- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
Actividades culturais no Auditorio para esta semana
Ourense, 25 de novembro de 2013.- Varias son as actividades que esta semana organiza a concellería de Cultura do Concello de Ourense no Auditorio Municipal. Para empezar, o xoves día 28 a partir das 20.30 hMisión Sapiens traerá un espectáculo de autoaxuda que en menos de dúas horas te transformará nun ser humano culto, educado e capaz de manter unha conversa sobre calquera tema sen quedar como un burro. Cinco grande eruditos de diversos campos tentarán meter coñecementos dentro da túa cabeza, queiras ou non, polas boas ou polas malas. A venda de entradas é en www.servinova.com, e dúas horas antes da actuación.
O venres 29, aBanda Municipal de Ourense, ofrece un concerto para escolares ás 10 h. 130 anos de traxectoria musical que achegarán aos escolares o mellor repertorio da histórica agrupación ourensana.
Ese mesmo día pola noite - 20.30 h – a compañía Sarabela estrea a súa última creación. A idade das pavías, que contará a historia dunha antiga casa no que o tempo se detén para abrir as portas do pasado. Un pasado no que vive na nosa memoria e que volve en recordos co cheiro ao viño de ameixa e ratas grises escaravellando os recunchos da nosa mente. Conta a historia de tres xeración dunha familia de mulleres, vista a través da mirada inocente das dúas nenas da última xeración; poñendo en evidencia a necesidade que ten o ser humano de non estar só malia as dificultades que ten a convivencia. Esta obra se poderá ver os días 30, 1, 4 e 5 ás 20.30 h; tamén ten pases para escolares os días 2, 3, 4, 5 ás 11 h. A venda de entradas será dúas horas antes da actuación.
O domingo, fieis a cita coa actividade dirixida ao público infantil, teremos de fábula dirixida a maiores de 4 anos. Neste relato coñeceremos a raposa Bulebule, que xa ten idade para deixar a cada dos pais, e saír a procurar seu propio sustento. O bosque agárdalle cheo de riscos, e ela non ten experiencia para facerlles frente. Porén, a súa ousadía e astucia permitiranlle ir superando situacións comprometidas. Mais tamén traeranlle inimizades; entre elas, a do mesmísimo rei do bosque: o lobo Rapatundas. Esta obra sustitúe a O señor das dunas, que suspéndese pola indisposición dun dos membros da compañía.