CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volve a música de cámara do Ciclo Sen Batuta cun concerto do grupo Dali Duo

    A quinta tempada do ciclo Sen Batuta continúa avanzando, e como todos os primerios xoves de mes, volve hoxe ao Paraninfo do IES Otero Pedrayo. Será primeiro cunha charla – coloquio ás 19.30 h e unha hora máis tarde, co concerto que ofrecerá o grupo Dali Duo.
    Dali Duoestá formado por músicos unidos por unha mesma paixón polo repertorio de Música de Cámara, o Dali (nacido en 2006), tanto no seu formato de Trío coma de Dúo, chamou a atención internacionalmente tras gañar varios importantes premios en concursos internacionais como os de Osaka, Xapón (1º premio e medalla de ouro); Frankfurt, Alemaña (1º premio); Nova York, EEUU (2º premio); Viena, Austria (premio do público, premio especial do xurado e 3º premio). Tamén foi galardoado co prestixioso “Chamber Music Award” que outorga a “Philarmonia Orchesta” londinense. O Dali converteuse desde entón nun dos grupos de cámara máis demandados, louvados pola prensa e comparados con lendas coma o Beaux Arts Trio ou o Isaac Stern/Isomin/Rose Trío.
    O nome do trío fai referencia ao mármore asiático da cidade chinesa de Dali. Un material que é progresiva e dificilmente traballado para producir preciosas obras de arte. Este traballo, concienciudo e creativo, reflicte os valores musicais esenciais desta agrupación. No concerto interpretarán obras de Johann Sebastian Bach, Giovanni Battista Cirri, Reinhold Moritzevich Gliére e Zoltán Kodály.
    As entradas teñen un prezo de 6 € (con desconto do 50 % para posuidores de carné xove, estudantado, xubilados e xubiladas), e para os menores de 18 anos a entrada é de balde.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica