CONTACTO

  • #FestasOurense
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Música, cine, teatro... e moito humor, a oferta de actividades desta fin de semana no Auditorio Municipal

     

    Ourense, 22 de febreiro de 2016.

    Este xoves comeza a fin de semana no Auditorio Municipal, que presenta unha variada carteleira de actividades para todos os públicos. Cine, teatro, música e moito humor son os ingredientes dunha programación na que se mistura o 'indie' pop dos zaragozanos Tachenko con Leo Harlem, Moncho Borrajo ou o novo proxecto de Rubén Riós, sen esquecer un clásico das actividade de fin de semana no espazo da rúa da Canle: o teatro infantil.

     

    Vida, de Rubén Riós

    O documental 'Vida', último proxecto cinematográfico de Rubén Riós, estrearase o xoves ás 21:00 horas. Concibido para rachar barreiras e estereotipos, pretende amosar a valía de todas as persoas nun Ourense ambientado entre finais dos anos 60 e o fin de século. Logo da estrea, volverá haber un pase o venres ás 20:30 horas, e continuarase co seguinte calendario:

     

    Día

    Hora

    Sala

    Venres 26 febreiro

    20:30 horas

    Sala Azul

    Sábado 27 febreiro

    19:00 horas

    Sala Vermella

    Domingo 28 febreiro

    20:30 horas

    Sala Azul

    Venres 4 marzo

    20:30 horas

    Sala Azul

    Sábado 5 marzo

    20:30 horas

    Sala Azul

    Domingo 6 marzo

    20:30 horas

    Sala Azul

    Venres 11 marzo

    20:30 horas

    Sala Azul

    Venres 11 marzo

    21:00 horas

    Sala Principal

    Sábado 12 marzo

    20:30 horas

    Sala Azul

     

    Entradas á venda en ataquilla.com e, dúas horas antes do inicio de cada pase, na billeteira do Auditorio.


    Música e Humor

    O sábado 27 o protagonismo será compartido a partes iguais pola música e o humor.

    Ás 21 horas, concerto de Tachenko, unha banda que naceu das sementes de El Niño Gusano, banda fundamental para comprender a música alternativa española dos noventa e agora presentan o seu sexto álbum de estudio, 'El comportamiento privado' (Limbo Starr, 2015). A banda ofrecerá unha demostración ao vivo o porqué da sona dos seus concertos: estupendas harmonías vocais, unhas letras moi por riba da media do xénero entre a inocencia e a crúa realidade.

    As entradas poden mercarse no Café-Pop Torgal, en ticketea.com ou na propia billeteira do Auditorio.

     

    Só media hora despois, ás 21:00 horas na sala principal, volven as 'Noites de Retranca', que desta vez presentan a Moncho Borrajo e o dúo Mofa e Befa. Dúas horas de humor cun dos maiores talentos de Ourense e o contrastado e surrealista humor de dous xenios coma Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. Entradas en ataquilla.com e na billeteira do Auditorio.

     

    Música para os cativos

    O domingo abre o día cunha das propostas máis exitosas da programación do Auditorio, a Infantil. Así, desde as 12:00 horas, poderase gozar de 'Sons miúdos', o gran espectáculo da música infantil galega. Os actores Montse Piñón e Pepablo Patiño irán enlazando unha narración, de xeito teatral, que percorrerá a historia da música galega infantil do século XXI. Entrasdas en ataquilla.com e na billeteira do Auditorio.

     

    E de historias para os máis pequenos pasaremos, a partir das 20:00 horas, ao espectáculo 'Hasta aquí hemos llegado', protagonizado por Leo Harlem, Sinacio e Sergio Olalla. Os risos, aseguran, están asegurados : Como é o día a día dun artista antes de saír ao escenario? Esta é a historia que os tres monologuistas queren contar sobre as táboas dun auditorio que estarán ateigadas: as entradas están esgotadas para esta función.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica