- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
Concerto de balde do pianista Alexey Chernov, o vindeiro mércores no Auditorio
Ourense, 25 de febreiro de 2013.
O vindeiro mércores 27 de febreiro terá lugar no Auditorio ás 20.30 h, o concerto do pianista Alexey Chernov.
Alexey Chernov, está considerado como o mellor pianista novel na final do XXVI prestixioso concurso internacional de piano “Cidade de Ferrol” cunha obra do seu compatriota Tchaikovsky, que interpretou na gran final do teatro Jofre xunto á Oquestra Sinfónica de Galicia. O concerto está organizado pola sociedade Philarmónica Ourensá coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello, e a entrada é de balde.
A maiores desto, o sábado 2 de marzo, o grupo Café Quijano ofrece un concerto da súa nova xira Orígenes, el bolero. Volve o famoso grupo tras oito anos, para, como din eles seguir gozando xuntos a viaxe da nosa vida, a súa experiencia vital: a música. O bolero era outra necesidade, con el creceron e fixéronse músicos. Será no Auditorio ás 20.00 h, e a entrada ten un prezo de 21 € (www.servinova.com), ou dúas horas antes na billeteira.
Teatro Infantil
Como cada domingo ás 12.00 h – agás o 2º de cada mes – o Auditorio albergará un novo espectáculo para os máis pequenos. Alucina, de Javier Muro, é un espectáculo interactivo entre o público infantil e o mago, onde os rapaces sairán a colaborar e participar da maxia, creando un ambiente moi divertido coas bromas e xogos que se van sucedendo. O prezo é de 3 €.