- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
As escaleiras do gran hotel, gañadora do XIV Premio Risco de Creación Literaria
Ourense, 4 de decembro de 20132.-As escaleiras do gran hotel, é a obra gañadora do XIV Premio Risco de Creación Literaria. Trátase dunha trama de intrigas polítcas e ideolóxicas previo á Segunda República. A protagonista é unha feminista adiantada ao seu tempo, que racha co modelo familiar da época e soña cun futuro de independencia económica e intelectual.
Esta decisión foi adoptada despois de máis de dúas horas de deliberación, nas que o xurado destaca a gran calidade literarias das obras presentadas. O xurado estivo formado por: María Garrido Rodríguez, Xoán Carlos Feixoo Mirón, Serafín Alonso Pintos, Ánxela Gracián e o gañador da edición pasada Alberto Ramos.
Premio Risco de Creación Literaria
O Concello de Ourense ven desde hai anos colaborando co Premio Risco de Creación Literaria, unha iniciativa da Fundación Vicente Risco, que ten como finalidade promover a creación literaria nun dos eidos máis amados por Vicente e Antón Risco, como o da Literatura Fantástica. Desde a edición do 2006 pasa formalmente a denominarse Premio Risco de Creación Literaria.
O galardón, que este ano acadou a súa XIV edición, conta tamén coa colaboración da editorial Sotelo Blanco. É un premio de carácter anual, co fin de abranguer os diferentes campos da obra non só de quen foi veciño ilustre – Vicente Risco - senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez – Risco Fernández, veciños que foron desta cidade.
A obra gañadora é premiada con 6.000 € xunto coa publicación do libro.