- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Aberto o prazo de inscrición para enviar traballos á 18 edición do Festival de Cine Internacional de Ourense
Ourense, 29 de agosto de 2013.- A decimoitava edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (18OUFF), que se celebrará do 16 ao 24 de novembro de 2013, empraza un ano máis os creadores galegos a presentar as súas obras a un certame que renova o voto de continuidade e a súa aposta polos filmes máis comprometidos e controvertidos temática e formalmente. A data límite para poder enviar traballos é o 25 de setembro, seguindo as instrucións recollidas na páxina web do Festival, data na que se iniciará o proceso de selección para a selección oficial a concurso [longas de ficción de máis de 60 minutos] e os diferentes ciclos fóra de competición.
O OUFF fai unha chamada moi especial para os cineastas da nosa terra co desexo de converterse en escaparate e plataforma de lanzamento para os seus traballos, independentemente da súa temática, duración ou formato.