CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • A columna do Claustro de San Francisco xa luce no seu lugar orixinal despois da reparación efectuada polos técnicos municipais baixo as directrices do Ministerio de Cultura

    Ourense, mércores 8 de xullo de 2015.- Unha das columnas que compoñen o Claustro de San Francisco, volve a lucir no seu lugar de orixe trala rápida reparación levada a cabo por parte do Concello de Ourense.
    O problema no fuste, que presentaba dúas fracturas, foi detectado por empregados municipais. De seguido deron conta da situación aos técnicos municipais de Patrimonio -arqueólogo e arquitecto-, que informaron ao Ministerio de Cultura sobre a incidencia. Estes días tivo lugar a reparación, que foi realizada polos técnicos municipais baixo as directrices do Ministerio de Cultura.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica