante, o Centenario continúa as súas actividades cunha nova xornada de portas abertas para celebrar a terceira e última Fase de Catalogación de obras de Prego.con una nueva jornada de puertas abiertas para celebrar la Tercera y última Fase de Catalogación.
    Dada a crecente solicitude de persoas interesadas, o equipo de traballo dirixido desde o Museo Municipal estima convinte a apertura desta nova e última fase de recepción de obras do artista, polo seu inestimable valor histórico-artístico
    Ésta realizarase durante os días 1, 2 e 3 de marzo en horario de recepción de obra de 11 a 14h e de 16 a 19h, aberta a todo o público interesado en colaborar con obra do pintor. Do mesmo xeito, esta fase de catalogación será incluida na publicación para o enriquecemento do estudio realizado sobre o pintor e que será presentada ao término do Centenario -"Prego, 100 anos2- como colofón do mesmo. 

    Ourense, 09 de febreiro de 2017. Cacería, o mural que Manuel prego de Oliver pintou en 1946 para o cine Mary, poderase contemplar na sala Valente logo dun minucioso proceso de recuperación. Da primeira época do artista, trátase dunha obra complexa de conxunto, narrativa e dirixida a un espazo público (tardaría oito anos máis en volver facer un mural, para a estación de tren do Carballiño). Ten unhas dimensións de catro metros de ancho e dous de alto, e poderá ser contemplada até o 26 de febreiro xunto aos outros 111 lenzos, bocetos e debuxos do artista que se mostran na Sala Valente.

     

    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, tivo palabras cariñosas para Manuel Prego, fillo do artista, e para Tere Amor, en representación da familia propietaria do Cine Mary -que ten máis obras de Prego na sala-. “Temos dobre motivo de alegría: por un lado, a de recuperar o esplendor de Prego de Oliver e, pola outra, a de recuperar un dos espazos afectivos da cidade, como é o cine Mary, patrimonio sentimental desta cidade”, dixo o rexedor. “Pechada como cine hai máis de 25 anos, rememoramos hoxe o seu vestíbulo contemplando esta obra, Cacería”.

     

    Esta tarde, ás 20:00 horas, haberá unha conferencia titulada "Prego e a súa primeira pintura mural, restauración da obra Cacería", impartida por Natalia Figueiras (restauradora do mural xunto a Nieves Gómez) e Xabier Limia.

     
    Ourense, xaneiro de 2016.
     
    A exposición Prego de Oliver e a captación do Eterno. O óleo como materialización da súa plástica, dentro do proxecto expositivo 'Prego, 100 anos', seguirá aberta até o vindeiro domingo 26 de febreiro na sala Valente. Foi o éxito de asistencia -foron 13.500 os visitantes desde a súa inauguración, ademais de 900 escolares de entre 3 e 16 anos repartidos 36 visitas- así como a excelente valoración dos visitantes, especialmente durante o proceso de catalogación da súa obra, a que levou o goberno municipal a tomar esta decisión.
     
    Pechadas xa as exposicións O obradoiro: espazo de creación e materialización práctica. A súa obra inédita, no Museo Municipal, e Prego de Oliver, un pintor de ideas e arquetipos. Do bosquexo á obra gráfica, na sala Afundación, os ourensáns poderán contemplar os 111 óleos que conforman a exposición durante todo este mes. A partir da semana que vén, ademais, poderanse contemplar na sala de vídeo do espazo expositivo os debuxos e murais que estiveron expostos na sala Afundación da nosa cidade.
     
    A sala Valente, na rúa do Paseo 20, abre de martes a sábado en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas, e os domingos de 11:00 a 13:30 horas.
     
    Ourense, 13 de setembro de 2016.-
     
    O mural do antigo Hotel Parque protagonizará un dos espazos expositivos do proxecto “Prego 100 anos”, o denominado “Prego de Oliver e a captación do Eterno. O óleo como materialización da súa plástica”, na Sala Valente, gracias a unha cesión temporal efectuada polo particular que financiou o laborioso traballo de restauración da peza. Esta obra de arte poderá ser admirada entre o 29 de setembro e o 8 de xaneiro.
     
    O mural que embelecía a parede do antigo Hotel Parque, unha obra de 3,72 x 1,40 metros, será o gran protagonista deste espazo logo dunha minuciosa labor de restauración, que explicaron esta mañá os propios restauradores. Máis dun ano de traballo para devolverlle o esplendor a esta peza, seriamente deteriorada e con abundantes desperfectos que presentaba polo paso do tempo e o seu emplazamento nun lugar inadecuado para a súa conservación. A delicadeza do óleo aplicado como unha acuarela queda agora restaurada grazas a esa complexa, custosa e esixente labor de restauración.
     
    O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quixo manifestar a súa gratitude “en nome da cidade de Ourense e de todos aqueles que decidan visitarnos para coñecer o legado de Prego, debo personalizala nunha persoa: José Luis Suárez. Él foi o artífice desta recuperación para o disfrute de todos aqueles que amamos a arte. Co seu acto xeneroso, particular e privado, os ourensáns volveremos a revivir unha época e a admirar unha xoia, desde o día 29 deste mes ata o 8 de xaneiro”.
     
    “Con esta cesión temporal, engrandecerase máis se cabe un proxecto  singular, novidoso e interdisciplinar no que poñer de manifesto o autor por todos coñecido, pero aínda máis: un novo Prego de Oliver nas súas múltiples e integradas facetas de creador, pensador, investigador, teórico, pintor e debuxante. Unha figura imprescindible para pensar, entender, proxectar e dignificar Ourense”, concluiu o alcalde da cidade.
     
     
     
    Proxecto expositivo
     
    O  proxecto expositivo Prego 100 anos,  foi levado a cabo en integración e colaboración con diferentes institucións que velan pola Cultura e polo coñecemento edificador: o propio Concello de Ourense, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, o patrocinio de Iberdrola e Afundación, sen esquecer a achega incalculable da familia, grande posuidora do legado de Prego de Oliver, museos, institucións, fundacións e particulares que puxeron nas nosas mans as súas obras máis prezadas para a difusión entre os ourensáns e todos os amantes da arte que desde o 15 de setembro até o 8 de xaneiro do vindeiro 2017 queiran disfrutar deste proxecto interdisciplinar.
     
    Prego, 100 anoscelebrará tres exposicións: “Prego de Oliver, un pintor de ideas e arquetipos. Do boceto á obra gráfica”, a partir deste xoves ás 20:00 horas na sé de Afundación; “O obradoiro: espazo de creación e materialización práctica. A súa obra inédita”, desde o 23 de setembro no Museo Municipal; e “Prego de Oliver e a captación do Eterno. O óleo como materialización da súa plástica”, na Valente a partir do 29 de setembro. Pero ademais haberá obradoiros didácticos, conferencias, publicacións e actos divulgativos que afondarán na figura do pintor e no seu modo de entender a vida a través da arte.
     
    En total, 1.200 metros cadrados de espazo expositivo albergarán a obra do centenario: 1.200 obras catalogadas e inventariadas, 50 obras de coleccións e de institucións, ademais de 340 debuxos e 130 óleos. Entre todos eles, cómpre destacar polas súas dimensións os murais da Estación Marítima de Vigo, cunhas dimensións de 6x3,4 metros cada un (e que se poderán visitar in situ, xa que na exposición estarán presentes de maneira dixital) ou un óleo de 2x4 metros. Tamén estará no proxecto o mural do antigo Hotel Parque, presentado hoxe. 
    Páxinas: 1 2 3 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica